miércoles, mayo 30, 2012

Bankia, a endogamia do PP

A España de Mariano Rajoy móvese entre o ánimo e a teimosía, segundo editorializa hoxe Le Monde, que chega a ver un “xesto quixotesco” na actitude do presidente español de rechazar o rescate europeo do sector bancario do seu país. O xornal francés remata dicindo que “polo interese do euro, Rajoy quizais deberia coller o teléfono e chamar a Bruxelas”.
Claro que o que non lle poderá contar a Bruxelas, nesa hipotética e seguramente inevitábel conversación telefónica, é a morea de homes e mulleres do PP que detentaron altos cargos no banco que agora precisa ser salvado plos cartos públicos. A endogamia conservadora era tal que mesmo parece que medio Partido Popular estaba colocado en Bankia. Véxase, caso a caso:
Rodrigo Rato, presidente de Bankia. Ex vicepresidente segundo e ex ministro do goberno de José María Aznar. Ex director xerente do Fondo Monetario Internacional (FMI).
Santiago Alarcó Canosa, ex cuñado do ex presidente de Bankia, Rodrigo Rato, e irmán de Ángeles Alarcó Canosa, presidenta de Paradores. Conselleiro de Deoleo en representación da Sociedade de Promoción e Participación Empresarial Caja Madrid.
Claudio Aguirre Pemán, curmán da presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre, foi responsábel de Merril Lynch para España e Portugal.
Juan Chozas Pedrero, director de recursos Humanos de Bankia. Es secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais dos gobernos de José María Aznar. Colaborador destacado da FAES.
Jesús Pedroche Nieto, vocal do Banco Financiero y de Ahorros do Grupo Bankia. Ex presidente da Asamblea de Madrid. Ex conselleiro do Goberno Rexional de Madrid.
Ricardo Romero de Tejada, vocal do Banco Financiero y de Ahorros do Grupo Bankia. Ex secretario xeral do PP na Comunidade de Madrid. Ex alcalde de Majadahonda.
Mayte Jiménez, coselleira de Caja Madrid Pensiones. Esposa de Salvador Victoria, conselleiro de Asuntos Sociais do Goberno de Esperanza Aguirre.
Nieves Alarcón Castellanos, conselleira de Caja Madrid Pensiones. Esposa do ex secretario xeral do PP madrileño e senador Francisco Granados.
Ángel Acebes, vocal do Banco Financiero y de Ahorros do Grupo Bankia. Ex ministro de Interior do goberno de José María Aznar.
Manuel Lamela, presidente do Comité de Auditoría de Bankia e consellerio de Cibeles Corporación. Ex director de gabinete de Rodrigo Rato cando foi ministro de Economía.
Carmen Cavero Mestre, vocal do Consello de Caja Madrid Cibeles e conselleira de Bankia. Cuñada de Ignacio González, vicepresidente do Goberno de Esperanza Aguirre.
Mercedes de la Merced, vocal do Banco Finaciero y de Ahorros do Grupo Bankia. Ex eurodeputada e ex tenente de alcalde do Concello de Madrid.
Estanislao Rodríguez-Ponga, vocal do Banco Financiero y de Ahorros do Grupo Bankia. Ex secteraio de Estado de Hacienda cando Rato era ministro.
José Manuel Fernández Norniella, vocal do Banco Financiero y de Ahorros do Grupo Bankia. Ex presidente do Consello Superior de Cámaras de Comercio e ex secretario de Estado de Comercio e Turismo.
Mercedes Rojo Izquierdo, vocal do Banco Financiero y de Ahorros do Grupo Bankia. Ex asesora de Esperanza Aguirre.
María Zaplana Barceló, becaria de Caja Madrid, filla de Eduardo Zaplana.
Elena Pisonero, conselleira de Caja Madrid. Ex jefa de gabinete de Rodrigo Rato, ex deputada e presidenta de Hispasat.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

É o que teñen os bancos, que son un pouco de dereitas. Nun deles, durante 200 anos galego pero que agora marcha para Madrid, os inútiles iban traballar co carné do PP na boca mentres os que valían (sempre curritos, of course) tiñan que traballar por dez para que parecese que os enchufados estaban aí para algo. Ese foi o sistema bancario deste país.

Anónimo dijo...

Todo da familia e do PPartido.

Anónimo dijo...

E logo, qué raio fai aí o Virxilio Zapatero...