sábado, mayo 23, 2009

Esquizofrenia


A política educativa, cultural e lingüística do novo goberno galego comenza a instalarse nunha preocu-
pante forma de esquizo-
frenia que non conduce máis ca confusión e á icertidume. Por un lado, o presidente de Xunta e os seus conselleiros de Presidencia e Educación non deixan pasar un día sen facer acenos aos partidarios de arredar cada vez máis o idioma galego da realidade oficial. Por outro, o conselleiro de Cultura e o impactante secretario xeral de Política Lingüística parecen estaren dispostos a levar ata o límite o posibilismo que seguramente inspirou as súas chegadas aos cargos respectivos.
Este comportamento supostamente esquizoide viviuse onte, por exemplo. Mentres que Roberto Varela e Anxo Lorenzo asistiron oficialmente á homenaxe que lle rendeu o Pen Club de Galicia a Marcos Valcárcel, Rueda e Feijóo volveron a darlle unha puntilla ao galego anunciando a obrigación de ser empregado nas oposicións a determinados postos da función pública. Varela e Lorenzo ata asistiron impasibeis á retranca republicana e antifascista que Xesús Alonso Montero tivo a ben utilizar na súa laudatio a Marcos Valcárcel, para o que volveu a reclamar o título de cronista da República Galega das Letras que suxeriu o profesor de Peruggia Pietro Molteni.
O conselleiro de Cultura aproveitou o acto para comprometerse a levar a cabo a celebración do Ano da Lectura no 2010 e a desenvolver durante o seu mandato a desexada Lei do Libro. Menos expresivo manifestouse o secretario xeral de Política Lingüística, que non dixo nada rseñábel, e que hoxe aparece en El País nunha entrevista na que critica a súa predecesora no cargo, Marisol González, coa que colaborou durante o mandato do bipartito.
Outro que tamén parece estar disposto a arranxar contas co goberno anterior é o propio presidente do Pen Club de Galicia, Lois González Tosar, o célebre Che, que non aforrou fraseoloxía para referirse, sen citalo polo nome, ao anterior director xeral de Promoción Cultural e Promoción da Cultura, Luis Bará, referíndose a el como “ese home de Pontevedra” para recriminarlle que non fose quen de recibilo nunca durante os catro anos que estivo no poleiro. Ás veces a vida cultural galega non é tan aburrida como poda parecer.

Foto tomada de As Uvas na Solaina.

29 comentarios:

Anónimo dijo...

La culpa es de los que inventaron e impusieron el gallego. Con lo bonito y útil que es el riojano!!

arume dos piñeiros dijo...

O profesor ese de Perugia, que ten nome de equipa de ciclismo, escribe como o propio Xesús Alonso Montero. Nin que fosen á mesma escola retórica.

Almiral Mouchez dijo...

Todo o meu afecto, unha vez máis, para Marcos...!!!

(Moito sentín non poder ir onte alá.)

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Vaite lavar, porcona dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Comunicato dalla USP dijo...

Questo è il messaggio lanciato dalla Magnifica Rettoressa professora Francesca Bistonini nel corso della conferenza di tenuta a Palazzo Murena il 24 magio 2009 insieme alla Presidente della Giunta regionale Maria Lorenzinetti:
"L'onorata Universitá degli Studi di Perugia, durante questo relativo anno 701 dal fondamento di vecchio Studium Generale, è stata vista nella necessità di fare la seguente pubblica e istituzionale dichiarazione, diretta verso le università di Galizia ed il grande pubblico della Spagna.
Scoperta la diffusione che è raggiunto in Spagna un professore presunto della nostra università, il chiamato Pietro Molteli, questo rectorado desidera far pubblica la smentita attuale ufficialmente. Non ci non è stato mai nell'università di Perugia professore con il nome di Pietro Molteli. Abbiamo deplorato profondamente la falsificazione di la buona reputazione della nostra università e la confusione a quello che può prendere.

Francesca Bistonini, Maria Lorenzinetti:

Anónimo dijo...

Alonso Montero debería, logo, aclarar quen é e se realmente existe este tal Pietro Montelni ou Monteli. Trátase dun personaxe inventado por el? Ou é que o tal Montelni ou Monteli inventou o de ser profesor da Universidade de Perugia? Segundo XAM, este personaxe é natural da Sardegna. Non vaia suceder que se trate dun Pedro Petouto calquera.

Garantoñas dijo...

De esquizofrenia nada.Así faranno mellor, desmontarán toda potenciación e proxección do galego entre os aplausos da xente da cultura que se arrima ao poder que mais quenta. Un deseño perfecto señor Conde.

Anónimo dijo...

Non é nada extraño que o cambiachaquetas do novo segradario de política lingüistica nomease a Marcos e Monxadin, porque estes de feito facíanlle xa a política cultural ao PP de Ourense.

Carqueixa dijo...

Home,anónimo, o de que lle fan a política cultural o PP de Ourense debeuno vostede ver no fondo duns bos grolos de viño, ou pola contra le vostede moi pouco ou pouco anda por Ourense

Anónimo dijo...

Eu falo do que me di xente de Ourense de moita confianza, xente que coñece o que sucede na Diputación, ao mellor son de Baltar e non do PP?. Entre eles o Monxardín tivo sempre fama de reaccionario.

arume dos piñeiros dijo...

Pietro Molteni existe. É profesor da universidade de Perugia. Pero non o sabe nin a universidade de Perugia nin o propio Pietro Molteni. Alonso Montero tamén existe. É o receptor da misiva de Pietro Molteni, que ao non saber que existe el mesmo, ignora que exista Alonso Montero.

Anónimo dijo...

Sorprendeume que moita xente nacionalista ao decatarse de que a homenaxe se tranformara nunha operación política de imaxe, non abandoase o lugar, supoño que por respeto ao homenaxeado. Foi un tanto desagradabel, unha encerrona, alí metidos facendolle de público ao PP.

Anónimo dijo...

Un saía coa impresión, ao ver as caras da xente de que a manifestación do 17 foi unha arroutada, unha sinrazón.Cun consellerio como ese e cun secretario xeral de política lingüistica como Anxo Lorenzo, o idioma está nas mellores mans. Ou é que mundo da cultura non vale duas cadelas?

Pepiño de Melide dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Escola dominical dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Marcel Swann dijo...

POR FAVOR: UNNHA MIGA DE RESPECTO. Refíronme ao energúmeno anónimo das 19:58 e 22.03 que fala de oídas e "calumnia que algo queda". Marcos Valcárcel vive por/para/a prol da cultura galega, sen esperar nin premios nin parabéns.

Infórmese mellor para outra e non nos veña regurxitar as insidias de catro merdeiros papaleixóns que nunca moveron nin moverán un dedo por Galicia.

Perfecto Conde dijo...

Marcel Swann:
Non mo tome a mal. Porque, ademais, a min éme abondo igual que calquera participante se exceda algo na linguaxe empregada aquí. Falar e escribir tamén son cousas que precisan de liberdade. Pero, home, non lles dá vostede precisamente un bo exemplo de linguaxe comedida aos Anónimos que critica cando lles chama "energúmenos" ou cando os convida a non "rexurxitar as insidias de catro merdeiros papaleixóns que nunca moveron un dedo por Galicia". Comprendo a súa vehemencia porque se trata de defender a Marcos Valcárcel, algo que nos gusta facer a moitos e non só a vostede.
Dicir que alguén lle fai a política cultural ao PP pode ser unha mentira, e non me cabe dúbida de que é tal cousa no caso de Marcos, pero non é unha calumnia. Por agora aínda non está tipificado como delito facerlle a política cultural ao PP. Se así fose, habería moitos delncuentes entre nós. Ou quere vostede que ilegalicen o partido de Feijóo? Nese caso, quizais sería calumnia dicir o que dixo o Anónimo das 19:58
Saudiña.

Cánovas dijo...

Non, por favor, non me misturen ao Valcárcel, home honesto e defensor incondicional da nosa cultura (¡da cultura!) cun elemento como o Che. O Marcos non fixo máis que recoller o premio dun organismo presidido, as artes para chegar a esa presidencia xa se dan por supostas, polo Che. E ata aí os encontros, sen dúbida. Non, "Escola domninical", o Che non é un pícaro. É toda a novela picaresca. Xunta e por separado. Culpa de quen lle consinte as falcatruadas.

Anónimo dijo...

Son o 19:58 e reafírmome. Non insulto a ningúen, como fai ese individuo Marcel Swan. Esta é unha opinión moi extendida en Ourense, e de uso común no nacionalismo ourensán.

marcel swann dijo...

Se os nacionalistas de Ourense puxésedes a traballar a orella e a vista (e de paso o cerebro), mellor vos iría en todos os sentidos, incluído o electoral.

Anónimo dijo...

Quen parece non ter cerebro é vostede Marcel Swan. Semalla estar abducido polos miragres dun Santo.

Pepiño de Melide dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

Non se agora vai suceder que o tal Valcácel é o corpo insepulto de Pirsiciliano. O que nos faltaba.

Anónimo dijo...

O fanatismo medra onde menos se agarda, agora vai resultar que hai persoas que non se poden criticar.

Cánovas dijo...

Pódese e débese, por suposto. Mais reparen en que neste post, ao menos, a única "crítica" a Valcárcel e o seu presunto apoio ao PP. Indemostrable (porque non é certo). Loanzas, en cambio, todas. E non porque teña nada de Prisciliano, si de home laico e ilustrado, galeguista e comprometido. Da vella escola, vaia.

Artúrico dijo...

Pois moi ben por Marcos Valcarcel. Pero esto non ten que correr un veo sobre a evidencia de que a homenaxe foi utilizada polo PP para obter unha boa imaxe co mundiño da cultura ao fondo.
Comprendese que falese Tosar, Bieito Iglesias, Alonso Montero...até se comprende que falase o mesmo conselleiro, o que non é xustificabel é a intervención do secretario xeral de política lingüistica, Anxo Lorenzo. Esta intervención introducida de estraperlo, monopolizou o acto en función dun interés político, e se non o entenden señores é problema seu