jueves, octubre 16, 2008

Ciao, Ramiro

O tren que me levaba o sábado pasado dende Milazzo a Cefalù, no norte de Sicilia, estaba a piques de entrar nun tunel cando me soou o teléfono. Era Antón Louro, deputado do PSOE, que me chamaba para avisarme de que Ramiro Fonte acababa de morrer. Foi como se me deran unha xostrada na alma. Ramiro era unha das poucas persoas ás que eu lle quería moito e sabíame correspondido por el.
Ultimamente vímonos pouco. Tiñamos pendiente unha cita en Vigo que non se cumpríu pola miña culpa. Non puiden asistir á homenaxe que lle fixeron en Ferrol porque estaba navegando daquela por augas de Grecia, e tampouco cheguei a tempo de irlle ao enterro porque estaba baixando de Lipari a Palermo cando morreu. Agora só me queda a lembranza daquel mozo entrañábel que coñecín en Santiago nos derradeiros anos setenta cando xa empezaba a ser o gran poeta galego que agora é. E a grande e boísima persoa que sempre foi Ramiro Fonte.
A súa memoria estará sempre na miña mente o no meu corazón. Somos moitos os que seguiremos querendo a Ramiro. Os seus versos estarán con nós e cos que veñan despois. A onde sexa que estea, mándolle esta flor que collín en Lipari para el. Eolo díxome que parou de soprar para que a súa alma puidese subir tranquilamente ao ceo. E Vulcano desmentíume categóricamente que estivese gardando a boca do inferno. Coido que ata Stromboli acendeu unha candea especial polo poeta de Pontedeume.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Ramiro sabía, Don Perfeuto, que vostede estaba aí.

Que sempre -sempre- estivo aí.

RIODERRADEIRO dijo...

Unha fermosa flor para honrar a un poeta que xa non a precisa.

Anónimo dijo...

Os poetas e a xente toda, sempre precisamos dunha flor. E, se é fermosa, máis aínda.

RIODERRADEIRO dijo...

O poeta xa nace con estrela e flor incorporadas. Somos nós, oferentes, quen nos agasallamos.

Anónimo dijo...

Ti tamén lle estiveches aí a Ramiro Fonte, Almiral Mouchez. Un home coma ti merece ser canonizado (permítaseme esta broma dita con todo o meu cariño para ambos os dous, grandísimos escritores e mellores persoas aínda).

Anónimo dijo...

Teo Cardalda colgou en YouTube un video que recolle a participación de Ramiro na celebración do Día das Letras Galegas, correpondente ao ano 1998, en Vilaxoán (Pontevedra).
Un documento que paga a pena ver na seguinte dirección:
http:es.youtube.com/watch?v=dCG424dnOSc

Anónimo dijo...

off white clothingoutlet
golden goose
birkin bags
kyrie irving shoes
supreme clothing
golden goose outlet
nike x off white
kyrie 5
supreme clothing
supreme hoodie