Emilio Pérez Touriño, presidente da Xunta, foi á Coruña para dicirlles aos de María Pita que o futuro da súa cidade sitúaa “como o motor dun gran espazo supramunicipal que se estende ata Ferrol e como unha das referencias do Eixo Atlántico”. Tamén aproveitou para felicitar aos coruñeses pola celebración do 800 aniversario da cidade, e para apoiar a candidatura da Torre de Hércules a ser recoñecida pola Unesco como Patrimonio da Humanidade.
“Son dúas boas razóns –dixo o presidente– para felicitar aos coruñeses, ao seu alcalde e ás súas institucións públicas e cívicas que están facendo da candidatura da Torre e do octavo centenario unha nova ocasión para a reafirmación da entidade coruñesa, para a lembranza e repaso dunha fascinante historia urbana e para a reflexión sobre o presente e o futuro da cidade”. O curioso do caso é que, para ilustrar palabras tan solemnes, Touriño e o alcalde coruñés, Xavier Losada, fixéronse retratar da guisa que mostra a fotografía ao pé da torre e con seis ducias de figurantes, can negro incluído. Sería para ensaiar un paso de cha-cha-chá? Ou é a Comba de Jalisco?
4 comentarios:
A Touriño vaille o cha-cha-cha, e pódelle valer esta letra:
Vení bailá, quedáte un rato más...
Me refiero a Parliement
a George Clinton ellos son los dioses del Olimpo.
Tengo clase y tengo estilo,
yo soy verdadero en lo que hago y lo que digo.
Tengo, tengo, tengo, tú no tienes nada.
Tengo tres funkytos en una cabaña.
Yo soy el funkyllero del lugar
y a todos los funkeros voy a hacer bailar.
Una nación bajo el ritmo del funk, funk
no es lo mismo que tu heavy metal
porque vienes a mi fiesta.
Xa non saben en qué gastar os cartos (públicos, por suposto), tanto os hunos como os hotros.
Propoño outra estrofa para os cha-cha-chá de Touriño:
Estaba el Touri cantando
a la orillita del mar
y llegó el Quin y le cantaba
canciones de Castelao.
Tarará, tararara, tarará...
Todo sexa, meu amigo Don Perfeuto, pola Torre de Hércules, que eu antes vía desde a ventá da miña casa (que é a súa, claro, e naturalmente a de todos os seus lectores)... e que xa non podo ver por culpa da barbarie urbanística, que me oculta o faro.
Publicar un comentario