miércoles, mayo 27, 2009

Ramón Piñeiro, anticomunista sectario

Débolle ao Foro de Arroutada o que finalmente non me pasase desapercibida a interesantísima entrevista que lle fixo Xosé Ramón Pena a Xosé Luís Méndez Ferrín, publicada por Faro de Vigo. O gran escritor nacionalista é, ata agora, o único que se desmarca da orquestada campaña pro Ramón Piñeiro que está a levarse a cabo mesmo por parte do aparato cultural do actual goberno conservador de Galicia.
O autor de Regreso a Tagen Ata comenza clarexando que non é un escritor satírico e que non é certo que o seu personaxe Ulm Roam sexa para nada un trasunto do autor do Siñificado metafísico da saudade. “Non hai nada diso –di Ferrín–. Ulm Roam é unha figura que actúa dentro dun movemento de liberación nacional: trátase de alguén que, nun momento determinado, decide abandonar o combate e aceptar unha solución pactada co dominador. Este personaxe existiu realmente en diferentes movementos de liberación nacional; por exemplo en Irlanda temos a Michael Collins. Unha lectura “irlandesa” da obra podería considerar que Ulm Roam é Collins. Pero tampouco sería verdade; en realidade, Ulm Roam é un personaxe de ficción, iso é todo”.
Para Médez Ferrín “o de Ramón Piñeiro é un anticomunismo propio da Guerra Fría. El temía moito que o seu círculo se contaminase da influencia do Partido Comunista; de aí que marcase unhas barreiras moi drásticas. Mesmo, en privado, chegou a acusar de comunistas a Luís Seoane ou Isaac Díaz Pardo, ou a mirar con moi malos ollos a miña amizade con Luís Soto e cos exiliados de México”.
Ao entrevistado parécelle un chiste a suposta pertenencia de Piñeiro á CIA, pero dá por certo que “o del foi un claro espazo de difusuón de propagada inspirada pola CIA”, e aporta un dato concreto: “A CIA, ao ver como medraban as CC-OO, promoveu a creación de sindicatos que virían frear tal proceso; ese sindicato chamábase ASO (Asociación Sindical Obrera). A propaganda de ASO, espectacularmente ben deseñada e impresa en Perpignan, foi difundida desde o despacho de Ramón Piñeiro. Cando se creou o PSG, o primeiro periódico do partido, titulado “Adiante”, apareceu impreso nese mesmo enderezo, en Perpignan. Repito que non creo que Piñeiro fose axente da CIA, pero si que estaba abertamente nesa órbita, diso non cabe dúbida ningunha. Polo demais, é natural, dado que el era atlantista e estaba de acordo cos proxectos políticos dos Estados Unidos”.
Ferrín di que Piñeiro acabou entrando no PSOE “para ser escoitado, para ser oído decide entrar en contacto co PSOE porque doutro xeito tiña que permancer na casa, sen máis”, e considera as súas ideas fracasadas por completo: “Todo o pensamento filossófico de Piñeiro, a filosofía da saudade… iso é unha antigalla que produce hilaridade. A súa concepción da literatura galega é reduccionista, moi pobre. A condena do nacionalismo non tivo ningún éxito porque non hai ningún partido galeguista non nacionalista. Que queda de Piñeiro? Queda o que fixo pola lingua, pola cultura. Pero iso teno que compartir, entre outros, con D. Paco del Riego que foi o verdadeiro motor da editorial Galaxia”.
Ferrín móstrase sorprendido de que haxa xente que antes estivo enfrontada con Piñeiro e que agora defende a súa figura: “O máximo defensor que hai hoxe da figura de Ramón Piñeiro é o presidente Núñez Feijóo. Tamén o Opus Dei, ou teólogos como Torres Queiruga, aprezan moito a súa figura, o que xa ten o seu aquel tendo en conta que Piñeiro era ateo. É curioso que un escritor comunista como Xesús Alonso Montero tamén reivindique ao máis grande anticomunista que houbo no galeguismo… non sei como o explicará”.
Por non recoñecerlle, Ferrín nin sequera lle recoñece a Piñeiro a súa sonada sobriedade socrática: “A sobriedade e todas esas virtudes serán magníficas. Non obstante, Ramón Piñeiro daba todo por Galicia, pero nunca tivo unha relación laboral con nada. Desde 1943, foi un liberado: primeiro, do Partido Galeguista, e, máis tarde, polo grupo Galaxia. Eu non critico tal cousa, pero esa é a verdade. Non dubido da súa ética, pero non é superior á de calquera outro resistente antifranquista. Canto á humildade… Piñeiro era alguén dominado pola paixón de mando, por posuír as conciencias dos demais. Penso que foron moitas as persoas que se deberon sentir enganadas por el e que o foron abandonando. Cando entrou como deputado no PSOE, os seus ompañeiros que figuraron como “galeguistas históricos” non eran tales; porque se Alfredo Conde ou Carlos Casares se consideran “galeguistas históricos”, eu debo ser “galeguista paleolítico” ou algo así”.
Outra perla maís. Cando o entrevistador lle pregunta se con Piñeiro non estamos diante dun sectario, Ferrín responde: “Totalmente. Para sectarios el, que actuaba como un gurú, e máis o seu grupo. Quen lle dá auatoridade a Ramón Piñeiro? Estamos diante de alguén que se cre escolleito para dirixir as conciencias e que pensa que o país non estaba preparado para recibir a gran mensaxe. Os seus xuízos, é duro dicilo, eran apodícticos; parecía que che estaba suxerindo algo cando, en realidade, só quería impoñer e impoñer. Non obstante, teño que dicir que a min non me perturbou nada a súa persoa”.
Xosé Luís Méndez Ferrín, académico da RAG, votou en contra de que se lle dedicase a Piñeiro o Días das Letras deste ano. Aínda así, acudíu á celebración que tivo lugar en Láncara o 17 de maio e non estivo presente na manifestación desenvolvida ese día en Santiago a favor da lingua galega.

15 comentarios:

Anónimo dijo...

Pobriño Méndez Ferrin, ese trasunto de Sísifo, eternamente condeado a ser o que podería ter sido.

Serantellos dijo...

¿E que dirá agora González Tosar, o muleiro de Ferrín, chorón de "bágoas amargas" cando soubera na Habana da morte de Piñeiro? País de loucos,onde Ferrín acusa a Piñeiro, prologuista seu, e non dos peores, de tentar apoderarse das mentes alleas? ¿E logo que fai el cando dicta leccións de ortodoxia resesa dirixidas a elementos precisados de director espiritual?

Anónimo dijo...

Penso que Méndez Lenín fala ben e fala claro sobre Piñeiro.

Claro que chamar "sectario", él, a Ramón Piñeiro, pois produce un non sei qué no corpo.

Méndez debería escreber sonre Piñeiro e deixar-se de entrevistas.
Ah, tamén aclarar algunhas cousas da Editorial Galaxia; por exemplo, cando non lles pagaban os catro patacóns de dereitos de autor ás irmás Castelao.

Touceda dijo...

O de Alonso Montero, reconvertido en propagandista do maior anticomunista que houbo no galeguismo, debería merecer unha explicación. Agardo con interese o libro que prometeu sobre Piñeiro, por ver como argumenta esa conversión relixiosa, pero a priori resúltame francamente incomprensble ese chaquetazo do que sempre foi un aplicado agit-prop do comunismo. Quererá Alonso Montero seguir os pasos do francés Roger Garaudy? Será un dos que teñen o aparador cheo de fantasmas?

Asisado dijo...

Ferrín unha vez máis cae na desmesura. O que pensa crítica política remata sendo esperpento.

Estoutro dijo...

Desmesurado Ferrín ou non, o caso certo é que Piñeiro foi un anticomunista sectario. Diga o que diga agora Alonso Montero.

Anónimo dijo...

Stalin,Korea do norte,ALbania, Camboxa, Polonia etc etc... Xulgamos polas intencións ou polos feitos?... Ou é que o comunismo real é o que queremos?. Se Ferrín quere vivir nun país como Korea norte ou a antiga Albania ou a antiga URSS ala el. Que non conte conmigo

Anónimo dijo...

Non te preocupes. Contigo xa non contaba. Ou que pensabas?

marcel swann dijo...

Velaquí algunhas preguntas sobre Ramón Piñeiro que aínda ninguén respondeu:

(1) Como influiu na evolución ideoloóxica de Ramón Piñeiro a súa estadía do cárcere?

(2) Que papel xogou nesa evolución a actuación do(s) seu(s) protectores, nomeadamente García-Sabell?

(3) Foron adiante as arelas culturais e políticas de Piñeiro? Recordemos:
- Galeguización de todos os partidos políticos.
- Inserción de Galicia en Europa como unha "comunidade básica".

Anónimo dijo...

Piñeirismo como antinacionalismo, Xoan Carlos Garrido (Galicia Nación).

Mondeo dijo...

O Piñeirismo deulle moito xogo aos sucesores de Piñeiro para colaborar coa dereita reaccionaria e antigalega e aparecer como respetabeis galeguistas ante as esquerdas e os nacionalistas. Os piñeiristas son xentes de poder, as que lles tira moitísimo o diñeiro. Son os primeiros que comezaron a vivir da cultura galega, a montar negocios coa administración, precedentes dos actuais chiringos. Ferrín mantivose sempre lonxe destas corruptelas, pero na actualidade a súa sede de fama e gloria non atópa sosego e lánzase s nos brazos dos menos recomendabeis.Ferrín quere o beneplacito dos extorsionadores da cultura galega, e o pobre non se da conta que os seus pasos son demasiado visibeis, que por moito que critique a Piñeiro, el, por meros intereses personais, está a entregarse ao mesmo ao que el se entregou, a un culturalismo que antepón o elitismo cultural manfioso(Lancara) aos intereses políticos(manifestación do 17)

Anónimo dijo...

Para o anónimo das 14,13: si que contan conmigo e como os que son coma min. Se volven vostedes agardanos o Gulag...

Anónimo dijo...

Tranquil, president, tranquil! Se volven os que ti dis xa sei que ides jodidos ti e os teus, pero será con con razón. O problema é que volvades ti e os teus, porque nese caso os que imos jodidos somos todos. Fachas á merda e máis merda merda para todos os fachas. Galicia é dos galegos e non dos cagapedreiros. Estás a oiíme, lobicán? Vai a que che mande algo o amo.

Luisfoz dijo...

Pode-se ler com muito proveito o livro de Carlos Velasco: "Piñeiro e o piñeirismo em perspectiva histórica", Verá-se que Ferrín não inventa nada.

Vasconcelos dijo...

Teño moita curiosidade sobre cal será a perspectiva histórica cando se proxecte riba de Ferrín. Inelectual, pobrísimo, axente político, friqui, escritor, especialista no "corte e pega". Lástima que non a veremos, querido Luisfoz, fique aí o meu pronóstico.