viernes, diciembre 12, 2008

Rosa Puente





Ao furor reivindi-
cador das casas-
santu-
ario da cultura galega, co que acaba de irromper no mercado o inci-
piente xornal finan-
ciado por un novo rico do ladrillo, digo eu que tamén se podería engadir algo que servise para salva-
gardar outro templo do galeguismo. Refírome á casa bonaren-
se do que foi, no seu tempo, o maior mecenas e promotor do galeguismo: Manuel Puente. Está no número 3760 da avenida Rivadavia de Buenos Aires, e nela sobrevive como pode a súa filla, Rosa Puente, autén-
tico tesouro ela mesma da mellor memoria galega.


Hai poucos días estiven nesa casa pola que pasaron e na que durmiron, en varios casos, persoas tan egrexias da nosa cultura coma Castelao, Eduardo Blanco Amor, Ramón Otero Pedrayo, Suárez Picallo, Luis Seoane, Lorenzo Varela, Arturo Cuadrado, Manuel Colmeiro, Xosé Luis Méndez Ferrín, Xesús Alonso Montero, Ramón de Valenzuela e moitos outros. Falei durante unha tarde enteira con Rosa Puente, alí moi preto de onde anarquista alemán Kurt Wilckens vingou as fazañas asasinas cometidas polo tenente coronel Varela cando foi someter a rebeldía popular que despertou na Patagonia outro anarquista, o galego Antonio Soto.
Rosa Puente é unha muller encantadora coa que un aprende en dúas horas máis historia real de Galicia da que se pode asimilar en vinte cursos da Universidade. É unha señora exquisitamente educada, agarimosa, culta e espilida pola que o paso dos anos só deixou as pegadas inescusábeis da bioloxía. Abríume o seu corazón e as súas lembranzas dende cando era unha nena privilexiada que se se subía aos colos do seu pai, de Castelao, de Blanco Amor, etc. ou dende cando, xa mociña, no ano 1945, vestiu orgullosa un traxe de galega deseñado por Castelao para desfilar, acompañada pola actriz Lita Soriano, na celebración do Día dos Mártires Galegos.
Naquela casa de Rivadavia 3760 traballou e pintou durante moitas horas Castelao. O pai de Rosa, Manuel Puente, foi precisamente o que prestou a vivenda do séptimo piso do número 2605 da avenida Belgrano, na que viviu o rianxeiro en Buenos Aires ata que morreu, nunha habitación do Centro Galego, o 7 de xaneiro de 1950. Alí desenvolvéronse importantes e numerosas sesións do Consello de Galiza e tiveron lugar tamén abondantes reunións de varias organizacións republicanas españolas do exilio, que ata tiveron a súa sede nesa casa durante algún tempo. O xeneral republicano Martínez Monge, por exemplo, foi un dos que atoparon acougo na casa de Puente da avenida Rivadavia.
Aquel templo do galeguismo, no que se teceu a publicación da inconclusa Historia de Galicia que dirixíu Otero Pedrayo, que foi publicada grazas aos auspicios de Manuel Puente, é hoxe unha sombra en perigo de extinción. Rosa Puente foi sometida polos milicos das sucesivas ditaduras arxentinas a expolios e mesmo vexacións de todo tipo, e a duras penas puido conservar só algo da herencia que lle deixou o seu pai. Agora vive coa angustia diaria de non saber que vai pasar co patrimonio cultural e político que aínda garda como un tesouro nas pinturas, libros, documentos e fotografías que herdou e que foi recolectando ela.
Rosa está vivindo como pode e non como quere. Non está aínda na miseria económica, pero as súa alma padece a miseria do abandono e da incomprensión. A filla do home que máis socorreu a cultura galega do exilio case se está vendo obrigada a pedir a esmola de quen lle poda botar unha man. A súa economía persoal a penas lle dá para pagar os impostos do único que lle queda, o templo da cultura galega que hai no número 3760 da avenida Rivadavia. Por non ter, xa non ten sequera a subvención que lle pagaba a Xunta de Galicia cando era gobernada por Fraga. Quitáronlla os que gobernan agora a Consellería de Cultura.
A Rosa Puente gustarialle morrer sabendo que a Fundación Manuel Puente, que creou para manter viva a memoria do seu pai e a de todos os galeguistas que se relacionaron con el, se concretase en algo real que servise para transcender unha época sen a que é imposíbel comprender toda a nosa historia recente. A casa da avenida Ribadavia podía ser un apropiado centro de estudios dunha época da Galicia emigrante e do exilio. Non se sabe que vai pasar alí nin que vai ser dos debuxos de Castelao que hai colgados nas paredes ou dos documentos e testemuños gráficos que enchen as gabetas.
Está moi ben que se reclame a casa de Castelao en Rianxo, pero hai outras polo mundo adiante que a febre nacioanalizadora de Ánxela Bugallo e de Xornal de Galicia tamén deberían atender.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Totalmente de acordo co comentario, menos cartos pro mausoleo do Gaias, e mais axuda para este e outros proxectos galeguistas que andan malvivindo polo mundo.

Anónimo dijo...

Totalmente de acordo co post. Pero non van facer nada porque non dá votos.

RIODERRADEIRO dijo...

¿Non estaremos en presencia dunha fixación do DON im/PERFECTO?

Anónimo dijo...

E se cadra, pero iso non é o importante. O importante é que estas cousas (o de Rosa Puente, o de Castelao) ocurran.

Anónimo dijo...

¡Qué bien escribes cuando quieres, amigo!

Salud y suerte.

Manuel Lara

Luisfoz dijo...

Quanto se figer pola memória de Manuel Puente, seria pouco. Recomendo a visita de seioque.com

Anónimo dijo...

Ten sentido estarlles impoñendo aos nenos, queiran ou non queiran os seus pais, o galego nas escolas, mentres o presidente da Xunta -de Galicia- recoñece nunha entrevista -en castelán- nun xornal -galego- que el o galego só o fala en público e que en privado sempre fala en español?
E aproveito para facerlles unha segunda pregunta, sobre outra cousa distinta: ¿Saben vostedes que político de Galicia, antes de encarmarse á esquerda e ás súas escaleiras, esgotou -como é evidente, sen éxito- as convocatorias para entrar na Escola Naval de Marín?

Anónimo dijo...

Sr. "cambiando de tema",e logo cal é o problema que ve vostede en presentarse a Academia Naval de Marín.
Ainda segue pensando que todos son fachas? Pódolle asegurar que coñezo a quen é militar ou pasmarote e tamén é de esquerdas.

Carqueixa