Párome a ler a información que publica hoxe o xornal La Opinión sobre o que custan os coches oficiais da Xunta de Galicia. Os 355 vehículo que están ao servizo de altos cargos e persoal da Administración sáennos aos contribuíntes por un prezo que se aproxima aos 4.000 euros diarios, contando só os custos de combustíbel e pólizas de seguro. Á parte, claro está, da compra e o mantemento técnico dos propios coches.
Tamaña frota de vehículos percorreu o ano pasado sete millóns de quilómetros e consumíu máis de 830.000 euros en combsutíbel, 19.384 quilómetros por día. A disposición dos membros do goberno galego hai un cadro de persoal composto por 83 condutores que van de uniforme e están sometidos á obrigación de gardar segredo sobre todo o que se refira ao servizo que prestan.
Case 1,5 millóns de euros gastados cada ano en combustíbel e seguros, e unha cantas toneladas de CO2 largadas á atmósfera.
3 comentarios:
Esta é unha boa mostra da falsedade das mensaxes dos gobernos.
Non lembro se este ano ou un dos que virán foi declarado pola Xunta como "ano do trasporte público". Mentira.
Nen trasporte, nen público.
Se os nosos políticos viaxaran en transporte público e tentarán iren de, poñamos por caso, Pontevedra a Sanxenxo a tomar unhas copas vespertinas, saberían ben o que vale un peine non subvencionado; tamén se foran tomar as augas a Cuntis desde Vilagarcia o se foran de Vilagarcía a Cambados.
Naturalmente, o coche oficial oferece algo máis de liberdade, non tanta como o coche particular porén é máis cómodo o primeiro: podes agarrar unha trompa simpática sen correr o perigo de soplar polo maquineto da Garda Cerril.
Qué quere insinuar, don Perfeuto, que o da Xunta é un gasto desmesurado tamén neste capítulo?
Eu non insinúo nada. Conto e comento o que hai, e que o lector tire as súas conclusións.
Publicar un comentario