viernes, octubre 03, 2008

Sicilia outra vez

Seica en Betanzos andan tirando as fachadas das casas históricas. Estragaron a da Casa Gótica, por exemplo. O propietario tapáraa cunha lona o 31 de xullo e, ao destapala, descubriuse a tostada. O Concello agora pon o grito no ceo, pero non puido facer algo antes de que a piqueta levase por diante un dos edificios máis simbólicos da antiga capital provincial galega?
Eu, dentro dunhas horas, viaxo a Barcelona. Dumirei en Vlanova i la Geltrù. O sábado chegarei a Palermo á hora de comer. E, dende ali, a Milazzo, dúas horas de tren, para coller o barco que me levará a Lipari, se as previsións de ventos fortes non impiden a singradura. En Lipari estarei toda a semana que vén. Irei contando se atopo por alí lembranzas de Edda Ciano ou dos irmans Rosselli. Como tamén andarei polas illas veciñas de Stromboli e Vulcano, veremos se atopo algún recordo de Roberto Rossellini e Ingrid Bergman. Sempre ha haber algún internet point dende o que escribir algo neste recanto.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Parécenos moi ben (o de Sicilia, non o de Betanzos), don Perfecto, pero debería pensar nos que non dispomos como vostede do noso tempo e non pasarnos polos fuciños o seu xúbilo.
Sei que a envexa é un pecado, pero vosté é un tentador e correspóndelle parte da penitencia.

Anónimo dijo...

well its nice to know that you have great hits here.

Anónimo dijo...

Eu máis ben diría o contrario, que en Betanzos todo é unha fachada, que detrás da postal que se nos mostra dende o alto d'As Angustias (por poñer un exemplo)xa apenas queda nada/nadie. Mais eso si, é perfectamente nítido o Betanzos que foi medrando ó lado, o New Betanzos, o que foi recibindo o éxodo do outro. E xa é complicado todo porque xa existía Betanzos o Vello, logo o que agora morre coma unha leona ferida asiria non é 'o vello', é o que está entre 'o vello' e 'o novo'. En fin, que si, que xa unicamente queda(ba) tirar a(s) fachada(s).

p.d.: voa viaxe.

Anónimo dijo...

Antes de marchar, don Perfecto, agasállenos con outro comentario sobre o señor Caballero, que o colleron a 120 por hora na rúa do aeroporto, unha vía con limitación a 50.
O asunto está nos tribunais, que xa preguntaron quén conducía. Seguramente o conductor, como o seu nome indica, que terá que perder 6 puntos y pesa sobre el unha pena de prisión ou servicios á comunidade.
Penso que se o alcalde ía dentro, terá que pagar el, porque o conductor é un mandado.

Anónimo dijo...

Non era o coche do alcalde, senon o do tenente de alcalde, Domínguez, que non ía dentro.

Anónimo dijo...

Betanzos, metáfora do triste destino deste país.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Non se pode facer este post. É un delito. As illas Lipari, Sicilia... Faga o favor de non mandar afotos. Que siguin moltes les matinades.

Anónimo dijo...

NACE A ACADEMIA GALLEGA DE LA LENGUA ESPAÑOLA
Por que non?
Con todo o dereito do mundo. Xa que lle chamamos academia a unha cousa creada por asociación cultural, creo que de Padrón, por que os de Galicia Bilingüe non poden crear, con todo o dereito do mundo, unha Academia Gallega de la Lengua Española? Credes que tería menos resposta social que a Academia Galega da Lingua Portuguesa?
Que pouco repararon, Martiño (perdón, Martinho) e todos estes, no dano que lle están a facer ao galego!
Coincido, por unha vez, co que di Alonso Montero: estas cousas poden ter consecuencias tremendas no que atinxe ao desprestixio da lingua.
Porque aínda que ninguén lle vaia facer demasiado caso a unha suposta academia (é un falar, o de academia) que se crea a si mesma, iso dálles moitos argumentos aos que din que a suposta defensa do galego ten unha facilidade tremenda para caer en derivas totalmente insensatas.

Anónimo dijo...

Un pouco de tranquilidado. Que un grupo de amigos se xunten e dicidan chamarse a si mesmos académicos non ten ningún problema. É xogar un pouco coas palabras, porque por academia, a non ser que sexa unha desas de preparar oposcións, todos entendemos unha institución de certo peso nacidad dunha colectividade importante, pero que ninguén se enfade. O malo destas tonterías dos lusistas, e tamén iso penso eu, é que aínda que eles actúen coa mellor das instencións do mundo, cousa que ninguén lles cuestiona, fan moito dano a Galicia. O máis sorprendente é o papel xogado polo Bloque neste caso. Sen dúbida terá consecuencias. Parece que aquí hai que estar permanentemente colonizado, e que a única cuestión a debate é se os señoritos teñen que ser madrileños ou lisboetas. Nós, sempre con vontade de chacha. Supoño que os que estarán maís contentos con todo isto serán os de Galicia Bilingüe, porque se ben é certo que os lusistas non propoñen ningunha ilegalidade (substituír o galego polo portugués) tampouco eles o fan (defenden o español a ultranza, unha das maiores linguas do mundo, e verdadeiramente tamén nosa). Montero Santalla e os seus amiguiños perderon unha excelente ocasión para quedaren calados. Desperdiciárona.

Anónimo dijo...

Artigo de Caneiro na Voz de hoxe. Sae el en defensa da Real Academia Galega (unha academia de verdade, non unha trangallada) xa que os membros desa institución, coa única salvedade de Alonso Montero, fican calados.