viernes, octubre 24, 2008

Constantino García

Daquela tamén fumaba eu en pipa e algunhas veces intercambeabamos tabaco. Eu ofrecíalle Dunhill e el regalábame Borkum Riff, se non lembro mal. Atopabamonos moito pola praza do Toural e Constantino García sempre me preguntaba se sabía algo máis do que aparecía nos xornais sobre tal ou cal cousa das que marcaban a actualidade.
Foi, logo de Enrique Vidal Abascal, Carlos Alonso del Real, Núñez Puertas e poucos máis, un dos primeiros catedráticos de Santiago que se apearon daquela solemnidade badoca que os caracterizou durante moitos anos despois da guerra civil, e o que mellor soubo meterse no caldo da cutura galega. A Constantino García, que era asturiano de Oviedo e quixo facerse galego universal, debémoslle a fundación do Instituto da Lingua Galega e moitas cousas máis, pero sobre todo débeselle o ter inspirado e posto a andar unha escola de lingüistas e sociolingüistas sen os que a Galicia que veu despois, a da autonomía e o nacionalismo, non sería quen de avanzar o que avanzou na investigación e na normalización da súa lingüística. Tería habido un Antón Santamarina, unha Charo Álvarez ou un Manuel González –só por poñer tres exemplos– sen que Constantino García deixase de ser "carballón" para converterse en "picheleiro"?
O caso é que se nos foi. Constantino García morreu aos 81 anos. Un día destes aínda hei volver a fumar unha pipada na súa memoria. Con Dunhill ou con Borkum Riff. Tanto nos ten xa aos dous.

4 comentarios:

Almiral Mouchez dijo...

Súmoe á súa dor pola perda do amigo, Don Perfeuto. Descanse en paz.

RIODERRADEIRO dijo...

Don im/Perfecto, o finado do Constantino García
élle ben merecente da súa bela nota de honra. Un exemplo de identificación co noso país e coa súa lingua. Os desleigados e falsos bilingüistas poderían aprender del aquela gallardía...

Soen as notas do himno de GaliZa.

Anónimo dijo...

Que magoa! Faleceu o noso grande profesor D. Constantino Garcia. Lembrome que o final dos anos '80 preguntaba a el para abri-lo curso de galego para estranxeiros. Falei con el, sempre levaba con cachimbo, e dicir, pipa. Descanse, D. Constantino. Dende o Pais do Sol Nacente, Taquino Asaka

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,