sábado, mayo 30, 2009

Lingua, ciencia e papanatismo


Tiveron que ser científicoss galegos vencellados ao Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN) de Xenebra, un dos laboratorios científicos máis importantes do mundo, os que lle viñesen tapar a boca a un indocumentado tan estentóreo como é o voceiro da Confederación de Asociacións de Pais de Alumnos de Colexios Concertados que responde ao nome de Xosé Ramón Hermida, por dicir que “Químicas e Físicas, con tantas nomenclaturas internacionais, non poden darse en galego”.
Coñezo a un deses investigadores, Marcos Mariño Beiras (o que aparece na fotografía), que foi alumno destacadísimo da Universidade de Santiago sen que esa condición lle valese para librarse da emigración. Profesou en universidades de Estados Unidos e hoxe é doutor en Física de Partículas e catedrático de Física Matemática na Universidade de Xenebra, a pesar da súa xuventude.
No manifesto público que acaban de facer estes científicos lémbranlle a Feijóo e, sobre todo, aos seus mariachis da desgaleguización, algo que o presidente da Xunta debería ler varias veces: “Nun entorno no que temos a sorte de traballar con algúns dos mellores físicos e enxeñeiros do mundo, o galego está, modestamente a través de nós, presente como vehículo de comunicación científica. E para iso é un idioma exactamente igual de válido que o francés, o alemán ou, dende logo, o castelán. Ben é certo que o galego non é empregado para as comunicacións nin publicacións científicas a grande escala, pero é necesario que se saiba que tampouco o é o castelán. A lingua franca da ciencia desde hai moitos anos é o inglés, e, desde logo, se algunha lle discutiu no pasado tal condición, esa non foi o castelán”.
Quizais se lles poda dicir máis alto, pero no máis claro, o equivocados que están os que queren sacrificar o galego dicindo que só é lingua de exaltados, aldeanos e culturetas. O malo é que, mentres que os científicos galegos que están no exilio son os que poñen o acento onde hai que poñelo, os de aquí parecen estar nas catacumbas. Caladiños coma mortos. Universidades e investigación, incluídas. Ou quizais andan a mirar de onde lles cae a tallada. Se cadra é porque pensan que poden construír avións nas terras do esquecemento.

7 comentarios:

Hildegart Canido dijo...

A diferenza entre estes científicos nosos de fóra e outros é que estes viven para o galego, e os outros viven do galego.

Anónimo dijo...

Estou case seguro de que cobran menos por falar en galego ca outros chicos de Nazón instalados nas estruturas da mesma.
Agora ben, sería de xustiza recoñecer que no lío no que estamos metidos, fomos nós de seu, sen compañeiros de viaxe e sen lle poder botar as culpas a "España", "Madrid", e demáis lugares comúns e demoniacos para o nacionalismo galego de Nazón.

Como por acó, todos somos moi listos, creamos unha normativa que, polas Ánimas do Purgatorio, foi de todos agás consensuada.
Houbo outros que tomaron pola rúa do medio, e inventaron a de "concordia", amén.
E por fin viñeron os nosos lusistas a nos explicar as razóns historico/histéricas polas que habiamos de escreber nunha estrana e pouco popular grafía inspirada na do país veciño.
Que conste, sen intervención de Madrid.

Seguro que a cousa non é para tanto, e, total, mesmo como acabaron por desapareceren os dinosaurios, tamén desaparecerá o idioma galego. Claro que con estas axudas de balde, aceleramos tanto que a Garda Cerril vaise poñer morada de poñer multas.
Agora en serio, non terá razón don Vicente Risco e somos un povo con certas tendencias suicidas?

Anónimo dijo...

É certo que o autobús de Galicia Bilingüe é propiedade de Iberdrola?

Anónimo dijo...

Non, as letras págaas Santiago Rey e a gasolina con chumbo bótalla Blanco Valdés. Síntoo polos traballadores de La Voz que frecuentan este magnífico blog, pero algún día tiñan que enterarse. Como co dos reis magos, vaia.

Anónimo dijo...

Pois polo que se ve Blanco Valdés reserva algunha gasolina para os seus Cocktail Molotov

Paco dijo...

O de "conde" non o podo constatar (tampouco ten maior importancia), pero o de PERFECTO, por suposto que sí. Afiache-lo lápis até o punto xusto.
Sigue así!!. Perfecto!!
Saude!!

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,