sábado, junio 21, 2008

Unha candea por Ramiro Fonte



Premer nas páxinas para ler a entrevista completa.



Ramiro Fonte (Pontedeume, 1957) leva meses en Barcelona, onde se recupera dunha grave enfermidade”. Con esta frase empeza o escritor e xornalista Ramón Loureiro a entrevista que lle fai ao actual director do Centro Cervantes de Lisboa e que publica hoxe La Voz de Galicia. Desgrazadamente, non atopo este texto na edición electrónica do xornal coruñés e non podo, polo tanto, facer unha ligazón para que podan lela. Os interesados terán que botar man da edición de papel.
Dá gusto lerlle a Ramiro as súas lembranzas de Ferrol e do seu Pontedeume nadal, pero tamén de Vigo, ou os amores que lle inspiran os ríos. Di que lle gustan os pequenos regatos máis que os grandes ríos. “En especial ese río pequeniño que é o Covés”, dí o escritor do derradeiro afluente do Eume.
Coñezo a Ramiro Fonte dende que era un rapazote que chegou a Santiago para estudiar e podo dar fe de que é o que se chama unha belísima persoa, e agora tamén é un gran escritor que, como se ve na entrevista que lle fai Loureiro, non ten reparos en autocriticarse. “Hai algunha páxinas –di– que non debería ter publicado. Pero, en fin, o feito está aí. Sempre traballei co máximo nivel de esixencia, labrando co maior dos coidados cada frase. Por sorte, teño un bo oído. Con todo, non son un escritor profesional”.
E tamén é quen facer a crítica: “A miña obra pode ter un certo prestixio entre algúns sectores, pero non tivo éxito; paguei cara a miña independencia. Ademais, nunca fun deses que van pregoando por todas partes a súa mercadoría. E desde rapaz mostreime moi crítico cun medio cultural tremendamente caciquil. Nin sequera creo niso que chaman sistema literario galego”. Conta tamén Fonte como escribe en galego, pero tamén di que as linguas nunca poden ser para restar: “En todo isto hai moito fariseísmo. ¡Oxalá puidese escribir en castelán unha novela como La Regenta! Quizais non teña tempo xa, pero eu non necesito nada. E hoxe, aínda menos. Neste momento, o que valoro é ter amigos que me chaman para dicirme que acenderon por min unha candea”.
Eu chameino hai uns minutos. Andaba de visita de fin de semana polo Maestrazgo, unha terra que Ramiro Fonte tiña moitas ganas de coñecer. Saúde, irmán!

30 comentarios:

Anónimo dijo...

Estou seguro, amigo Perfecto, de que esa chamada túa o fixo moi feliz.

Anónimo dijo...

Ramiro Fonte faille unha vez máis un gran servicio a Galicia cando denuncia o carárte caciquil do noso medio cultural, vítima dunha endogamia e un clientelismo que silencia a os creadores que non aceptan dedicarse a facer política, de maneira máis ou menos oculta, en defensa do poder. Non é novo o que acontece con Ramiro, e hai precedentes tristísimos, como o do propio Cunqueiro, do que aínda hoxe só se fala cando hai algún interese por medio, xa sexa unha praza fixa na docencia ou algunha conferenciña ben paga pola Administración. Mentres esta situación non se denuncie en voz alta, mentres non haxa máis ramiros fontes que falen claro desta vergonza que padecemos, a nosa seguirá a ser unha cultura enferma desprezada polo pobo. A xente non é tonta, e ben sabe de qué van os que aparecen na teuvegá recibindo os aplausos dos de sempre. Cambian algúns nomes, pero debaixo das caretas case sempre hai o mesmo.

Anónimo dijo...

Súmome a todas as apertas que estes días lle están enviando ao noso amigo Ramiro Fonte.

Acabo de ver unha preciosa, tamén, no blog de Xosé Carlos Caneiro, e quixen deixarlle alí un saúdo cariñoso ao autor de Ébora, outro grande entre os nosos mellores escritores, pero non conseguín gravar a mensaxe.

Fágoo desde aquí, abusando da hospitalidade de Don Perfeuto.

Boas tardes a todos.

Almiral Mouchez

P.D. (1) Estou sentindo na televisión, ao fondo, o partido de fútbol. Creo que a cousa non vai ben...

P.D. (2) Sabe vostede, Don Perfeuto, que o máis que posible substituto de F.J.L. na radio da Conferencia Episcopal vai ser un vello xornalista que vostede coñece moi ben...?

Anónimo dijo...

Carácter caciquil do noso sistema literario galego?
Desde cándo?
Desde hoxe, onte?
Lembren cando Suso de Toro pedía cartos á administración fraguiana ou lembren as subvencións que chupan os editores galegos, as asociacións de escritores.

Quén vai denunciar nada aquí? Os escritores que son asesores da Conselleira de Cultura? Os escritores e "xestores culturais" que asesoran ao Presi Touriño?

Quén vai falar claro aquí? Alguén explicará -iso, iso, o coro que pida "investigación"- cómo se poden asignar 300.000 euros para "inventariar e dixitalizar" os fondos (cartas, escritas...) de Castelao repartidas polo mundo? E que ainda non sabemos ónde fican despois dos numerosísimos estudos publicados até hoxe sobre a vida e obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, algúns realizados por comandantes do Consello da Cultura Galega? De verdade, en serio, "inventariar e dixitalizar" esos documentos custa 300.000 euros?
Quén é aquí o guapo ou guapa que se mete coa "nomenclatura" cultural galega? Quén co Consello da Cultura Galega?
Haiche moito valente (e valenta) que vai a temas relambidos e archisabidos para despistar e non entrar onde doe, sobre todo no peto, non vai ser que fique sen a subvención, sen ser membro dun xurado con papatoria incluida, sen conferencia canicular.
Tampouco é que todo o sistema literario galego estea corrupto, qué va. Tan só hai algunhas mostras que pouca diferencias mantén co noxento sistema literario español. Ventaxas das autonomías: copiamos todos os vicios, os malos sobre todo.

Anónimo dijo...

Non coñezo personalmente a Ramiro Fonte, pero vaian dende aquí os meus desexos de pronto restablecemento e un saúdo.

Anónimo dijo...

Eu tampouco o coñezo persoalmente, aínda que si de lecturas. Non sabía que estivera malo. Dende agora son unha máis que ha manter acendida por el a candea da amizade e a luz da irmandade. Ramiro, ánima e forza. Precisamos xente coma ti. Os teus lectores querémoste.

Anónimo dijo...

É de supoñer que para Ramiro Fonte, coma antes para Cunqueiro ou para o mesmo Casares, debe resultar moi doloroso ver que todo o seu talento é silenciado polos que, en beneficio propio, fan política sen dar a cara chamándolle literatura. Pero non te preocupes, Ramiro, os teus libros perdurarán. Os deles nacen mortos, por máis que se premien entre si e se repartan os cartos públicos dicindo que o fan polo ben do pobo galego. Un pobo que, por fortuna, é calquera cousa menos tonto, e sabe a quen ten.

Anónimo dijo...

PERMÍTOME REPRODUCIR AQUÍ UN COMENTARIO DE XOSÉ CARLOS CANEIRO PUBLICADO NO SEU BLOG

Sábado. Iníciase o tempo de verán. Cos soños de Shakespeare e as bicicletas de Chávarri e Fernán Gómez. Co sol iluminando todos os ocasos. Con mar, auga, melancolía de tantas infancias con sabor a río…
Este é o blog dunha novela. Pero hoxe abro unha paréntese sobre ela.
Acabo de ler a magnífica entrevista de Ramón Loureiro a Ramiro Fonte no Culturas de La Voz.

Non coñezo a Ramiro. Despois de tantos anos rodando mundo adiante, entre libros, non tiven a fortuna de saudalo persoalmente. Coñezo a súa obra. Dela teño falado a miúdo e son confeso admirador da súa novela “Os leopardos da lúa”, texto que pasou desapercibido neste país que acostuma a procurar a gran novela cando temos, gloria á lingua e ao talento de Nós, moitas “grandes novelas” depositadas nos andeis do olvido.

Di Ramón Loureiro que Ramiro está recuperándose dunha “grave enfermidade” en Barcelona.

Eu só quería enviarlle unha apreta.

E outra.

E outra máis.

Como internet chega a todas partes espero que esta apreta chegue a Barcelona. Hoxe, que empeza o verán, desexo que o sol acariñe a pel dun dos Nosos. A túa, Ramiro.

Anónimo dijo...

Hola Ramiro. Nos vemos pronto.

Anónimo dijo...

Desde aquí, moi cerca dese río Covés onde están esas garzas ás que eu coma ti tanto lles quero, Ramiro (ao pé desa igrexa de Nogueirosa da que ti falabas, e que na tamén soan as campás, lembrando aos mortos sen historia, aínda que o fagan con menos voz que os sinos dos templos de Pontedeume), quéroche dar as grazas, como lectora, por axudarme a recuperar o tempo da infancia.

Que esta máxica noite do San Xoán que se aveciña, estas horas nas que os prodixios se liberan, che traia toda a fortuna e a saúde que mereces.

Co maior dos abrazos e todo o cariño do mundo,

Unha lectora eumesa

Anónimo dijo...

Boas tardes, Ramiro, irmán. Que teñas un San Xoán tan feliz como mereces. O noso común amigo Basilio, Basilio L., dime que xa que estás en Barcelona te poñas en contacto con el, que ten moitas ganas de darche un abrazo. El segue indo todas as mañás ao seu despacho da facultade. Querémoste moito.

Luisfoz dijo...

Umha forte aperta para o velho e querido amigo Ramiro. Os meus melhores desejos de saúde para que siga contribuindo ao esplendor da nossa literatura.

Anónimo dijo...

Fai anos, nesta noite máxica de San Xoán, despois de varios días recollendo trastos, todos os nenos de Pontedeume andabamos de fulión en fulión a ver que morea era o máis grande e cal ardía mellor, ao día seguinte, os nenos comentaban: o da Calzada era o mellor, outros dicían que lle gañaba o do Alcacer, outros defendían o do Empedrado, sen esquecer o de Porto ou o das Casas Baratas … e que ben pasabámolo a pesar das regañinas dos nosos pais porque deixábamos os deberes polo traballo de recollida.
Pola mañá, as nosas nais tíñannos as xarras do lavabo con auga e moitos pétalos de rosas e outras flores para lavarnos a cara… ¡que grandes recordos!. Igual de grandes son os meus desexos para a túa recuperación. A miña familia e eu querémoste.

Anónimo dijo...

O Eume agarda por ti, poeta. Nunca é o mesmo río sen ti.

Anónimo dijo...

Estaremos todos, Ramiro, na entrega en Ferrol do teu premio. Andemos onde andemos eses días, todos volveremos a Galicia para estar contigo en Ferrol. Será a maior festa das Letras de cantas se levan visto. L.

Anónimo dijo...

Temos que quedar con Tito Ríos, Ramirito. Para que nos cante algo e nos faga unha foto. Somos a túa familia. Non a de sangue, pero si a de corazón.

Anónimo dijo...

No foro libre de Arroutadas tamén hai un fío aberto en homenaxe a Ramiro.

Anónimo dijo...

Eu do Ramiro Fonte sempre lembrarei aquel día en que se levantou e... Compostela, corrían os anos 70 do século pasado (non sabería precisar se o 75, o 76 ou o 77, tería que consultalo; antes do 79 seguro, que foi cuando morreu Celso Emilio Ferreiro), daquela non perdíamos nen un dos actos culturais que se organizaban, daba unha conferencia Celso Emilio Ferreiro, afinal do acto un mozo inzado de paixón poética levantouse e botou unha disertación sobre poesía que nos deixou a todos pampos, supoño que ao Celso Emilio tamén. Escuso dicer que aquel mozo era Ramiro Fonte. Tampouco sabería precisar se daquela xa formaba parte do movimento poético Cravo Fondo ou se este se formou mais tarde, a finais dos setenta. Tanto ten, para min aquela tamén foi a época de Cravo Fondo, do que formaban parte Ramiro Fonte, creo que tamén Rábade Paredes, Xulio L. Valcárcel e non sei se tamén un irmao deste último. Lembro perfeitamente aquela época de nacimento de Cravo Fondo.

Ramiro, non nos coñecemos, pero temos amigos comúns, estás en Barcelona, como eu, teño aquí mesmo unha copa de cava, que vou levantar por ti e pola poesía, como ti te levantaches naquel acto de Celso Emilio e nos deixaches a todos coa boca aberta polo teu saber poético. Tempos aqueles, tempos estes, que te recuperes e que vivan sempre a poesía e os poetas. Unha aperta.

P. D. Xa perguntarei onde é que estás.

Anónimo dijo...

López dixo:
Non quero deixar de poñer tamén a miña candea neste blog polo pronto restablecemento do amigo Ramiro.
Unha aperta.

Anónimo dijo...

-------------------------------------------------------------------------------

Súmome á homenaxe a Ramiro con toda a forza da admiración e do cariño.

Volver arriba


Brión
Convidado





Publicado: Mar Xuñ 24, 2008 5:41 pm Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

Ramiro é un poeta excepcional, inxustamente silenciado polo SLG. O tempo porá todo no seu lugar. Andiamo, Ramiro.

Volver arriba


Covés
Convidado





Publicado: Mar Xuñ 24, 2008 5:49 pm Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

Adiante, irmán. Vémonos en Pontedeume.

Volver arriba


Miguel Cabanas
Convidado





Publicado: Mar Xuñ 24, 2008 5:54 pm Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

Para Ramiro Fonte, poeta, sempre os meus mellores desexos.

Volver arriba


Almiral Mouchez
Convidado





Publicado: Mar Xuñ 24, 2008 8:59 pm Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

Boas noites a todos.

Súmome, tamén aquí, a todas as homenaxes a Ramiro Fonte, un gran poeta, unha gran persoa.

Almiral Mouchez

Volver arriba


Lectora -Admiradora
Convidado





Publicado: Mar Xuñ 24, 2008 9:42 pm Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

Es un gran poeta e, por máis que digan que sobran poetas, non é certo. Cóidate que te necesitamos.

Volver arriba


Roberto Bolaño
Convidado





Publicado: Mar Xuñ 24, 2008 10:15 pm Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

Non sabía nada. Acabo de inteirarme. Eu tamén lle desexo que se recupere, que non andamos sobrados de poetas.

Eu do Ramiro Fonte sempre lembrarei aquel día en que se levantou e... Compostela, corrían os anos 70 do século pasado (non sabería precisar se o 75, o 76 ou o 77, tería que consultalo; antes do 79 seguro, que foi cuando morreu Celso Emilio Ferreiro), daquela non perdíamos nen un dos actos culturais que se organizaban, daba unha conferencia Celso Emilio Ferreiro, afinal do acto un mozo inzado de paixón poética levantouse e botou unha disertación sobre poesía que nos deixou a todos pampos, supoño que ao Celso Emilio tamén. Escuso dicer que aquel mozo era Ramiro Fonte. Tampouco sabería precisar se daquela xa formaba parte do movimento poético Cravo Fondo ou se este se formou mais tarde, a finais dos setenta. Tanto ten, para min aquela tamén foi a época de Cravo Fondo, do que formaban parte Ramiro Fonte, creo que tamén Rábade Paredes, Xulio L. Valcárcel e non sei se tamén un irmao deste último. Lembro perfeitamente aquela época de nacimento de Cravo Fondo.

Ramiro, non nos coñecemos, pero temos amigos comúns, estás en Barcelona, como eu, teño aquí mesmo unha copa de cava, que vou levantar por ti e pola poesía, como ti te levantaches naquel acto de Celso Emilio e nos deixaches a todos coa boca aberta polo teu saber poético. Tempos aqueles, tempos estes, que te recuperes e que vivan sempre a poesía e os poetas. Unha aperta.

P. D. Xa perguntarei onde é que estás.

Volver arriba


Amigo
Convidado





Publicado: Mer Xuñ 25, 2008 12:01 pm Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

Se lle deixades a Ramiro unha mensaxe no blog de Perfecto Conde, el nalgún momento do día vaino ver seguro. Saúdos a todos.

Volver arriba

Anónimo dijo...

Ramiro, moitas grazas pola triloxia maxica de Pontedeume, votaba en falla un percorrido pola nosa nenez, dende a Praza do Conde un do 57 che desexa de todo corazón unha pronta recuperación.

Anónimo dijo...

A praza do Conde, si señor...!
Alí está, agardando por nós, Ramiro.

Anónimo dijo...

Una gran persona,un buen hombre en el buen sentido de la palabra.Tenemos la suerte que quiere compartir sus sentimientos con nosotros, a través de la poesía.
Un abrazo sentido.
Benito.BCN

Anónimo dijo...

No foro libre de Arroutadas seguen colgando mensaxes de afecto para Ramiro, sería boa cousa copialos aquí.

Anónimo dijo...

Enviado por Lourixe a Arroutadas:
Muitos ânimos!

Anónimo dijo...

Enviado por Amorodo á Arroutada:
Desejo que tudo corra bem para o Ramiro.

Anónimo dijo...

Ramiro, estoy en total desacuerdo con tu afirmación, en la entrevista que te hizo Ramón Loureiro: a miña obra pode ter un certo prestixio, pero non tivo éxito. Paguei cara a miña independencia, El éxito me parece efímero, Es el resultado, posiblemente feliz, de algo. ¿Poeta de éxito? No me suena bien. Prestigio es exactamente lo tuyo y lo propio de un poeta: influencia, autoridad, respeto. Y frente al éxito, arbitrario a veces, la fama porque la poesía gallega sin tu obra no sería la que es. Independencia, como ejemplo de intelectual libre (para mí, la palabra intelectual no ha cambiado de sentido ni se la aplico a todo el mundo).
Un abrazo y hasta pronto.

Anónimo dijo...

Desexámoste Ramiro que te recuperes pronto e que sigas facendo o que máis che gusta: libros, literatura, falar e conversar coa xente, cos amigos. Eres dos máis grandes. Unha aperta.

Anónimo dijo...

Coñecín isto dos blog hai pouco, está moi ben porque che permite transmitir sentimentos....Lin a entrevista de Ramiro Fonte na VOZ...toda unha lección .Sorte.

Anónimo dijo...

Suerte Rami, mucha suerte!
Todo va a salir bien.
Nos vemos pronto. Un abrazo!