miércoles, septiembre 03, 2008

Non lles digo adeus, pero polo menos ata logo


Queridos lectores (algúns, mesmo amigos):
Teño que avisalos de que me rindo. A partir de hoxe, e non podo dicirlles se para sempre ou ata cando, non volverei a escribir neste blog. Sei que lles debo unha explicación e vou procurar ofrecérllela. Estou canso de predicar no deserto. Se critico aos tirios, apláudeme troiano e medio e se digo o que fan mal os troianos a penas hai un tirio que me mande unha folla de loureiro. Porén, os de todas as bandas parecen facer o mesmo cando me teñen que bater nas costas.
Non quero dicir que sexa culpa nin dos de Laíño nin dos de Lestrove. Sei que só é culpa miña por non aprender, despois de tantos anos, que hai que ir cos da sega e volver co panadeiro. Pero que queren que lles diga? Eu non estou afeito a ser prebe de todos os pratos e prefiro retirarme aos meus cuarteis de inverno –que tamén os teño– antes de convertirme no “pepitogrilo” dunha pradeira sen herba.
Confésolles que xa tira máis de min xogar con Mara (a miña cadela) e con Bianca e Forito (os meus gatos) –e non digamos procurar levarme ben con Cristina (a miña compañeira)– que enganarme pensando que o xornalismo é o mesmo que cando eu fun xornalista de verdade. Teño, ademais, algún compromiso que cumprir (rematar a traducción dun libro de Anne-Marie Thiesse e escribir outro sobre Paco del Riego) e a eles vou dedicar os meus inmediatos quefaceres.
Gustaríame que os que me aprezan entendan isto non como un desplante senón como unha elemental medida de hixiene coa miña conciencia. Sinceramente, no panorama actual, case non teño nada máis que contar. Non me gusta case nada do que vexo ao meu redor, pero non sei por que teño que ser eu o que molle o cú pola graza de Deus. Un ten vocación de heroe, pero non tanta.
Admito que, como di a frase cinematográfica de Manquiña, tal como lles digo unha cousa podíalles contar a contraria –eu preferiría citarlles o verso de Alfonsina Storni que di que “entre as cousas seguras, a máis segura é a dúbida”-, e, se cadra, dentro de pouco, boto de menos estar cos catro gatos que me escoitan e volvo a abrir esta xanela, pero de momento vou recuperar o valor do silencio.
Saiban, logo, desculpar a miña saída polos cotarelos da Terra Chá –xa me gustaría irme polos tesos cumes do Courel– e acepten a miña despedida como unha mostra de humildade chea de agradecemento a todos os que me leron e participaron en Croques, título que me acompaña dende os lonxanos tempos da revista Chan (1969), aprezadísimo regalo que me fixo o meu mestre Borobó, e ao que procurarei serlle fiel ata que morra.
Foi un prazer estar en contacto con vostedes. Saúde e liberdade.

41 comentarios:

stock pick software dijo...

ok. I found an information here that i want to look for.

Anónimo dijo...

Hixiene coa súa conciencia ou simplemente covardía? Se cadra, algo píor aínda. Así fixo o egrexio Martín Prieto cando chegou ao poder Felipe González. Marchou a Buenos Aires e volveu de Arxentina cunha muller e coa súa pluma posta ao servizo da dereita. Non irá resucitar vostede coma el ao servizo de Núñez Feixóo e Mariano Raxoi?
Polo demais, se o fixera, sería o seu dereito, pero non engane ao persoal.

Hildegard Canido dijo...

Non vexo eu a covardía posible. Se do que se alegra o Anónimo anterior é de que Conde silencie o seu Croques, debe dicilo, e, ademais, xa o ten conseguido. Coido que ninguén nin case nada é necesario e menos aínda imprescindible, pero eu era dos que vía nesta xanela aberta unha brisiña de independencia e crítica. Polo demais quero mostrarme respectuosa cos motivos que expón o autor para botar o peche. A min tampouco me gusta o que está pasando.

Anónimo dijo...

A inimigo que fuxe, ponte de prata.

Kalikatres dijo...

O valor do silencio, di vostede, e non sabe canta importancia pode ter iso para unha persoa que sinta de verdade a vida. Fai ben abandonando o ruído desacougante do mundo actual. E non se vai vostede polos cotarelos de ningunha chaira. Márchase polos tesos cumes de Novoneira, algo ao que non todos saben voar.
Que quere que lle diga máis? Que, se algunha vez desexa volver, algúns estarémolo agardando.
Saúde da miña parte a Mara, a Bianca, a Forito e a Crstina. Teñen a sorte de telo a vostede na casa.

Almiral Mouchez dijo...

Espero, meu querido amigo, que recapacite.

E canto antes.

Este blog ten máis amigos dos que pensa.

Anónimo dijo...

Que se vayan, se vayan, se vayan.
Que se vayan para no volver.
Que se vayan, se vayan, se vayan
Perfecto Conde
y su Croques senil.

Anónimo dijo...

Canta merda na cabeza de algún anónimo, boa foto da míseria intelectual. Don Perfeuto, faga o que lle prazca, e volva cando lle de a gana, non o podo celebrar, pero o respeto ainda que temo os opinantes predecibles e acomodaticios, os que abundan e aburren.

Anónimo dijo...

vaia, eu tiñao nos meus favoritos....,

unha amiga virtual de almiral

Anónimo dijo...

Eu tamén o tiña entre os meus favoritos.
Un amigo.

Anónimo dijo...

Foi un pracer lelo esta tempada, agardo que volte algún dia. Boa sorte Don Perfeuto.

Anónimo dijo...

E logo, Conde, quen vai poñer agora podres os conselleiros da Xunta por quereren coches de 350 cabalos de potencia con equipamento de xeques?

Calidonia dijo...

Coñezo a sensación. E non fai falta ser da vella guardia. É unha mágoan, para que negalo. Albisco un rearmamento da crítica libre na rede neste inicio de setembro. E o que se aveciña. Sorte e ánimo cos de mais proxectos.

Navegare necesse est...

Anónimo dijo...

Grazas e feliz navegación

Impertinente dijo...

Permita el autor de este blog que me exprese en español, y no piense por ello que soy un simpatizante de Galicia Bilingüe o uno de esos exagerados que aparentan entender que el idioma de Cervantes está en peligro por culpa de una supuesta imposición de las lenguas periféricas.
Mentiría si le dijese que yo era un habitual de estas páginas, pero es cierto que solía frecuentarlas porque había encontrada en ellas una aproximación inteligente y crítica a la actualidad de Galicia, país en el que llevo varios años desempeñando una función pública sin que nadie me exigiese nunca emplear el gallego. Usted, del que no sé si es un nacionalista o no, hablaba con comprensión de los fenómenos extragallegos y analizaba los hechos gallegos sin la complacencia que algunos otros analistas emplean para tratar los asuntos domésticos. Me interesaba visitar su página de cuando en cuando por eso.
Soy, en consecuencia, uno de los que lamenta que usted tire la toalla. No sé si pensó, además, que un blog como el suyo ya no era sólo suyo. En parte también era ya de todos los que lo leíamos o participábamos en él. ¿Quién le dio derecho, por lo tanto, a echarnos el cierre sin previo aviso? Debería pensar en esto y tal vez regresar con nosotros cuando buenamente pueda.
El caso es que yo, por lo menos, le voy a echar en falta. Salud y libertad, como dice usted (aunque no haya república).

Sarampelo dijo...

Que mágoa Sr. Perfecto que teña que irse. O comprendo, neste mundo no que estamos a vivir unha voz discrepante a calan ou tes que calar. O único que ten cabida neste neoliberalismo mundial son os xornalistas "mandilóns"; todo o demais e escribir ou falar no deserto.
Nembargantes, teño que dicir algo que sempre o levo na testa: os mesmos que trocaron aquelas ilusións de valores éticos e morais que nos ilusionaron naquelas loitas por un mundo mellor, son os que hoxe nos están gobernando. ¡Que paradoxa, non sí, Sr. Perfecto!.
Tiñamos que pensar en facer un libro que explique a estas xeneracións (documentación e historia temos abondo) quen é cada quen hoxe, e o que foi naqueles anos da "longa noite de pedra". Penso que eses mesmos lle caería a face de vergoña e quizais non saberian explicarlles aos seus fillos ou netos o que é ser firmes nas súas convincións e ideais.
Poderemos ser "carrozas", pero ninguén nos pode dicir que trocamos na nosa idea de que é posible outra idea do mundo.
Agardo que preto volvas por estas "autopistas" da información. voces como a túa sempre fan falla.
Apertas.

Carqueixa dijo...

Algúns somos de costumes fixas, coma eu. Una das miñas era lelo a vostede e como di un dos seus lectores: xa forma parte de nós, e por tanto exisímoslle que siga escribindo neste blog e non nos deixe un chisco máis orfos

Non se acaba o mundo... ou si, dijo...

Como lector fiel dende hai ben tempo, lamento a marcha. Mais tamén comprendo o cansanzo.

Quizais, dentro duns meses, se anime de novo a retomar o fío. "Nunca digas nunca xamais".

En todo caso, don Perfeuto, reciba un cordialísimo saúdo e o meu recoñecemento. Botarémolo de menos.

Saint Jacques dijo...

Creo que se equivoca, Señor Conde. Non lles dea polo pau. Non é propio de vostede.

tucho de canido dijo...

"La única seguridad, el arraigo de mis dudas", cantaba Raimon...

Mi soledad será ahora un poco más grande, pero seguiré esperando reencuentros.

Anónimo dijo...

sinto que marches e tamén quedar sen lópez

apicultor dijo...

Eu tamén lamento que o deixe, sumándome ao coro dos agradecementos.

arume dos piñeiros dijo...

Acabo de ler a súa despedida e sinto que se marche. De todas formas, esto ten a súa dependencia e axiña ou tarde haberá de voltar. Mentres tanto, tanti auguri.

Irene dijo...

Eu son estudante de xornalismo e teño este blog entre os meus favoritos, que son poucos. Non fago valoración da súa ausencia desta xanela pública porque non teño nin idea de cales poden ser as súas motivacións. Para min é unha mágoa. Só sei que cada vez temos menos referentes: etapa prerevoulucionaria quizais para este oficio. Sempre estará no meu peto o libro César Casal, A pel do xornalismo, e sobre todo, A reportaxe na prensa de Galicia de Xosé López. Saúde e océano!

fuco de esteiro dijo...

Leer os comentarios imbéciles e cheos de roñosa envexa dalgún que mesmo pode que sexa intelixente é a mellor proba de que precisamos que siga vostede alporizandoos, inda que sexa no mais de cuando en vez... Xa non se lembra?: "É preciso avisar a toda xente, dar notiçia, informar, prevenir..."
Enrabexado coa tristura...mais adiante! Até xa

Almiral Mouchez dijo...

Don Perfeutooooooo...?????

Está aiiiiiiiií...?????

marcos valcarcel dijo...

sUPOÑO que terá vostede razóns poderosas para deixar o blog, pero tamén ten constancia de que deixa moitos lectores orfos/as
Eu tamén lamentarei esta ausencia.
Saúdos.

Reymagoo dijo...

Enténdoo e teño unha crenza: o Sr. Conde vaise por non lles facer dano colateral aos amigos, que si que viven do que se conta neste blog. Neste senso -non sei noutros-, vostede é bo e xeneroso para con eles, aínda que non para con nós.

Agardo os seus comentarios noutras fiestras, quizais en "Galegos", ou quizais nas presentacións de publicacións de cualidade, coma Alvite, por exemplo.

Eu tamén era un asiduo leitor, pero sen capacidade para escribir á altura do que aquí se dicía e, sobre todo, do que aquí non se dicía.

Saica chove? Semella que é dourada.

Reymagoo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Anónimo dijo...

Prezado Perfecto:
Á vista dos numerosos comentarios que anteceden a este (mesmo algún despectivo, ou se cadra máis aínda por eses), coido que deberías reconsiderar o peche deste espazo que, como xa dixo alguén, non che pertence en exclusiva.
Non é que sexas máis sabio por rectificar, senón que serías máis sabio por ter a disposición permanente a reconsiderar as propias opinións. É decir, non dubido que as razóns que aduciches non sexan de peso, senón que agora tes outras razóns, van 29 e seguirán, para tomar outra decisión.

Anónimo dijo...

Carallo, Perfeuto, parecería que vostede iba en serio. Non sexa malón e dígalle algunha cousa os comentaristas.

O Sultán do Berbés dijo...

Pero home, Don Perfeuto... Coa mili que levamos cumprida xa a estas alturas, parece mentira que tire vostede a toalla por catro caralladas que poidan dicirlle outros tantos caralláns (ou menos, que ás veces é o mesmo repetido). Sospeito que o quere é que os seus fieis lectores o agarimemos un pouco, así que aí vai o meu agarimo. Nin adeus, nin ata logo, meu amigo. Siga as ensinanzas do mestre Pemán e limítese a dicirnos: Esto é todo, ata mañá. Como moi tarde.
Abrazos.

Príncipe das Mareas dijo...

Home, Perfecto...!!!!!

Perfecto Conde dijo...

Empezo dicindo que me custa algún esforzo persoal volver a escribir neste blog, aínda que só sexa para agradecer aos que me manifestan un apoio que sen dúbida non merezo. A miña decisión era defintiva: cortar este cordón umbilical cunha realidade da que cada vez me atopo máis alonxado, pero hai razóns que a razón non é capaz de entender.
En primeiro lugar, lin todas e cada unha das mensaxes que me deixaron distintas persoas e non saben todas nin cada unha canto llas agradezo. E igual digo de varias outras persoas que se dirixiron a min a través de canles particulares. A todos, eternamente agradecido. Agradecido mesmo aos que non se tomaron a molestia de entender nada do que eu me propuxen abandonando Croques. Entre eles, algún perezoso mental que chegou a dicir que eu matei o blog despois de servirme del para "promocionar" non se sabe que "produto" persoal. Home, que se saiba, eu aínda non vendo berzas en Gadis nin tomates en Mercadona, aínda que tal como vai a crise económica non descarto dedicarme á ecoagricultura por ver se lle levanto algunha subvención ao meu amigo e ex camarada Suárez Canal.
Dito isto, tamén engado que sigan sen contar comigo de momento. Eu non podo volver a un patio de veciñanza no que tería que levarlle a contraria aos dos pirmeiro A e aos do segundo B dicindo que me parece impresentábel que se defenda a Toñi Vicente –pobriña, pasou unha noite no calabozo– sen defender de paso aos mariscadores tan supostamente ilegais coma ela que mandaron para o cárcere de Teixeiro. Outra vez a xustiza volve a demostrar que non é igual para todos. Se eu tivera que volver a escribir neste blog, indudabelmente investigaria algo do que pasa neste caso e trataría de ver por que di Rivera (o do Chef Rivera de Padrón) que "terían que saír outros 30 ou 40 nomes máis". Neste caso estanse empezando a mover intereses tan escuros que eu empezo a pensar que me debo dar de baixa no único club ao accedín a pertenecer na miña vida. E non me estou referindo á Irmandade dos Vinhos Galegos, que esa é unha cousa seria.
Como trataria de facer "backgroung" con outro implicado no asunto das vieiras, o dono de Xanquei, Xoán Queiro, personaxe do que eu me ocupei xa no meu libro "La conexión gallega, del tabaco a la cocaína" (1991) e que non parou dende entón de producir motivos para crónica de sucesos.
O que pasa, meus amigos, é que eu xa non lles estou para estes trotes. A min o que me apetece é volver á illa de Lipari na busca de Naomi Campbell e, sobre todo, na relembranza de Roberto Rossellini e Ingrid Bergman ao pé do volcán Stromboli. E dígolles máis, conformareime con atopar o espírito de Anna Magnani cando me bañe nos lodos de zofre do Vulcano, que por certo será o mes que vén.
Mentres tanto, meus queridos amigos e distinguidos inimigos, eu non lles estou para nada que non sexa respirar cada día o ar máis puro posíbel. Dame igual que me entendan ou non. Fun así sempre e non vou cambiar agora. Se alguén pensa o contrario, é que non me coñece.
pero tamén lles digo que os boto a todos de menos. E que, se puidese, volvería con vostedes. Son coma min. Non somos o mellor do mundo, pero aínda somos alguén que resiste.
Enormes saúdos,
Perfecto Conde

Anónimo dijo...

A navegación a vela ten esas cousas don Perfecto. Despois dunha viaxe como a súa o mundo cotiá volvese unha grisalla e un soña cos sete mares. Volveu a porto e os portos, dicía Conrad, non son cousa boa: os barcos apodrecen e o demo leva os homes. Volva navegar don Perfecto, e non esqueza que un blog e tamén un xeito de navegar.

Anónimo dijo...

A verdade non ten demasiados amigos hoxe, Don Perfeuto, pero non se pode contribuír a iso co silencio.

Anónimo dijo...

Vese que onde hai bo leite pódese facer requeixo. Saca vostede a relucir o caso dun deses desaprensivos imputados no tráfico ilegal de vieiras. Se volvese a escribir no blog, podería explicarnos que un dos dirixentes do Club Financeiro de Vigo, que tanto se fixo ver como inimigo do idioma galego, xa apareceu tamén no seu libro do narcotráfico relacionado cun importante lavador de diñeiro dos colombianos.
Quérolle dicir que é unha mágoa que non siga abríndonos os ollos.

reis dijo...

águas
e pedras do rio
meu sono vazio
não vão acordar
aguas
das fontes calai
ó ribeiras chorari
que eu não volto a cantar.

adicado a você, volte pronto.. balada de outono de Zeca Afonso.

Anónimo dijo...

Morre Croques, o mellor blog galego.

Volver arriba


Convidado






Publicado: Xov Set 04, 2008 9:25 pm Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

unha mágoa, si

Volver arriba


Convidado






Publicado: Xov Set 04, 2008 9:29 pm Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

Agora o foro de arroutadas recolle o testigo en canto a calidade e amenidade.

Volver arriba


Convidado






Publicado: Xov Set 04, 2008 9:58 pm Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

Ha, ha, ha...non me fagas rir...

Volver arriba


Mensaxeiro
Convidado





Publicado: Sab Set 06, 2008 4:21 pm Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

Lamento moito o de Perfecto. O seu era o mellor blog en galego, sen comparación posible cos demais. Non entendo a súa decisión.

Volver arriba


Para trepar
Convidado





Publicado: Sab Set 06, 2008 4:35 pm Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

Mensaxeiro escribiu:
Lamento moito o de Perfecto. O seu era o mellor blog en galego, sen comparación posible cos demais. Non entendo a súa decisión.

Pois para min está clara: cando un chiringuito deixoulle de funcionar pechouno e, aqui paz e despois gloria. Este é un país de trepadores. Todo apunta a que o blog deste señor -creado para promocionarse e venderse mellor- deixou de cumplir a finalidade para a que foi creado -promocionar os seus produtos ¿culturais? (estamos nunha sociedade capitalista).

Así que menos queixarse e abrir vós outro (e cando non vos sexa rentable o pechades e xa está).

Volver arriba


lourixe



Rexistrado: 11 Mar 2006
Mensaxes: 7302
Ubicación: Terrachá
Publicado: Sab Set 06, 2008 4:51 pm Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

Non era o mellor, mais era unha voz necesaria, nun blogomillo endogámico onde todos facemos falla. Porén internet engancha e cabe esperar que a despedida non sexa definitiva.
_________________


Volver arriba


Falando de Desaparesidos.
Convidado





Publicado: Dom Set 07, 2008 11:17 pm Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

A ver se o das Brétemas fai o mesmo, o das Xerais, refírome
ese sí que nos faría un favor se desaparecera con blog, taquígrafos, editorial, e uns cantos compinches máis ó centro da terra "para nunca más volver"



Volver arriba


Convidado






Publicado: Lun Set 08, 2008 2:40 am Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

Falando de Desaparesidos. escribiu:
A ver se o das Brétemas fai o mesmo, o das Xerais, refírome
ese sí que nos faría un favor se desaparecera con blog, taquígrafos, editorial, e uns cantos compinches máis ó centro da terra "para nunca más volver"





E logo que che fixo, hom. Veña conta e non te cortes.

Volver arriba


Determinado
Convidado





Publicado: Mar Set 09, 2008 5:22 pm Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

Era o mellor blog en galego, o mellor de todos.

Volver arriba


Convidado






Publicado: Mer Set 10, 2008 3:34 am Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

Determinado escribiu:
Era o mellor blog en galego, o mellor de todos.



Pois si que era bo: daba moita brasa!

Volver arriba


O consabido
Convidado





Publicado: Mer Set 10, 2008 11:47 am Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

Croques morre vítima das mesmas presións que acabaron co foro libre de vieiros.

Anónimo dijo...

É boa pena, Señor Perfeuto, que fechase vostede o seu blog, porque hoxe poderiamos estar a falar, sen irmos máis lonxe, desas novas conversións que fan que xente coma Vilas Nogueira (Vilas Nogueira, si, efectivamente, escribín ben o nome) arremetan hoxe visceralmente contra o galego, despois de ter participado no ideario do que todos sabemos e de ter escrito o que escribiron con xente tan seria coma Ramón Maiz. É curioso ver que di hoxe, en Galicia, Rosa Díaz, vindo de onde vén. O que conta Sabater, que pasou por todos eses sitios que vostedes non ignoran. Ou por onde anda o meu amigo Juaristi, tras ter sido alumno predilecto de quen foi e cofundador do que prefiro nin mentar. Lástima de blog.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,