miércoles, junio 20, 2007
Sucesos
Leo en La Voz de Galicia que un septuaxenario de Ourense foi detido por unha plantación de marihuana. O paisano, de 76 anos, tiña 67 plantas de cannabis nunha finca da súa propiedade no concello de Rairiz da Veiga. Ou 76 plantas, segundo se di noutro lado da noticia. Neste caso, unha por cada ano de vida.
O home di que el non sabía nada de tal cultivo clandestino, pero a Garda Civil vaino denunciar pola suposta comisión dun delito contra a saúde pública. Xa me gustaría a min chegar á súa idade con tamaños folgos. Cultivaría o velliño a maría para consumo propio? Para agasallar aos netos quizais? Ou non será todo unha desas serpes de verán que se lle cruzan no camiño con demasiada frecuencia ás forzas de seguridade? Hase saber. Como se ha saber tamén se o rapaz de Queirugas –ou é de Burgos?– quixo engrosar a nómina de personaxes de A sangre fría. En fin, que non cesa a páxina de sucesos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Todo isto pasa por non téremos legalizado as drogas.
Igual o propio home denunciouse a si mesmo en acto patriótico en beneficio da televisión pública de todos os galegos e para fornecer de noticias os seus informativos. Sexa cal for o goberno, os sucesos mandan na TVG.
O da TVG si que é de pecado. Unha televisión que tamén droga e non a deteñen. Igualiño que cando mandaba o PP.
Publicar un comentario