domingo, noviembre 11, 2007

"¡Se callen, coño!" ou "¿por que no te callas?"


Dende o famoso “se callen, coño”, pronunciado polo golpista Antonio Tejero durante a patética intentona de golpe de estado na que participou tomando o Congreso dos Deputados o 23 de febreiro de 1981, ningún personaxe do devalar político contemporáneo volvera a pronunciar unha frase tan esperpéntica coma do Rei de España no derradeiro debate do cumio hispanoamericano que acaba de ter lugar en Santiago de Chile.
“Por que no te callas?”, berroulle o noso xefe do Estado ao xefe do Estado venezolano, Hugo Chávez, logo de que éste lle cahamase “fascista” ao ex presidente do goberno español Xosé María Aznar, algo que tamén foi criticado polo actual presidente Xosé Luís Zapatero (ver video aquí). Dá mágoa observar como a linguaxe que antes parecía exclusiva das “verduleras” rematou instalándose na dialéctica dos nosos próceres despois de pasar ampla e contundentemente polos programas de televisión de consumo masivo.
Que Hugo Chávez insultase a Aznar non sei a quen pode sorprender. O político español das guedellas participou en contubernios e conspiracións dirixidas contra o que foi militar golpista antes de converterse en gobernante democraticamente elixido polos venezolanos. O raro sería que Chávez falase ben de Aznar ou que éste se volvese chavista de repente e sen permiso de Busch. E conste que non intento xustificar a inportuna perorata demagóxica do case que ditador “democrático” bolivariano.
Con algunhas horas de retraso, Zapatero subíuse á altura das circunstancias cando tentou poñer a Chávez no seu sitio dicíndolle que “se pode estar nas antípodas dunha posición ideolóxica”, pero que “o ex presidente Aznar foi elixido polos españois e esíxolle…”. Neste punto foi interrompido por Xoán Carlos I, que sinalou a Chávez co dedo para berrarlle: “Por qué no te callas?”. Só lle faltou engadir o “coño” de Tejero para que o enxebrismo celtibérico se apoderase do cumio de Santiago de Chile. Anda que non debeu sentir vergonza allea a pobre Michelle Bachellet!
O malo deste pavero e infantil incidente é que só servíu para ocultar realidades máis preocupantes que veñen denunciando varios mandatarios latinoamericanos sobre a prepotencia mostrada nos seus países por algunhas empresas españolas, entre as que hai polo menos dúas galegas. E estas queixas non proveñen só da Venezuela de Chávez ou da Nicaragua de Daniel Ortega. Foron emitidas tamén en Arxentina, en Colombia e noutros países. O caso máis redundante protagonízao precisamente unha desas empresas que no seu día foron galegas, Fenosa, que empezou facéndose célebre na costa atlántica colombiana moito antes de ter problemas en Tegucigalpa. O mesmo Chile, país anfitrión do cumio latinoamericano deste ano, podía ter moito que contar se se lles preguntase aos indios mapuches o que lles pasou con empresas españolas recentemente.
Lonxe de todo isto, a reacción heterodoxa do monarca español, que sucedeu a Franco na xefatura do Estado por designación do ditador, foi a de mandar calar a Chávez, que rapidamente aproveitou a ocasión para lembrarlle a Xoan Carlos I que el tamén é xefe de Estado, pero coa diferencia importante de que foi elixido democraticamente, e que a el non lle tapa a boca ningún monarca estranxeiro. Imaxina alguén que pasaría se seguísemos na Idade Media? Pois que, a estas horas, os súbditos destes dous inventores da penicilina xa estariamos movilizados para andarmos e ballestazos nunha guerra de soberanía. Por que non se calarían os dous e así non tería un que mandarlle calar ao outro?
Hai quen di que o Rei de España anda nervoso polo vendaval que corre contra el e contra a institución que representa e, se cadra, isto é o que fai que perda a compostura como a perdeu en Santiago de Chile. Dende logo, como siga así, vanlle empezar a medrar os ananos e ha ter que facer cola para que o reciban cos brazos abertos algúns dos “irmans de América”. O seu “se callen, coño”, digo “por qué no te callas?” seguramente removeu nas súas tumbas a Malinche, Atahualpa, Bolívar, Maceo e uns cantos personaxes máis e mitos do continente que aínda lle sangan as veas.

15 comentarios:

Anónimo dijo...

Sin que esto signifique un solo argumento en favor de Chaves, no dejemos pasar desapercibidas las críticas a empresas españolas como Unión Fenosa o Repsol. Parece que si lo hacen Exxon o United Fruits merece la crítica de la izquierda española, pero lo nuestro no lo vemos. Y ese es un argumento para Morales y Chaves, aunque no sepan utilizarlo.
Nos queda Lula. ¡Pobres latinoamericanos! ¡Qué herencia les hemos dejado! Y, por si fuera pocos, burocracias corruptas. ¡Más que en Europa!

Anónimo dijo...

Ola, Don Perfeuto...!!!

(Boas tardes a todos, amigos)

A min pareceume moi ben a intervención de El Rei.

Que pasa...???

(Ah, pensei...!!!)

Almiral Mouchez

Anónimo dijo...

Simplemente El Rei estivo fora de lugar.

Anónimo dijo...

El Rei, por ser tal, xa está fóra de lugar. E de tempo, sobre todo.

Anónimo dijo...

Primeiro: O Borbón non é quen para mandar calar a ninguén.
Segundo: o escritor Aznar xamais respetou á maioría dos españois na guerra de Irak e por riba minteu como un cosaco, apoiou o golpe en Venezuela e iso si que é gravisimo e nadie neste país lle pideu contas, e seguro que o Xefe do Estado Borbónico, non lle chamou a atención.
Terceiro: e un fascista nas súas ideas, no seu comportamento antes e despois de ser presidente (ollar biografía), Chávez dixo en alto e claro o que pensamos moitos españois.
Cuarto: Podemos estar ou non dacordo con Chavez. pero o estar pendente dun fío se te van a dar pasaporte ao outro mundo, e por riba coa complicidade do suxeto Aznar, eu non lle chamaría fascista, chamarialle criminal de guerra.
Quinto: A quen defendía o borbón,¿Aos españois?. Anda xa, que se jodan. Neses intres defendía quizais as súas acccións en Repsol ou Fenosa, quen sabe.
Sesto: Cantas barbaridades dixo o escritor Aznar en foros de Iberoamérica (Opus) en contra de Chávez inclusive insultos persoais, e ninguén nin o borbón lle dixo " por que no te callas".
Séptimo:Agora o que se tiña que facer era pescudar sobre as declaracións de Ortega sobre Fenosa e outras corporacións, pero este goberno non se quere enterar.
Final:Xa empezan os "falsimedia" a falar dese patriorismo de salón, rastrero e ramblón. Non se pode hoxe ir de rei pensando que aínda os indios e as colonias de Iberoamerica son os seus vasallos.
E non nos esquezamos que o borbón non o puxo o pobo, o puxo Franco pola Gracia de Dios.



Répública xa

Anónimo dijo...

República xa... remata un comentarista. Cómo se fora a panacea!.
Por certo, qué república vas nos traer: a de Paco Vázquez, ex-alcalde herculino e actual embaixador ante a Santa Sede ou a de Xesús Alonso Montero, persoa que quere morrer (estamos a tempo) co carné do PCE ou PCG na boca?.
Simpáticos estos republicanos de palleiro que son iso, republicanos, en horas da siesta, porque durante o día son comunistas ou socialistas.
U-los republicanos de raza?.
Nen se sabe.
U-los republicanos do PCE que nos trouxeron a Monarquía na Transición?.
Ah..., sobre iso calamos, no tema mellor non remexer non vai ser que os republicanos de entón (PSOE e PCE) decidiran aceptar a Monarquía... e así imos.
Un chisco de seriedade sería cousa de manter neste blog.
A maiores, Chavez, como é negrito, golpista e cristián e milico e ten un discursete de esquerdas, engaiola ao persoal da vella Europa, que non ve máis aló do fociño esquerdista. Será posible?
E, oigan, Chavez tiña toda a razón de se revolver contra Asnar porque apoiou o golpe de estado que contra Chavez se ergueu (él, Chavez, que ten un almario golpista ben bonito...) e o presidente de Nicaragua tiña toda a razón para cantar, no seu turno, toda a canción contra Unión Fenosa e a embaixada española.
Ou sexa, que non se trabuquen. Que non son nen monárquico, nen chavista, nen sandinista. Tampouco republicano. Ou sexa, que non penso votar na miña vida, nunca máis, e que se ven o chico ese do PP, Núñez non-sei-qué, que veña, ao mellor tamén é republicano o chico e todos felices.

Anónimo dijo...

Home, para un vez que ao Borbón lle sentan ben os jüisquis, non hai por qué lle quitar mérito... E a frase de alterada sintaxe coa que un dos asaltantes do Congreso quixo dar tamén un golpe de Estado contra a gramática foi: "Se sienten, coño".
Por certo, que daquela case todos sentaron (agás Suárez e Carrillo), igual que desta o Chávez calou. É o que teñen as regueifas de taberna, tan típicas destes congresos hispano-luso-americano-filipinos.

Anónimo dijo...

Chiste contado por un arxentino vivindo en España: O Ministro arxentino de fomento(ou equivalente), ven visitar ao seu homólogo español.Vai a súa casa. Observa o luxo no que vive. Pregunta de onde saca os cartos. ¿Ves aquela ponte, di o español?. O 3% para min. Desta volta é o español o que vai á Arxentina. Mesma escena. Pregunta. ?Ves aquela ponte?...?Que ponte? di o español.(Non hai ponte). o 100% para min...Douscentos anos de autogoberno e as corruptas elites gobernantes destes paises ainda andan co colonialismo español. Os problemas de Fenosa en Nicaragua e que ninguén paga a electricidade.Ainda mais: roubana.Os sandinistas non son capaces de recaudar impostos nin de subvencionar a electricidade.Xa vai sendo hora de que todos estes gobernantes latinoamericanos deixen de roubar, aprendan a gobernar e fagan a súa autocritica como a fixemos e facemos os deste lado do atlático como mostran as páxinas masoquistas deste blog sen ir mais lonxe(Para os que lean francés unha recomendación: La tyrannie de la penitence de Pascal Bruckner en Grasset)...
PD: Borges: Imaginemos que Suecia fuese una república y Suiza una monarquia...¿Cambiaría algo?

Anónimo dijo...

Javier Ortiz publicou en "Público" o seguinte artículo sobre este tema:

La Cumbre, por los suelos
12 Nov 2007

Por más que repaso las funciones que el art. 62 de la Constitución atribuye al Rey, no veo en cuál de ellas podría encajar que el titular de la Corona de España se dirija públicamente a un jefe de Estado extranjero y le reclame de malos modos que se calle, como hizo nuestro Borbón en la Cumbre Iberoamericana de Santiago de Chile.

El conminado, Hugo Chávez, respondió al monarca español que, por muy Rey que sea, no es quién para cerrar la boca al presidente electo de un Estado soberano. Lo cual, desplantes pendencieros al margen, es jurídicamente exacto. La Constitución Española (art. 64) fija en qué condiciones debe actuar el Rey en política: siempre con el previo refrendo del Ejecutivo, puesto que su persona está exenta de responsabilidad (art. 56.3).

Tratan ahora de convencernos de que los aspavientos de Juan Carlos de Borbón, incluido su posterior abandono airado del salón donde se celebraba la Cumbre, habían sido acordados de antemano con el Gobierno. Es absurdo. Primero, porque lo que sucedió no podía estar previsto (¿o es que lo habían acordado también con Chávez y con Ortega?). Segundo, porque no tendría sentido que el Gobierno español utilizara como ariete pendenciero a un Jefe de Estado cuyo papel político está legalmente limitado a la mera representación institucional.

En resumen: es obvio que el Rey perdió los papeles. Tiene poco que hacer y lo hace mal.

Todo lo cual es por completo independiente de la desabrida discusión que mantuvieron Zapatero y Chávez, aunque ésa también se las trajo.

Para empezar, el presidente del Ejecutivo español podría haberse ahorrado sus paternales lecciones de economía neoliberal. Alguien debería haberle dicho que serían interpretadas como una defensa de los desmanes de las multinacionales españolas, que se están cubriendo de gloria en América Latina.

Por su parte, el presidente de Venezuela debería saber que no es una prioridad determinar qué (des)calificativo cuadra mejor al anterior presidente del Gobierno de España.

Un día antes, Zapatero había dicho que en esta Cumbre se iba a pasar de los discursos a los actos. La verdad: yo pensé que se refería a otra cosa.

Anónimo dijo...

Vale, un artigo de Javier Ortix en Público. Ortiz antes escrebía en El Mundo.
Será Ortiz unha magdalena republicana?. O principio da monarquía é aberrante, fique claro, e non se sostén que unha persoa reine por chamarse así ou asá. Outro asunto é cómo desenvolve o seu papel e, realmente, se hai que zouparlle ao Rei por ter dito catro palabras a Chavez (que será republicano pero é bastante impresentable) para que deixara de tocar a santísima, pois ánomo, zoupen e berren viva a república.
Non, se esta esquerda, en canto ve un uniforme, un tipo con labia, un partido metendo man na caixa mentres se declara "antimperialista" e lle vende petroleo a USA, esta nosa esquerda é que babea como un caracol sen cornos, dito sexa de paso.
O máis importante que se lle ocorre aos nosos esquerdistas de palleiro é re-montarse na chepa do milico Chavez para atacar eo Borbón, e así, un paso adiante, dous atrás, achegarnos á república.
Patética esta esquerda que esquece que hai algún gobernante venezolano que organizou e armou a unhas milicias cidadás que, agora, balean a mozos estudantes universitarios opostos a certos proxectos políticos de Chavez. Con mortos, oigan señores, con mortos na rúa. Pero iso tanto ten no progreso da historia.
Repito: patética esta esquerda española e galega.

Deborah dijo...

Para todos los que han comentado este artículo en este blog, solo me resta decirle que si algún día quieren opinar con hechos fehacientes sobre quien es y que se merece Hugo Chávez, pues los exhorto a que viajen a Venezuela y vivan allí una temporada y observar de cerca, la actitud realmente fascista de ese individuo. Si alguien tiene alguna duda en que Chávez es un verdadero Fascista busquen en la Real academia la definición de fascista y creo que no les podrá quedar más claro de que este personaje lo es.

Aznar es una fascista? Eso supongo que lo sabrán bien todos los españoles que han vivido en sus carnes el mandato de este individuo, pero a mi que soy Venezolana y he vivido bajo el régimen de Hugo Chávez, nadie podrá discutirme el totalitarismo que esta persona disfruta.

Ante la duda de si es correcto que un Rey se incline en plena ceremonia a mandar a callar a un presidente grosero que interrumpe la intervención legítima de otro presidente, no seré yo quien se detenga a analizar esto, pero desde mi perspectiva y después de soportar más de 8 años de de vejación por parte de un gobierno que no tolera las disidencias, los improperios directos de un presidente que insulta a sus propios habitantes por el simple hecho de no comulgar con sus creencias, y paro de contar… luego de estar viviendo tanto atropello por solo ser oposición, me queda una pequeña alegría de que alguien, se haya atrevido a ponerle frente a sus malcriadeces.

Este Sr. Hugo Chávez de goza de una profunda ignorancia, tiene en la misma medida la prepotencia de creer que puede hacer lo que le venga en gana cuando le parezca, donde le parezca y con quien le parezca, actitud algo muy parecida a la del mandatario Estadounidense George Bush, pero lo más terrible de su carácter es que su vanidad lo convierte en un ser implacable al que muchos temen contradecir por no despertar su furia, que con todo el poder que goza puede llegar a ser nefasta. Si no lo creen pueden entrar en esta pagina de youtube http://www.youtube.com/watch?v=N5ojuHEsNs8 y mirar como un importante profesor, por terror a desatar la furia de este hombre, asiente ante la burrada que afirmaba Chávez de que la humanidad tiene 25 siglos de historia.

Si este individuo (Hugo Chávez) no es totalitarista y fascista, que alguien me diga entonces en qué se diferencia este de Aznar. Y les recuerdo para terminar que históricamente nunca ha existido militares que sean de izquierda, por si aún quieren seguir creyendo el cuento que este señor le quiere meter a todo el mundo para ganar simpatizantes, pero el sol no se tapa con un solo dedo.

Anónimo dijo...

Si Aznar es fascista,es un curioso fascista que renunció voluntariamente a prolongar su mandato. Decía Don alvaro Cunqueiro que en tiempos antiguos entre los bretones, había unos sabios que se encargaban de que las palabras mantuvieran su correcto significado. Deben de haber muerto todos. ¿Como debemos llamar, ya que Aznar es un fascista, a Mussolini o a Hitler, ambos por cierto, procedentes del socialismo (Hitler del Partido Obrero Alemán)

Hildegard Canido dijo...

No xornal de Buenos Aires "Página 12" apareceu o seguinte artículo:

El exabrupto

Por Eduardo Pavlovsky

El lenguaje de Chávez está lleno de exabruptos –se necesitan esos exabruptos–, muchos más serán para buscar un lenguaje que no sea el acostumbrado retórico y bizarro de las cumbres. La búsqueda de un lenguaje de exabruptos intempestivo, violento, sorpresivo, que rompa el lenguaje vacío y anodino de las reuniones de los presidentes. El 30 por ciento de los latinoamericanos vive debajo de la línea de pobreza, ese era el tema a discutir; el otro lenguaje, el de las formas, queda en el anecdotario de las reuniones sociales de los chismes. Pero ese lenguaje carece de la fuerza del exabrupto. El que expresa la miseria y el dolor del hambre, el que no abdica, el que grita la enfermedad y las enfermedades neurológicas de los niños latinoamericanos por desnutrición. Chávez es un impulsivo que denunció la complicidad del gobierno español en el golpe que lo quiso derrocar en el 2002. Chávez grita ensordecedoramente. Chávez guaranguea.

La figura del ex presidente Aznar junto a Bush y Blair en la foto del imperialismo criminal del ataque a Irak. Imborrable en su obsecuencia extrema. Grito ensordecedor de la traición de la ética, ¡no olvidemos la foto por favor! Necesitamos un lenguaje nuevo, lenguaje de páramo sin alimentos, sin agua, sin salud, sin esperanza. Lenguaje nuevo que exprese la miseria y nos duela el cuerpo al escucharlo –inventar un nuevo lenguaje que no produzca belleza, sino hambre infinita, mortalidad infantil, donde nuestros ojos se desorbiten como esos monstruos sin lactancias–, palabras sensaciones son las de Chávez que no dejan de callarse nunca, que produzcan convulsiones como respuestas, que seamos epilépticos por un rato, que nos cadavericen, exabruptos bien venidos. Exabruptos nuevos, obscenos por lo subversivo, la gran desgracia que ya se interiorizó como normal es la resignación, la tristeza, la adaptación. El exabrupto es la esperanza, aunque se ofendan los reyes por un rato, el nuevo lenguaje confrontativo del mestizo Hugo trae nuevas esperanzas, como cuando lo liberó bajando de los cerros la humildad humillada de los pobres y menesterosos que se convertían en humanos al liderarlos Chávez.
Basta de edificios de lenguaje que no nos sirven más para expresar nada, que ya no abarcan nada, que ya no explican nada, palabras vacías de conferencias y simposiums. Necesitamos exabruptos que expresen los ojos reventados de hambre, los dolores infinitos, los aullidos. Que exploten toda la impostura y de esos escombros el lenguaje nuevo. La belleza de los restos, poesía de los escombros. A la hoguera con los lenguajes viejos, olor a trampa, a impudicia, a corrupción por todos los rincones. Necesitamos el lenguaje de las patas en las fuentes de los cabecitas del 17 de octubre. De los indios de Morales que tanto escandalizan a los blancos bolivianos. Construyamos un lenguaje lleno de exabruptos. Chávez es obsceno. Potencia de nuevas palabras que cambien el lenguaje que ya no dice nada, de retórica bizarra y encallecida que envejece y escucharla ya da vergüenza.
Un nuevo lenguaje alegre potente para un nuevo hombre. Pero necesitamos de muchos exabruptos para que no haya más vidas desquiciadas, desperdigadas, subhumanas en nuestro continente. Un aullido muy grande. Para eso te necesitamos mucho, querido Hugo Chávez, peleando siempre con la fuerza de tu lenguaje. Exabrupto puro siempre. Que los burgueses y los terratenientes se escandalicen, pero vos nos haces sentir invencibles por un rato. Las revoluciones sociales siempre han sido grandes exabruptos. Escandalosas. Con tu maestro, el gran Fidel, el inmortal, siempre a tu lado.

Anónimo dijo...

Este Pavlosky merece vivir bajo un regimen castro-chavista...

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,