viernes, diciembre 19, 2008

Chapuza

Entre a dramática puntería dese policía grego que rematou a vida dun pobre mozo ateniense e a pésima destreza en disparar que mostraron media ducia de policías nacionais da Coruña, un tende a pensar que algo funciona rematadamente mal ás veces entre os corpos de seguridade.
O suceso de Atenas nunca será abondo comentado, pero o a morte que lle fixeron sufrir a un becerro que se escapou do matadoiro coruñés acabará pasando á historia da incompetencia celtibérica. O que escribiría Luis Caradel se seguise vivo.
O lector non me cree? Pois vexa o video que recolle o que conto premendo aquí.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Con estas cousas, Don Perfeuto, un xa non sabe se rir ou chorar.

Que escape un becerro do matadoiro, que máis que becerro parece un cuxo -non creo eu que nin do ano pasara...-, e que se monte na rúa semellante número, con tiros de arma reglamentaria incluídos, demostra que vivimos no Reino da Pandeireta.

Tan difícil sería, home, botarlle unha corda ao animaliño, e levalo para o matadoiro?

Que escena tan ridícula...!!!!

Cando a Islandia chega, flotando nun pedazo de xeo, un oso polar -animal perigosísimo, aínda que a os ilustradores dos contos para nenos nolo fagan pasar por un becho simpático-, a xente de alí compórtase con bastante maior cabeza.

Deus me libre que un día escape aquí un león dun circo...

Pobres de nós!!!!

Bos días a todos.

Anónimo dijo...

"Entre a dramática puntería dese policía grego que rematou a vida dun pobre mozo ateniense e a pésima destreza en disparar que mostraron media ducia de policías nacionais da Coruña, un tende a pensar que algo funciona rematadamente mal ás veces entre os corpos de seguridade."

Don Perfecto, perdoe que lle diga, pero hai algo na redacción da segunda parte deste parágrago que non acaba de convencerme. Non sei, o da "pésima destreza" acho que non é axeitado. Quere dicir con iso que se a "pésima destreza en disparar" fose "destreza letal dos disparos", entón non tendería a pensar que "algo funciona rematadamente mal..."? Eu creo que a "pésima destreza" está na barbaridade mesma do acto de disparar, sen molestarse en buscarlle outra saída non tan criminal como a que se observa nas imaxes. Como, por exemplo, a que propón o vello amigo Almiral (a quen aproveito para saudar con devoción, que menos). E que conste que non falo desde nengún tipo de pureza ideolóxica. Aquí a única ideoloxía que hai é a da morte, a do Estado que mata. E de que maneira. E con que crueldade. Que noxo.

Anónimo dijo...

Ten toda a razón do mundo, Fogo Fatuo. A pésima destreza e a pésima categoría do acto policial da Coruña está na súa mesma barbaridade de disparar. Vostede comprendeu e explicou mellor ca min esa barbarie e por iso, co seu permiso, agora fago miñas as súa palabras.

Anónimo dijo...

Súmome ao espírito das súas palabras, Señor ou Señora Fogo Fatuo, e aproveito a ocasión para enviarlle eu tamén os saúdos máis afectuosos.