lunes, octubre 20, 2008

Isto é Eldorado

Entre as facturas que nunca acaba de presentar a conselleira de Cultura sobre a famosa viaxe a Cuba e o coche novo que lle van comprar ao presidente da Xunta, pode parecer que segue sen haber crise económica e que a definitiva construcción da Cidade da Cultura está asegurada aínda que a multiplicación dos seus custos acabe sendo unha serie infinita.
De mojitos, escritores e artistas convidados a viaxar ao país das mulatas xa se ten falado moito. Agora o que chama a atención é que ao presidente da Xunta lle vaian comprar un coche oficial que custa 480.000 euros, despropósito en tempo de crise que acaba de denunciar o PP. Din os da Consellería de Presidencia que “o custo exacto non se di nunca por motivos de seguridade”, estrambótico razoamento que fai pensar en se os de Méndez Romeu non andarán pensando que os contribuíntes somos parvos. A seguridade relacionada con que se publique o que custa un coche oficial ou o prezo da escopeta dun garda civil?
E logo está a outra razón esgrimida: “É normal que o presidente teña un coche oficial, como todos os demais presidentes. É un vehículo blindado e con características particulares porque ás veces ten que circular a velocidade máis elevada ca normal”. O da primeira frase non ten discusión. Coche oficial téñeno, en efecto, todos os presidentes das comunidades autónomas que son, por certo, máis dunha ducia. O de que ten que circular a máis velocidade do normal xa entra no que ata pode parecer unha perversión da moral pública. Os condutores dos coches oficiais dos presidentes autonómicos non teñen que respectar, coma todos, o Código da Circulación? Por non facelo, o coche que utilizaba Manuel Fraga xa atropelou a máis dunha persoa nos seus tempos de rei de Galicia. Quere facer o mesmo Touriño?
Algo de razón leva o PP cando sostén que “Touriño solidarízase así dun curioso xeito con centos de miles de galegos que non chegan a fin de mes. De feito, tanto se solidariza que, mentres que o 80 por cento da cidadanía galega pasa apuros para pagar os seus recibos de luz e auga pola subida das hipotecas e pola inflación desbocada que padece Galicia, el cómprase co diñeiro de todos un coche que equivale ao soldo medio íntegro anual de 25 dos galegos para os que goberna”.

8 comentarios:

RIODERRADEIRO dijo...

Señor pluscuam/Perfecto, hoxe apuntoulle vostede ben coa espingarda.

Os temas da in/seguranza deben pasar sempre polo funil da barbería. Digo eu. ¿Ou non?

Hildegard Canido dijo...

Unha información de Europa Press, moi recentemente difundida, asegura que os altos cargos da Xunta dispoñen xa de 355 coches oficiais que nos custan a todos máis de 166.000 euros cada mes. O presidente dispón de catro coches e o vicepresidente e os conselleiros de dous cada un.
Estes vehículos consomen 2.230 euros cada día en combustible, e hai que sumar a este gasto 579.665 euros anuais en seguros e 600.201 en mantemento e conservación, o que supón unha media de 1.760,12 euros por cada coche.
O presidente da Xunta é o alto cargo que máis coches ten á súa disposición, catro en total. Deles, tres Audi A-8 blindados, e un A-6 que utiliza para cubrir as necesidades da residencia oficial de Monte Pío: trasladar a súa muller, etc.
Polo que se ve, a crise é para os de sempre. Os outros, cada vez máis ricos e a viviren mellor.

Anónimo dijo...

E sen autos, quén vai a innaugurar?
Sode terribeis

Anónimo dijo...

Ainda hoxe lemos na prensa que, según datos do Instituto Galego de Estatística "La tasa de riesgo de pobreza se cierne sobre un total de 393.000 gallegos, casi el 15% de la población".

Anónimo dijo...

Boas tardes.

Desculpen que hoxe entre como anónimo, pola natureza do que lles vou dicir.

Pasoume hai uns minutos, nun supermercado.

Atopeime cunha parella de rapaces que levaban consigo unha neniña que tería, a máis ter, un ano (camiñaba, pero creo que non falaba).

Estaban desesperados.

Querían mercar non sei qué, e faltábanlles 50 centímetos. El dicíalle a ela que llos cobraran de máis doutro lado.

Velos daba verdadeira pena. Mal vestidos, renegridos... Ata penso que non debía ulir moi ben. Desde logo, non parecían moi lavados.

Collín un billete, chameinos e díxenlles que lles caera. Non sei se o creron ou non (probablemente non) pero collérono correndo e marcharon.

Esa é, cada vez máis, a realidade que nos rodea.

Non vou facer xuízos morais -Deus me libre- porque a moral e particular sempre, e non vén ao caso.

Pero a ética non. A ética é universal. E baixo o seu amparo, digo que estou moi en desacordo con esas compras e con esas viaxes.

Porque aquí xa hai nenos en situacións dramáticas. E non sei se serán máis galegos que os dirixentes desa Nova Galiza que Estramos a Construír.

Pero, desde logo, sono tanto.

Perfecto Conde dijo...

Dan abondo que pensar a información e o comentario que aporta o Anónimo anterior. Casos coma o que el conta, que sen dúbida vanse multiplicar nos próximos tempos entre nós mesmos, deberían facer reflexionar e axir aos nosos gobernantes.
Non se pode seguir facendo o avestruz. A realidade é a que é e non a que nos contan políticos gobernantes, banqueiros e demais oligarcas do noso tempo. A maior aberración actual da moral pública é que se siga metendo na cadea a quen rouba unha galiña para comer e non se faga nada contra os sinvergonzas do neoliberalismo económico e financeiro que levaron o mundo ao atranco no que se atopa.
Por iso o relato que conta Anónimo desa parella do supermercado é case unha auténtica parábola do que está a acontecer. Magnífica, ademais, a súa reacción deixando caer ao chan un billete e dicíndolles que lles pertencía. Se houbera cineastas de verdade en Galicia estarían tomando nota da anécdota. O neorrealismo italiano envexaría unha secuencia así.

vinte-uil dijo...

Sr Conde,
Unha película "realista" que rodase esas esceas que vostede suxire non recibiría axudas de ningunha administración, nin dos de antes nin dos de agora. Ningún conselleiro ou alcalde iría ao estreno. E o peor: penso que moita xente miraría para outro lado. Non están os tempos para estas historias. Antes tiñamos a Gaioso e uns telexornais cheos de conselleiros e Fraga. Agora o mesmo, pero con Touriño.
Coñece algún sindicato ao que lle importen esas persoas?

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,