domingo, octubre 26, 2008

A idade da dúbida

E, falando de Camilleri, hai tres días que se puxo á venda en Italia a súa última novela con Salvo Montalbano de protagonista. Trátase de L'età del dubbio (A idade da dúbida), e a acción transcorre coma sempre na imaxinaria cidade de Vigata, transunto da Porto Empedocle nadal do escritor siciliano.
Esta vez Montalbano indaga o que hai detrás da aparición dun cadáver que apareceu nun dos botes da embarcación de luxo na que viaxan unha señora e a súa equipaxe. O célebre comisario traballa coa tenente da Capitanía do Porto, Laura Belladonna, unha muller que fascina de tal xeito a Montalbano que remata pondo en cuestión a vella relación que mantén coa súa histórica noiva, Lidia. Laura, por un lado, e Lidia, por outro, poñen o personaxe de Andrea Camilleri na idade da dúbida.

3 comentarios:

RIODERRADEIRO dijo...

Señor im/Perfecto, "a idade da dúbida"...¡Quen dubidar, retórico - en seco -, de maneira tan grata!

A dúbida no Río é permanente.

RIODERRADEIRO dijo...

Permita, Don im/Perfecto

-No quixer comprometelo-,

Non sei se o santo dos CROQUES

Atende ou non en galego,

Pois pedín novos deseños:

Partituras de estrambote

E unha gaitiña que toque

Sen vacilar, no concerto.

RIODERRADEIRO dijo...

Sigo coas licencias, que estou de promoción por conta propia.

Só hai que se deixar levar pola curiosidade propia da profesión (civil)...

Nós coñecémonos, e ademais temos un amigo común que anda de embaixador polo mundo, esta vez a destecer o conflicto iraniano.

Saúde e saúdos.