miércoles, octubre 08, 2008

Eolias

Non se vos pode deixar sos. Voume a Lipari e o chòfer dunha autoridade local de Vigo ponse a correr a 120 quilòmetros por hora onde non podìa pasar de 50. E dinme que non foi o coche do alcalde Abel Caballero senòn o do tenente alcalde Domìnguez. Que màis dà? Nesta materia son todos iguais.
Efectivamente, ando polas Eolias. Hoxe non podo cargar ningunha foto porque non disponho de tempo. Esta noite navegarei arredor do volcàn Stromboli, despois de pasar a tarde na illa de Panarea. A ver se podo facervos pronto algunha crònica. Onte comìn un peixe espada à maneira de Lipari que estaba para morrer de gusto. Falando de morrer, acabo de visitar o cemiterio de Lipari. Impresionante.

12 comentarios:

Almiral Mouchez dijo...

Stromboli...!!!!

(A tope)

RIODERRADEIRO dijo...

O comentario meu é un saúdo e a confesión indisimula dunha envexa insalvable por non poder roubarche esa gamela coa que andas a facer filigranas náuticas polos mares dos soños...

non se acaba o mundo... ou si, dijo...

Help!: lévenos con vostede, don Perfeuto, por deus llo pedimos, tírenos desta rotina que nos destroza.

perfecto conde drácula dijo...

Anda con tino, non sexa o demo que o volcán entre en erupción

Anónimo dijo...

Naveghar non é brincadeira.

Enredar, outra cousa.

Almiral Mouchez dijo...

Vostede que é un home sabio, Don Perfeuto, que pensa que vai pasar con toda esta loucura da economía?

É a cousa áinda máis grave do que tememos (fíxese o que aconteceu hoxe en Islandia, quén podía pensar tal catástrofe) ou os nosos bancos vanse aproveitar -unha vez máis- das circunstancias para capitalizarse con diñeiro público?

Anónimo dijo...

O almiral non é home de fe. Non sei por que pregunta. Prosega a navegar en paz o noso aventureiro eoliano.

Almiral Mouchez dijo...

Morreu Ramiro, Perfeuto.

Xa está con Deus.

Lémbrate del no medio do mar.

Navegando, baixo a luz das estrelas, coa mirada no ceo...

Anónimo dijo...

Don Perfecto,
Cando veña terá que contarnos a última operación de censura a gran escala na Radio Galega.
Sabemos o caso do "protomártir" Carlos Vázquez na tempada anterior, que vostede reseñou.
Este ano foron aló:
Xusto Beramendi, Antón Baamonde, Bieito Iglesias, Juan López Rico, Xosé Manuel Sarille e Suso Veiga, dos que eu saiba. Xa nos contará vostede dos que non sabemos.

Ché, el Argentino dijo...

Cultura galega ante o mundo


www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/05/29/0003_6859525.htm

Anónimo dijo...

É verdade que a Consellería de Cultura leva á Feira do Libro de Montevideo como representante de Galiza a Jaureguizar?

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,