viernes, mayo 01, 2009

Un presidente escravo dos profetas da discordia

Non rematou nin sequera de nomear todos os compoñentes do seu goberno e xa parece Alberto Núñez Feijóo un presidente gravemente tocado. O artigo que lle dedica hoxe en El País Manuel Rivas é dos que a calquera lle sacarían as cores da cara e lle darían ganas de recollerse na casa e non saír á rúa para nada durante esta fin de semana polo menos. E a a información que publica o mesmo xornal sobre os comportamentos cada vez máis escandalosos do seu conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas deberialle abondar para ir pensando xa en substituílo de inmediato.
Ou sexa, aínda non empezou a gobernar e xa está gravemente tocado o presidente do PP. A penas en quince días dilapidou case totalmente a esperanza que algún día se puido poñer nel de que podía ser o gobernante que modernizase e dignificase a dereita galega. Lonxe de facelo, deixouse abducir polo pior que sempre tivo esa dereita. Definitivamente, Núñez Feijóo botou a perder a enorme oportunidade de ser o Adolfo Suárez que acabara co Movimiento galego e que pasara á historia coma o político reformador que se cadra nos facía falta. Deixouse enlear polos profetas da discordia e vai camiño de rematar escravo das súas propias contradicións. Demasiados fracasos para Galicia en só dous meses.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

É certo que Elentir esta detras das tramas de GB?

cãosemdono dijo...

Adolfo Suárez de Galicia?? Político reformista que Galicia necesita??

Vostede é un cachondo, obviamente.

Anónimo dijo...

A ver, qué ou quén é Elentir?

Anónimo dijo...

Google/ imaxes

Anónimo dijo...

Belén Regueira, a sensatez

http://www.youtube.com/watch?v=NYH_Pltivpo


Asinar o manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego en:

http://www.amesanl.org/campanhas/convivenciaeigualdade.htm

O dia 17 manifestación en Santiago

Eles teñea a Cope e Intereconomia, El Mundo, La Voz, etc Nós teremos como mínimo algo de sentido e algo de razón

Almiral Mouchez dijo...

Boas tardes a todos.

Estes días, por circunstancias persoais un tanto difíciles, ando pouco pola Rede...

(En realidade, non ando nada.)

Pero quería pasar a dicirlles ola a todos.

E, de paso, un apunte:

Viron que interesante termo acuña hoxe X. M. Pereiro no seu artigo?

AGALFABETOS

(Magnífico.)

El refírese aos membros do executivo galego (a metade, que medo...!!!) que non saben falar a lingua do país.

Boas tardes a todos.