Volven algúns empresa-
rios galegos aos malos modos, ás ameazas e á pretensión de exerceren o dereito de pernada. Xesús Lence, adminis-
trador único de Leche Río, manifestoulle a Efe que “se isto non cesa, mañá non saímos recoller e quedará todo o leite no campo”, referíndose ao que el considera unha postura inaxeitada do Sindicato Labrego Galego.
Pouco antes, este empresario xa fixera saber que non volvería a recollerlle o leite a un labrego de Ribadeo se antes non lle pedía perdón por algo que Lence consideraba unha ofensa. Non estaremos volvendo aos comportamentos medievais que rexían as relacións entre señores feudais e vasalos?
Xesús Lence, que algunha vez coqueteou cos nacionalistas do BNG mentres que tiveron ao seu cargo a Consellería de Medio Rural, volveu a mostrarse tal como é en canto a dereita –sen dúbida os seus– recuperou a Xunta. Xa non ten porque andar con desemulos. Se os labregos non fan o que a el lle interesa, lock out ao canto. Que coman eles o leite que producen as súas vacas. Que el xa o traerá de Francia ou de onde faga falta.
Algo está a cambiar en Galicia. O malo é que é para irmos a pior.
9 comentarios:
Pero este lenzal non é o mesmo que foi condenado e inhabilitado por un delito ecolóxico?
Non se deixe levar polos impulsos, amigo Perfecto. Lence elle un bo empresario e un bo tipo que non está reñido con gañar cartos, cantos máis millor.
P.D. : Reinvirteos todos na nosa terra.
Insisto: será u bo empresario empañado en gañar cantos máis cartos mellor, e investirá moito na nosa terra, pero non é el quen foi condenado por delito ecolóxico precisamente cometido contra a nosa terra?
Hai moitos "bos e xenerosos" empresarios que fixeron cartos a moreas a conta de explotar o seu pobo. Este é un pero poderíamos mirar cara o textil e encontralos a mans cheas. E ainda lle temos que estar agradecidos, pagarlle axudas cos nosos impostos,... País, País!
Os raposos coa pel de años.Estes xamais trocan a súa forma de ser, son como corvos e buitres.
Para o anónimo das 18:19 21'26 : Jesús Lence efectivamente foi condenado por unhos vertidos a un río, perto da súa factoría en Veiga de Anzós, Baralla, e síguese contra él, outra causa por outro vertido que aínda non ten sentenza.
Canal 31, unha seudo emisora de televisión local que emite en Ferrol ilegalmente, sen licenza administrativa ningunha, está intensificando os seus chamamentos a dar respostas contudentes aos actos en defensa da lingua galega.
Non só fai chamamentos violentos contra manifestacións como a do día 17 en Compostela, senón até contra os Correlinguas.
Na miña casa non se ven esas emisoras, pero estes días tiven ocasión, na duns familiares, de vela con atención.
ESTÁ CHEA DE PUBLICIDADE PAGA DO CONCELLO DE FERROL
Unha emisora que ten un programa diario dedicado a lembrar que Xaime Bello quitou a estatua de Franco da praza de España e a pedir contas por iso e que emite películas sen pagar ningún tipo de dereito!
O desa emisora, presuntamente propiedade de La Toñita, famosa empresario do que chamaremos el espectáculo, non ten nome. A campaña que desde alí se fixo contra xente do tipo de Bieito Lobeira, e antes contra Lastra, foi un verdadeiro crime. Que se pague con cartos públicos é o máis escandaloso.
Un cantamañanas que se liou coa muller do seu propio fillo, e que ten alí un programa diario, di en directo que a Xaime Bello haino que parar todos os días pola rúa para RECORDARLE A LA CARA LO QUE HIZO, QUE AQUÍ NO PASA NADA. E fíxense vostedes o que quere dicir iso, dirixido ao sector máis ultradereitista de Ferrol, o que se agrupaba arredor das Cofradías de Dolores, que teñen cesado ao seu presidente, que tiña sentenzas firmes por abusos a menores nun colexio de Pontevedra e por ameazas sendo Guerrillero de Cristo Rei, e que chegaron a perseguir a Borreiros pola rúa por mandar tocar o himno galego nunha procesión no acto do himno español.
Publicar un comentario