miércoles, octubre 22, 2008

Caterva de dinosaurios

Para os que me len decote non é novidade que diga que admiro o xornalista Raúl del Pozo, co que gardo unha vella e sincera amizade pola que me sinto orgulloso. Acostumo traer aquí algunha vez os artigos que publica no xornal El Mundo, de paso de que recomendo a súa lectura. Volvo facelo co que publica hoxe co título de Idiotas* e no que presaxia que o capitalismo hai dous séculos que agoniza, pero non morrerá nunca "con esa estampida de dinosaurios motorizados".

*Pódese ler pulsando sobre a ilustración.