cendo a identidade concreta da persoa que agocha este seudónimo na arañeira. E non o digo porque pense que me poda defraudar o coñecemento desa persoa, que se mostra dignamente representante da especie humana, boísimo experto en cultura italiana, gorentoso amador da gastronomía do país de Dante e intelixente esculcador de realidades e subrrealidades varias.
Nun post que acaba de deixarme na entrada anterior repróbame con razón que non falase abondo das trippe (tripas) toscanesas e romanas, que para el –e para min– son un manxar delicioso. Un manxar que el coñece moito mellor ca min, polo que se ve, pois eu non as probei en Siena e el comeunas con queixo parmigiano e con fabas. Arume compáraas máis cos callos madrileños (sen garbanzos) que cos galegos. Nisto quizais non podamos concordar de todo, pero o seu apunte sobre o tema resulta do máis suxeridor.
A Arume emepecei a lelo cando era un dos habituais contertulios de Marcos Valcárcel nas Uvas na Solaina, e agora sigoo no seu propio blog, Arume dos Piñeiros, que leva o significativo subtítulo de Caxigalines nela reguera’l campizu. Un lugar recomendábel para quen busque a crítica intelixente, a expresión fina dos feitos e un toque de cosmopolitismo fiorentino. Grazas e noraboa, Arume.

8 comentarios:
Non sei como agradecerlle esto, amigo Perfecto. Buscarei a maneira de recompensar este honor que me fai.
Unha aperta moi emocionada.
Pois si señor, o tal Arume élle un blogueiro de primeira liña, un esculcador incansable da realidade, un paradigma do bo gusto e de xenerosidade que traballa abondo cada día para agasallarnos coas súas reflexións, sempre adobiadas e rebaixadas cunha dose deliberada de glamour, vamos, un blogueiro sen premio ningún que nos fai preguntarnos a cotío de se merecemos realmente esta súa dedicación.
Concordo co seu post, amigo Perfecto.
Trátase dun comentarista fino, informado e intelixente que sempre aporta unha dose de crítica necesaria.
As veces co risco de ser mal interpretado.
Un tipo listo ese Arume!
¡Bo, un cantante! (operístico, pero cantante)
Para o meu gusto, non tan "esculcador de realidades e subrrealidades varias" coma o de Arume, os callos romanos son bastante sosos, e o queixo é unha cousa que hai que tomar con pan e non requentado e mesturado co resto da comida. Tamén lles faltan o picante e o comiño. E os garavanzos, claro, ese produto de importación na cociña galega que tan ben lles vai.
Pois eu tampouco sei que é o creador ou a creadora dese ser virtual que é Arume, nin intentarei sabelo, pero súmome ás súas palabras, e aínda engadiría que é excepcional.
Permítanme simplemente unha nota para MS: un parmigiano con rucola (noces, se quere, pero non fai falta) e un aceto balsámico de Modena (eu uso o Giusti, pero tampouco hai que ser tan exquisito) con aceite de, poñamos, Pienza ou Montepulciano é sublime. E non fai falta moita preparación (eu non lle botaría nin basilico) como ve.
O comino é, con moito, para min, o peor dos callos á galega. Moito máis có exceso habitual de garbanzos.
Aproveito para agradecerlles os seus galantes cumpridos.
Arume é un espírito inquieto e refinado, sempre elegante e mesurado, un luxo que compartimos nas blogoleiras desta banda.
Aínda así, e a risco de deixar unha rúbrica paleta: o queixo con pan, si señor, coma ms.
Publicar un comentario