lunes, junio 02, 2008

O mexo que chove e as salsas da cociña

Neste mundo quedan poucas cousas novas por contar. Case sempre, o que facemos todos é darlle voltas aos mesmos nobelos e repetir o que xa contou alguén antes ca nós. Por exemplo, agora o cociñeiro Santi Santamaría anda zurrándolle a badana aos seus modernísimos colegas Ferrán Adrià e compañía, coa trela esa da química das salsas e outras argalladas. A que non sabe ningún destes cociñeiros que, xa no ano 2004, o escritor Eduardo Galeano falou das salsas culinarias?
Ocorreu durante os encontros literarios Carovane 2004, que tiveron lugar en Piacenzza (Italia). Galeano, auténtio experto en semóns da montaña, pronunciou alí un espléndio discurso contra a organización mundial imposta polo capitalismo, defendeu a Hugo Chávez e adiantouse catro anos en falar da salsa da que agora falan Santamaría e Adrià.
E xa posto, o escritor uruguaio emulou a Castelao sen citalo. Non sei se sería por descoñecemento ou por darlle outra dimensión á cousa. Dixo ter visto “nun muro” o que “algún anónimo” escribíu: “Nos mean y los medios dicen que llueve”. Deberon ser Ignacio Ramonet ou Ramón Chao porque tal frase só é quen de escribila un galego. O tal anónimo esqueceuse de engadir que a súa paráfrase procedía de Alfono R Castelao, e Galeano de explicar que o seu amigo galego Xosé Manuel Beiras xa lle ten falado moitas veces do rianxeiro.
O discurso de Galeano ao que me refiro, e no que ata lle responde ao xornalista e escritor italiano Gianni Minà, poden escoitalo pinchando aquí. É moi interesante, sen dúbida.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Pobres de nós! Hasta nos copian os grandes escritores sen dicir nunca que existimos. Castelao, o noso gran Ossian, dándolle pólvora a Galeano para que dispare nun congreso en Italia, onde seguramente foi ben pago e hospedado nalgún hotel de cinco estrelas. Calquera día oímoslle a García Márquez algo que dixeron os rumorosos, pero aposto algo a que non sae para nada o nome de Pondal.

Anónimo dijo...

Galeano é un dos tipos máis listos que hai: sabe vivir moi ben do conto.

Anónimo dijo...

Non hai como construír unha boa figura de progre. Coma Galeano. Ou como o seu migo Beiras. Despois páganlle a un por despotricar contra os que lle pagan. Anda que defender, a estas alturas, a Chávez. Pero, iso sí, laretea contra o estalinismo. Debe ser a "gauche divine" latinoamericana.

Anónimo dijo...

Si, pero sobre Fidel nin mú. Este Galeano sabe nadar e gardar a roupa. Como o seu colega franco-español.

R.J.Nieto dijo...

Yo soy partidario de una alimentación diversa, sana, natural. Estoy convencido de que los alimentos ecologicos son mejores y a las pruebas me refiero.
http://www.ecoalimenta.com/es/notices/presentacion_en_barcelona_del_estudio_de_la_ue_que_confirma_que_los_alimentos_ecologicos_son_mas_nutritivos_y_saludables_3611.php

Para intentar explicar esta controversia entre cocineros yo utilizo una analogia. Santamaria juega en la NBA al baloncesto y Adria en los Glober Troters.
los Glober Troters no juegan a baloncesto hacen espectaculo. Adria no prepara alimentación, hace espectaculo con la alimentación. Siguiendo la analogia, una cosa es hacer mates en medio de un partido y otra es usar un tranpolin para dar volteretas. pero como no hay federación de alimentación parece que todo vale.

La alimentación mejor se basa en la buena materia prima y una elaboración que potencie los sabores.
En las combinaciones de sabores cada día mas sorprendentes y que en su elaboración no perdamos las cualidades y beneficios de la diversidad. No buscamos lo esencial, buscamos los detalles y la calidad en la diversidad.

Anónimo dijo...

Este Nieto non se enterou de nada. Quixo meter a súa gamba na tixola e meteuna. Cada un ao seu.