miércoles, abril 07, 2010

Farwest pouco epopéico

Andan en Francia algo enleados coa crecente violencia manifestada pola mocidade mesmo, ás veces, no interior dos centros escolares, e xa se dan tamén no país veciño –e non só– algunhas reaccións desmedidas coma dunha xefa local de Policía que acudiu en persoa e acompañada por unha ducia de axentes ao instituto dende o que a chamou a súa filla para dicirlle que acababan de insultala.
Dame o corpo de que aquí está pasando algo aínda máis grave. O caso da rapaza de trece anos, que foi supostamente asasinada por unha compañeira de catorce na localidade toledana de Seseña, ou a reacción de violencia suscitada en Bueu porque unha xogadora de fútbol quixo celebrar a marcaxe dun gol mostrando os peitos ao público, dan moito que pensar.
E unha das cousas que suscitan é precisamente que a violencia xuvenil non é só unha cousa de machotes. Xa andan as mulleres demasiado enguedelladas en xeitos e costumes que antes parecían ser dos homes. O reto, a porfía, o desafío máis afoutado e o non medir a tempo as consecuencias rondan ás portas dos centros de ensino e non soamente nos barrios marxinais ou no lumpenproletariat. Contra todo o que nos digan os que ven a botella medio chea, algo grave nos está pasando. Será por hache ou por be, pero estamos andando cara a un farwest pouco epopéico.

1 comentario:

Xaquín dijo...

Cando un grupo de dominicanos (aquí se pode escribir un sinfín de nomes) se pega con outro grupo de dominicanos ven tio SAM (noutro tempo romanos, europeos...)a "solucionar" os poblemas (aínda que sexa co paripé de tía ONU). Nun mundo deste tipo, que coño de responsabilidade, na reproducción da violencia, se lle pode pedir a un adolescente? (adolescente = en formación)