jueves, octubre 30, 2008

Fóisenos outro dos bos

Entérome por Almiral Mouchez –sempre á última e sempre ben informado– do pasamento de Anxo Rei Ballesteros. Vaia tempada que levamos. Co autor de Dos anxos e dos mortos teño pasado moitas horas de intersantísimas conversas nos últimos anos setenta e primeiros oitenta, cando el empezaba a ser o fecundísimo escritor galego que acabou morrendo sen recibir o recoñecemento que merecía.
Atopabámonos todas as noites no pub compostelán Tamboura, que rexentaba unha das mulleres a quen eu quixen máis, Catuxa Batallán, tamén tristemente ausentada xa deste mundo. Dá mágoa ver como vai pasando o tempo e como nos van deixando moitos bos e xenerosos que merecían seguir acompañando as nosas vidas efímeras. Agora que Anxo nos deixa, á sombra dos seus sonos, non sei dicirlle máis que non sei cando nos veremos.

15 comentarios:

Almiral Mouchez dijo...

Fermosísimo fío, Don Perfeuto.

Escribe vostede coma Anxo e coma moi poucos máis...

Anónimo dijo...

Parabéns polo premio, amigo...e condolencias polo pasamento doutro amigo

Vou agasallarme cuns grolos de mencía e unhas páxinas de Anxo...

Manuel Lara

Almiral Mouchez dijo...

Noraboa polo premio, Don Perfeuto...!!!!!

(Sabe como aprobou Diego Bernal o bacharelato, contáronlle a súa chamada a Peleteiro, facéndose pasar polo cardeal Quiroga Palacios e dicíndolle ao director do colexio que o fillo do ferreteiro quería abrazar a tonsura eclesiástica, pero que o descrido de seu pai non lle deixaba se non superaba antes os exames de todas as asignaturas...???)

Anónimo dijo...

O meu pésame polo pasamento de Rei Ballesteros.

A miña felicitación polo merecido premio, don Perfeuto.

Asdo.:
O mundo non se acaba... ou si.

Anónimo dijo...

Non lle lin nada a este home.
Coñecin-no unha vez.
Non me caía ben.
Mais acredito que debía estar bastante fóra do sistema literario galego porque non hai choromiqueiras, nen grandes artigos de todas as vacas sagradas e por sacramentar do País Galego de Nazón lembrando o bo que era, cánto sabía, etc.

País de subvencionados!
País inventado, de capóns ben mantidos!
Se é o que dín, e non teño razóns para dubidar, ou sexa, un grande anovador da novela galega, é-lles ben cativo o eco da súa morte.
Nen palmando recoñecen acó a meritaxe...

Vimianzo dijo...

Home, anónimo, que hoxe fala del o ministro de cultura. Se nada lle liches, non che caía ben e por riba está claro que a o tema che importa un carallo, se cadra podías ir tomar un licor café a ver se che pasa ese resentimento contra a humanidade, que ademais non ten culpa ningunha de que saíses así.
Cólello?

RIODERRADEIRO dijo...

Tódolos éxitos rematan sempre no tremendo fracaso de morrer..., sen remedio.

Anónimo dijo...

Ai Vimianzo. Xa teño pai pra me dar consellos e confesor pra lavar os meus pecados e psiquiatra pra interpretar os meus soños.

Ai, qué pavero. Resulta que, como ti non es médico, non podes falar de enfermidades e como seguro que non es arquitecto tampouco podes perorar sobre edificios. Xa sabes, aplica-te o teu própio conto.

A min que me ten que fale de Ballesteros o Ministro de Cultura?
Pensas que teño algo contra a humanidade? Pois non. Teño-o contra esta cultureta de pandeireta hinchada a base de subvencións e amiguismo na que, seica, este bo señor non entraba por falla de gañas ou por falla de sitio, non sei.

E, querido, eu non tomo licor café. Tomo licor escocés porque son un colonizado.
"Cólello"?

Almiral Mouchez dijo...

Creo que Anxo Rei Ballesteros era sobre todo un home libre. Na máis nobre das significacións do termo.

E creo -tamén eu- que Galicia non é moi consciente a estas horas, ou iso me parece a min, do que para a súa literatura representa a desaparición dun autor desta importancia.

Eu non era amigo seu, non podo dicir tanto coma iso, pero tíñalle un gran afecto, e lémbrome moito estes días da última vez que estivemos xuntos.

O retrato que Don Perfeuto fai del resúltame conmovedor.

Que pasen vostedes unha boa fin de semana.

Ata mañá.

Vimianzo dijo...

Anónimo, recoñezo que me pasei ao falarche así, pero é que me cabreou moito a maneira na que te referiches a Rei cando acaba de morrer. Tes todo o dereito a falar do que che pete, home non. Nalgunhas cousas levas razón.

Anónimo dijo...

Vale, entendín.
Non quixen falar mal de Ballesteros nen lle faltar á memoria, nen faltar-che a ti ao respeto.
Qixen reflexionar -vexo que sen acerto- sobre un escritor do que dín que anovou á literatura galega, que lle deu un aire distinto, sen que andivese paseando palmito institucional, sen ir da man dos críticos (e críticas) universitarios que dominan o panorama galego (uns días aparecen nas editoriais, outros nas universidades, outros no Consello da Cultura Galega, outros na Real Academia Galega).

Este é un dos grandes valores, dos enormes valores deste home, Anxo Rey Ballesteros.

Vimianzo dijo...

Agradézoche, e creo que che agradecemos moitos, as túas palabras, Anónimo. Iso era Anxo. Unha voz á marxe de todo iso, que non só rexeitas ti, senón que rexeitamos moitos e moitas e que rexeitaba con todas as súas forzas, que non eran moitas, el. É importante ter aquí voces coma a túa aquí. Facedes deste blog unha porta á sensatez. Decátome da súa importancia con esta última intervención.

Anónimo dijo...

Miro case todos os días o portal Vieiros. Alí está pendurada a noticia da morte de Ballesteros. Desde o día que morreu. Hai un só comentario, un só.

Sen tirar conclusións que poidan ser desafortunadas, non deixa de ser chamativo ese silencio arredor do escritor.
Ou ben os internautas de Vieiros, portal de Nazón, non leron a este home (eu xa recoñecín que non e por iso falo da súa figura no panorama literario galego) ou ben é mellor avialo canto antes.

Cal é o problema? dijo...

E por que non falades con claridade do peor de todo isto?
Por que non dicides que un tipo cunha obra de calidade que non se casou con ninguén, e que ao morrer asta recibes as loubanzas do ministro de Cultura, foi olimpicamente ignorado polo sistema literario galego, que non quere xente que vaia por libre, senón tropa casada cos intereses de editores subvencionados, críticos e críticas subvencionados tanto na universidade como cando van confererenciar ante ninguén, publicación pagadas polos de sempre, etc,etc, etc?
Por que non falades claro?
Se cadra o problema é que todo isto é unha farsa da que viven catro, que nalgúns casos ata conseguiron prazas en propiedade na universidade a conta diso, aínda que non teñan nin alumnos, e así nos vai. A literatura de verdade aquí non lle preocupa a ninguén.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,