viernes, junio 27, 2008

Os mellores


Temos que recoñecer que ás veces somos un país de traca. Ademais de parecérmo-
nos a Italia na mandanga de estarmos gobernados por algún político que non dimite aínda que lle caia enriba unha condena xudicial por actos de violencia, deixamos que unha badoca informática madrileña lle chame “idioma de aldea” á língua que empregaron Rosalía, Castelao e Curros –tamén podía dicir Meendiño, Blanco Amor, Neira Vilas, Celso Emilio ou Ramiro Fonte– e temos autoridades locais e provinciais que observan impávidas como un moinante de etnia das que está de moda defender aínda que non leven razón para parecermos politicamente correctos, tivo a xenial idea de atravesar cun pao cheo de cravos a rúa onde vive na Coruña para impedir que pasen os coches conducidos por persoas que se neguen a pagarlle a peaxe que el impón. Segundo leo hoxe en La Voz de Galicia, este aspirante a magnate das comunicacións terrestres mesmo se enlea a trompadas cos que se negan a pagar a cuota.
No Parlamento a presidenta equivócase votando -ou se cadra non– e provoca a primeira derrota da maioría coaligada que nos goberna nun tema tan sensíbel como é a igualdade e a atención das persoas necsitadas. Inaguramos, mentres tanto, “monumentais” monumentos ao Che Guevara. ¿Quen dixo que non somos un país de contrastes? A repanocha. Iso é o que somos. Os mellores, como di Manquiña ou alguén tan cheo de inspiración orixinal coma el.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

E logo, quen foi condenado por violencia non será doña María Pura das Antas Vellas, a deputada que reuniciou ao coche oficial, segundo lle lin no seu blog, don Perfeuto? A ver se mo explica, que anda vostede moi reaccio a dar detalles.

Anónimo dijo...

Boas tardes.

A nosa amiga Lourixe tamén abriu en Chuza un fío de homenaxe ao noso querido Ramiro Fonte.

Apertas a todos.

Luisfoz dijo...

Esta foto nom tem pé mas parece-me que a podo identificar. Trata-se de umha das chantas do dólmen de Ajeitos que foi barbaramente "adornada" com esse grafite, um verdadeiro atentado contra o nosso património cultural que, por umha vez, pode ser corrigido (suponho).