sábado, noviembre 17, 2007

Adiviñanza


Quen escribíu, e publicou no mes de setembro, a haxiogafría que aperece a continuación? O primeiro acertante gañará un monicreque pintado por López. Por certo, onde anda López? Que veña que tén que debuxar!

Antón Losada
é unha das cabezas mellor amobladas deste País. De formación enciclopédica, é dos poucos casos que, con só 40 anos, amorea experiencias como a da docencia de aulas universitarias, a xestión empresarial (foi Director Xeral de RADIOVOZ), as colaboracións xornalísticas en todos os “media”, a creación literaria e de ensaio e máis o compromiso político e gobernamental. Losada é un ideólogo, un creador de mensaxes e un bó xestor. Losada foi un protagonista moi sobranceiro da nova linguaxe política amosada polo BNG dende a elección de Anxo Quintana para o cargo de portavoz nacional, hai case catro anos. Nos anos 2002 ao 2005 foi a voz oficiosa do galeguismo político nas tertulias da SER e, despois, no debate “59 segundos” da TVE. Afeitos á tradicional inexistencia da visión galega en Madrid, a lóxica discursiva e dialéctica de A. Losada, xunto coa sua desacomplexada defensa do nacionalismo galego (nunha época que era moi difícil estas valentías) permitiron que parte da nosa cidadanía seguese as súas tertulias de radio e TV (e máis os seus artigos en XORNAL, “El Periódico de Catalunya” e outros medios) cunha xustificada fachenda: “Velaí un dos nosos. Que razón tén e que ben fala” O profesor Losada foi quén de deixar o terreo do asesoramento e da teoría para baixar á area política, implicándose de cheo no proxecto nacionalista de Anxo Quintana ao entrar no seu goberno como secretario xeral da Vicepresidencia. Naquela altura, por certo, perdeu un bó feixe de cartos, ao deixar as súas ben remuneradas tertulias e colaboracións xornalísticas pola incompatibilidade co seu soldo de alto cargo da Xunta. Este inconveniente non o arredou e asumiu o seu traballo con profesionalidade, capacidade de xestión e-tamén-con paixón galeguista. E a súa impronta ten sinalado a creación e consolidación do Consorcio Galego do Benestar, da Sociedade Galega de Servizos Sociais (canda CAIXAGALICIA e CAIXANOVA) e máis a reactivación da Comisión Mixta de Transferencias cara á súa evolución nunha Comisión Bilateral Xunta-Estado. Xunto cunha morea de traballo ben organizado e estruturado. Mais o principal contributo de Losada á política galega (e nomeadamente á política nacionalista galega) é a súa privilexiada comprensión do fenómeno dos medios de comunicación e da conformación da opinión pública. Dende unha linguaxe e unha praxe moderna, profesional e-tamén-comprometida. Velaí o espazo no que Losada semella ser máis orixinal. O tempo político, cando se vive con entrega, corre moi rápido e fai notar a súa pegada con máis intensidade ca o tempo biolóxico. Antón Losada decidiu o tempo e hora da súa marcha. Porén, semella que seguerá achegando ao País e ao galeguismo político os seus coñecementos e experiencia.

16 comentarios:

Anónimo dijo...

E sería Josito Pereiro. Ou non?

Anónimo dijo...

O seu avogado no asunto dos polis e agora seu sucesor no cargo, Pérez-Lema.

Anónimo dijo...

José Luis Gómez

Anónimo dijo...

Gañei non só un debuxo de López, senón tamén uns guisquises polos datos completos que dou a continuación. Non si, don Perfeuto?

Xoán Antón Pérez-Lema López

Nado no 1964. Licenciado en Dereito e Letrado-Asesor de Empresas pola Universidade Pontificia Comillas de Madrid (ICAI-ICADE) co grao de sobresaínte. Avogado en exercicio dende 1989.
Cursou o doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela. Máster en Dereito Fiscal (1990).Dende xullo do 1991 até 1997 foi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galiza. Dende outubro do 1987 a febreiro do 1990 foi Xefe do Gabinete Técnico da Consellaría da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia.
Foi Vicepresidente da Asociación de Xoves Empresarios da Coruña, da Federeción Galega de Asociacións de Xoves Empresarios e Secretario xeral do Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA), do que arestora é Vicepresidente Primeiro. Secretario do “Clube Financeiro Atlántico” da Coruña dende marzo do 1999. Socio da Asociación Española de Dereito Deportivo. Secretario de varias entidades urbanísticas colaboradoras.
Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados da Coruña na área de Dereito Administrativo (1995-1998) nas materias “Proceso contencioso-administrativo” e “Proceso administrativo” e profesor da Universidade de Vigo na súa Facultade de Ciencias Sociais na área de “Sistema xurídico-político galego” (curso 2000-2001).
Síndico da creba de distintas sociedades. Administrador do concurso de distintas sociedades por nomeamento directo do Xulgado do Mercantil. Autor dun curso de “Procedemento administrativo para funcionarios de entidades locais de Galiza” que impartiu de xeito semipresenzal dende o Gabinete Xurídico para a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) entre 1999 e 2001.
Colaborou en revistas xurídicas varias e debates radiofónicos (Radiovoz entre xaneiro e novembro do 2005, arestora no “Faladoiro” da Radio Galega). Colaborou como asesor xurídico dos programas de TV “Encontros” da TVG (xaneiro 2002-outubro 2003), “Tres pies al gato” de Localia Coruña (2002-2003) e “O Vagalume” da TVE-2 (1999). Foi relator do “Foro Novo Estatuto” (2004-05) e redactor de varios termos xurídicos (“xustiza”, “xusto prezo” e “Tribunal Superior de Xustiza” na “Enciclopedia Galega Universal” (EGU) editada por “Edicións Ir Indo”.
Coautor do libro “O Terceiro Estatuto Galego” I:S:B:N: 84-8408-3402-9), editado por Tórculo Edicións (2006), co seu traballo “As competencias de xustiza e Dereito Civil nos novos procesos de creación estatutaria da España plurinacional”. Realizou os cursos de especialización do Colexio de Avogados da Coruña en Dereito Concursal.
Canda socio-codirector, é o responsabel da área de Dereito Público do Gabinete.

Anónimo dijo...

Pois eu aínda manteño a esperanza de gañar. Penso que puido ser Suso Iglesias.

Anónimo dijo...

Pois eu xa non concurso, logo. Unha ladaíña coma a que representa o artigo en cuestión só pode estar escrita por algún dos que me precederon nestes comentarios. Non son capaz de imaxinar a ninguén máis perdendo tanto os papeis para defender interesadamente a un amigo protector.
Por certo, se foi Pérez Lema, vaia vergonza allea me dá. Cando se regulamenten en serio as incompatibilidades dos cargos políticos debería incluirse que ninguén que escriba unha cousa coma esta sobre un cargo cesante poda ser o seu sucesor en ningún caso.
O que se ve é que Antón Losada foi substituído por si mesmo na figura dun pequeno clon seu.
Imos aviados.

Anónimo dijo...

E esta extraordinaria peza xornalística, digna de Gabriel García Márquez ou de Mario Vargas Llosa, onde foi publicada? Non sería no "New York Times" ou en "Le Monde"?
Eu dirialle ó autor que estas cousas fanse de tapadillo. Como cando Cándido facía de negro para o abade do Escorial. Facelas para darlle coba ó que se pretende substituír dá moito cante.

Anónimo dijo...

Ese texto foi publicado en Xornal.com.

Acabo de gañarme outra ronda de güisquises, verdade, don Perfeuto?

bestarruza dijo...

Xa que logo, hai vai outra adiviña: ¿quen dixo "non" hai dous anos a Antonio Losada para ocupar o cargo de Secretaría Xeral da Vicepresidencia da Igoaldade e do Benestar?

Anónimo dijo...

Boh, todo moi fácil. Foi Pérez Lema, membro do cuadrilátero máxico (hai que temerlle) que une a Antón Losada, José Luís Gómez, Xurxo Lobato e a este avogado da Coruña. Todos moi amiguiños do Quin. Pola comenencia.

E dixéralle que non a Quin para ser segundo do Antón o actual secretario xeral, Ferreira, que cando veu os modos do Losada fuxiu por patas.

Quero o premio que me corresponde!!! :))

Anónimo dijo...

Eh, eh, Anónimo, non te arrogues o premio. Que eu fun quen primeiro acertou no de Pérez-Lema. Vaia jeta teñen algúns!

Anónimo dijo...

Efective wonder, ó cuarteto máxico hai que temerlle porque se están colocando as súas catro patas (para un banco). Un deles, despois de que o botaran do último traballo do que saíu pola porta de atrás, e xa van tres, anda mirando a ver se se pode colar tamén na Xunta, institución que vai camiño de servir para acoller os que non poden vivir sen salarios altos e non os atopan na empresa privada. Eis outra adiviñanza. A ver quen acerta o nome do aspirante e o posto no que quere que o coloquen.

Anónimo dijo...

Resposta ao último Anónimo:

José Luis Gómez ou, o que é o mesmo, Xosé Luís Gómez.

Vou pillar unha cogorza de tanto acertar!

Anónimo dijo...

Ou ao mellor refírese a un fotógrafo: X.L.

bestarruza dijo...

¿O postillo podería ser o de Director de Comunicación da Vicepresidencia? A ver se polo menos tiro ao pau...

Anónimo dijo...

Acertou o meu último homónimo. Eu xa o sabía, pero non era a pregunta do concurso.