viernes, mayo 29, 2009

Desafiante Lorenzo

Acabo de ler as declaracións do seceretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, no Encontro Dixital de La Voz de Galicia. Moi interesantes. Lorenzo contesta en galego aínda que a pregunta que lle fagan lle fose expresada en castelán. Todo o que di pode ser gustosamente aceptado tanto polos partidarios do PSOE como do BNG e, sen lugar a dúbidas, polas moreas de independentes que nos sentimos amantes e defensores da cultura e do idioma que nos son máis propios. Neste sentido, o futuro consenso estaría asegurado por máis da metade dos galegos.
Definitivamente, se o xulgamos polo que di neste encontro, Anxo Lorenzo sería un bo secretario xeral de Política Lingüística dun goberno como o que presidiu Emilio Pérez Touriño. Tan bo ou moito mellor aínda do que o foi Marisol López, pero algo me fai pensar que pillou o tren nunha estación equivocada. E nunha dirección tamén errada. As súas palabras de hoxe contradín abertamente, e case desafían, as medidas anunciadas e xa comenzadas a tomar polo presidente da Xunta e polo conselleiro de Educación. De seguir esta esquizofrenia, alguén ha ter que demitir ou ser cesado nun futuro próximo, e é de supoñer que o que dimita no vaia ser o presidente da Xunta.

4 comentarios:

Touceda dijo...

Este "radical" defensor da lingua é o mesmo que firma informes para autorizar a modificación das probas de oposición suprimindo a esixencia do galego. Válianos Deus!

Alcíades dijo...

Anxo Lorenzo foi posto para crear contradiccións entre os defensores da lingua.
El di unha cousa e faise a contraria como estamos a comprobar, esto resulta mais ambiguo que dicir o que se fai claramente.
Non hai outra interpretación posibel que a de que se trata dunha persoa que se vendeu (tonto non é) ao PP.
Non vai seu o único.

Anónimo dijo...

Claro, e seguiremos sen nos preguntar as razóns polas que o noso idioma, ou, canto menos, o idioma galego produce en amplos grupos da cidadanía o rexeitamento que, para mal, ten por voceira a Gloria Lago.

O mellor é pasar o rato, sabendo que a língoa morre e as equipas de normalización cumpriron o seu labor (repasen vostedes os miles, MILES, de millóns de pelas que foron gastados en nada); para qué imos facer a pregunta de para qué serviron os socio-lingüistas de Nazón e os seus estudos, ben pagos, e as súas excursións polo mundo adiante.

Non, é mellor retornar á posición inicial, a de sempre: a resistencia.
E esquecer que houbo, na Universidade de Santiago de Compostela, un programa de normalización lingüística, patrocinado polo grande cheriff do Cortello da Cultura Galega, señor Barriga Verde, que falaba de perfilar determinadas prazas de profesorado para "frear a invansión de profesores vidos de fóra de Galicia", ou Galiza, que tamén vale.
Cánto mentireiro hai polo mundo!
E cánto atrapa-cartos de Nazón!

Anónimo dijo...

Como na supervivencia do idioma incidan realmente estas equipas de normalización, imos aviados. Deixarannos espidos, eivados, mudos e sen un euro.