jueves, noviembre 01, 2007

A nómina de Pérez Varela











Nómina (do latín nomina, nombres), na súa primeira acepción recollida tanto no Diccinario de la Lengua Española (RAE) como no Gran Diccionario Xerais da Lingua, poño por casos, significa lista ou catálogo de nomes de persoas ou cousas. Independentemente da segunda acepción que ambas fontes etimolóxicas lle dan a esta palabra (relación de persoas que cobran un salario), facerlle a nómina é exactamente o que lle fixo o deputado do BNG Carlos Aymerich ao ex conselleiro de Cultura Xesús Pérez Varela cando compareceu na comisión que investiga a Cidade da Cultura o pasado 29 de outubro.
O no seu día hóspede político de Fraga e ex director do xornal extremeiro El Imparcial debeu pensar que a mellor maneira de encarar unha boa treboada non é abrindo o paraugas senón poñéndose un mesmo a relampar como se fose un Thor calquera. Iso foi o que tentou facer o admirador da cantante galega Carmina Burana. Debeu pensar que tantos anos a carón dun ex ministro de Franco abondarialle para ser un bo mestre de retórica que noquease os inquiridores do Bloque (Aymerich) e do PSdeG-PSOE (Fernández Leiceaga) que ese día acudiron ao pazo do Hórreo con dentes moi afiados, sobre todo o primeiro.
Non lle servíu de nada, polo tanto, impostar a voz ou sobreactuar ata extremos de patetismo case inusitado. Carlos Aymerich quixo ser un Baltasar Garzón que interrogase a un batasuno exaltado ou a un comerciante de “fariña” das Rías Baixas, e non lle deixou nin sequera respirar. “Dígame vostede, se lle parece, cal era o seu patrimonio persoal antes de chegar á Consellería de Cultura e cal é o de agora”, empeñouse en espetarlle unha e outra vez sen lograr nunca que Pérez Varela lle concretase nada máis ca unha frase que pode ter lecturas diferentes: “Eu son –díxolle– un home básicamente honrado”. Basicamente, basicamente honrado, quen non o é? O que pasa é que a min dame o corpo que Aymerich non lle preguntaba só pola base. Tamén indagaba polo resto da obra, tellado incluído.

Plexus
Cabreouse, polo tanto, o voceiro nacionalista na Comisión da Cidade da Cultura e botou a man á media ducia de folios con notas manuscritas que levaba e a varios informes e referencias empresariais cos que teceu a rede de empresas e de persoas relacionados co político comparecente. A nómina de Pérez Varela, por dicilo brevemente.
Para empezar, Tecnologías Plexus. S.L., unha empresa administrada por Antonio Agrasar Cascallar, que foi asesor de telecomunicacións da Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) cando esta entidade estaba dirixida por Francisco Campos Freire, un xornalista natural da Terra Cha luguesa que pasou dos seus anos mozos cercanos ao Partido Comunista á alta execución empresarial durante varios gobernos da dereita. Agrasar foi tamén membro da ponencia que se encargou de proxectar o edificio de novas tecnoloxías que estivo previsto que se construíra na Cidade da Cultura.
En Plexus tamén están Carlos Hrenández Sande, apoderado, e Xosé María Sánchez González, Chema, un avogado nacido en Betanzos no ano 1961 que entrou na función pública como interino a finais dos anos oitenta. En 1993 aprobou a oposición ao corpo superior de funcionarios (grupo A) e, dende o 30 de xaneiro de 1993 ao 16 de febreiro de 1994, foi subdirector xeral de coordinación da oficina do portavoz do goberno de Fraga. Dende o 17 de febreiro de 1994 ata o 13 de xaneiro de 1996, foi subdirector de coordinación administrativa da Consellaría de Cultura, departamento no que foi nomeado secretario xeral o 20 de xuño de 1996 cando Xesús Pérez Varela susbtituíu a Vítor Manuel Vázquez Portomeñe.
Xosé María Sánchez González cesou na Consellaría de Cultura o 6 de febreiro de 1998 e o seu cargo de secretario xeral pasou a ser ocupado por Andrés González Murga. Poucos meses despois, en xuño de 1998, foi nomeado presidente do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), cargo no que cesou en abril do 2000. Seis anos antes, en setembro de 1994, solicitara a compatibilidade para exercer de avogado, que lle foi concedida un mes máis tarde. Dende aquela exerce de avogado con despacho no primeiro andar do predio que ocupa os números 22 e 24 da rúa compostelá deo Xeneral Pardiñas, lugar onde están radicadas tamén algunhas das empresas relacionadas con Pérez Varela. Sánchez tamén foi membro do consello de administración da sociedade anónima que xestionou o Xacobeo e participou na preparación do programa de Terra Mítica.

SIM
Segundo explicou Aymerich na sesión que desenvolveu a Comisión da Cidade da Cultura o 29 de outubro, a empresa Soluciones Informáticas y Multimedia, S.L (SIM) tamén se formou dentro da órbita trazada por Pérez Varela durante o seu paso pola Xunta. A fronte dela, outro ex alto cargo: Xosé Manuel Soto Vázquez, que foi director xeral de Comunicación Social e Audiovisual de 1995 a 1998. Este enxeñeiro superior de Telecomunicacións ocupouse na Xunta de conceder as redes de cable, potenciar a industria audiovisual e extender a autopista da información e a rede de microemisores de televisión.
Antes xa fundara e dirixira, de 1986 a 1995, unha consultora de telecomunicacións chamada Soinco coa que participou no estabrecemento da rede de difusión da radio e da televisión galegas, na rede Trunking, na rede de radioenlaces dixitais, na de telecomunicacións do Parque Tecnolóxico e na rede de voz, datos e cableado estruturado da Universidade de Santiago. O seu primeiro traballo, logo de licenciarse na ETS de Enxeneiros de Telecomunicación de Madrid, en 1979, foi dirixir a empresa Datanova, da que tamén era socio, adicada a desenvolver e comercializar solucións informatícas, e que foi o primeiro comercializador de Macintosh-Apple en Galicia.
Cando saíu da Xunta, en 1998, pasou a ser director xeral da empresa Intelsis na que estivo ata o ano 2000 e na que incrementou as vendas nun 268 por cento ampliando a carteira de clientes a Airtel, Uni2, Ericsson, Siemens e Marconi e iniciando actividades con Brasil, México e Cuba.
De Intelsis, Soto pasou a ser o director territorial de Telefónica para Galicia e Asturias, cargo que ocupou dende o ano 2000 ata o 2002. Durante este tempo estabreceu contratos de voz, datos e móviles coa Xunta de Galicia e xestionou o máximo nivel da interlocución con gobernos autónomos, concellos e grandes empresas de Galicia e Asturias. No momento actual Xosé Manuel Soto é director xeral de SIM, S.L. Como el mesmo se encargou de autocertificarse, o 18 de xuño de 2003, dende a dirección xeral de SIM, participou “na xénese da Cidade da Cultura dende o seu cargo de Dir. Xral. De Comunicacións Sociais e Audiovisuais, así como tamén a través do Padroado da Cidade da Cultura como director territorial de Telefónica durante os anos 2001-2002”.

Auditores Asociados
Francisco Loimil Garrido e a súa empresa Auditores Asociados de Galicia, S.A. foron contratados polos departamentos do goberno autonómico que controlou Pérez Varela para asesorar varios aspectos da Cidade da Cultura, o Xacobeo, a celebración da Volvo Ocean Race, a Fundación do Deporte Galego, etc. A muller de Loimil, Virxinia González Varela, foi colocada na Fundación da Cidade da Cultura polo seu director xerente, Ánxel Currás Fernández, irmán do daquela conselleiro de Educación do goberno fraguista, Celso Currás.
A Emilio Álvarez Rey, fillo dun ex secretario xeral de Economía do goberno do que formaba parte Pérez Varela fóronlle adxudicados sen concurso contratos relacionados coa seguridade de datos e a dixitalización documental por importe de 60.000 euros.

Comunled
Na empresa Comunled, S.A. é como se se puxeran de acordo todos para coincidiren nela. Francisco Campos Freire, ex director xeral da CRTVG, un dos administradores. Xosé María Sánchez González, Chema, ex secretario xeral de Cultura, un dos presidentes. Xosé Manuel Soto Vázquez, ex director xeral de Comunicacións Sociais e Audiovisiuais, conselleiro delegado. Francisco Loimil Garrido, o “asesor” para case todo, administrador. E para que houbera alguén de Madrid, como dixo Aymerich, Rafael Cortés Elvira, ex secretario xeral do Deporte nun dos gobernos de Felipe González, tamén administrador de Comunled.

Globalpatent, S.L. e Promociones Culturales Inversiones Financieras e Inmobiliarias, S.L.
Estas dúas empresas teñen a sede no mesmo andar da rúa Xeneral Pardiñas de Santiago no que está o despacho de avogado de Xosé María Sánchez González, Chema. Un lugar ao que lle chama “a casa dos maletíns”, segundo dixo no Parlamento o deputado Aymerich.
Aquí volve a repetirse polo menos un dos nomes. En Globalpatent Patentes y Marcas, S.L. é administrador Xosé María Sánchez González, que tamén exerce o cargo de administrador único en Promociones Culturales Inversiones Financieras e Inmobiliarias, S.L.

Por esta rede de Xesús Pérez Varela, que foi definida por Carlos Aymerich, circularon tamén Manuel Fernández Balboa, irman de Elvira Fernández, esposa de Mariano Rajoy Brey, que foi nomeado director económico financeiro da Cidade da Cultura; Ánxel Currás Frenández, director xerente da mesma entidade e irmán do daquela conselleiro de Edcucación, Celso Currás; Alfredo Díaz Grande, marido da que foi conselleira de Familia dun dos gobernos de Fraga, Pilar Rojo Nogueira, o arquitecto ao se lle encargaron a coordinación do concurso de ideas para a Cidade da Cultura e home de fraca memoria como demostrou o día que compareceu diante da comisión investigadora; e Eladio Cuíña Crespo, xerente da empresa Inasus que lle subcontratou a Necso-Copasa varias obras da Cidade da Cultura e que petenece tamén ao ex conselleiro de Ordenación do Territorio e ex secretario xeral do PPdeG Xosé Cuíña.
A totalidade dos que figuran nesta nómina forman parte doutras numerosas e moi diversas empresas. O propio Pérez Varela formou coa súa muller, María Luísa Cidoncha Berlanga, Chuvieira, S.L., unha empresa adicada á organización de espectáculos, entre outras cousas, que provee de “pingües beneficisos” aos seus fundadores, segundo recoñeceu no Parlamento o propio Pérez Varela minutos antes de que lle recomendara a Aymerich ler “a entrevista póstuma (sic) que lle fixo a Antón Losada un xornal de tirada nacional”.

11 comentarios:

non se acaba o mundo dijo...

Non hai gravacións que se poidan ver publicamente desta comparecencia?

O indignante do asunto é que ninguén vai acabar no cárcere.

Anónimo dijo...

Benquerido blogueiro: ó ex conselleiro non dixo que fora honrado, dixo exactamente "son un persona fundamentalmente honesta". Vostede, que gosta de acudir ós diccionarios, saberá que ainda que ista verba é usada como sinómimo de honrado, non é mais que un dexenaración, reollida pola RAE na súa última acepción, por aquelo de non llevarlle a contraria ó usario. O que dia o DRAE é:

honesto, ta.
(Del lat. honestus).
1. adj. Decente o decoroso.
2. adj. Recatado, pudoroso.
3. adj. Razonable, justo.
4. adj. Probo, recto, honrado.

Anónimo dijo...

Non hai gravacións e a prensa recolleu moi malamente a comparecencia. "El Correo Gallego" non citou nin un dato dos que que recolle don Perefeuto. Noraboa, Perfeuto.

Anónimo dijo...

A reportaxe fotografica ilustra moi ben o que sucedeu: dunha entrada triunfal ó intercambio de insultos.

pepito grillo (ubi bene, ibi patria) dijo...

Acostumbraba D.Salvador de Madariaga a precisar que "Honrado se es de cintura para arriba; honesto, de cintura para abajo"

non se acaba o mundo dijo...

Co seu léxico florido e coa súa innata capacidade para crear unha nova semántica, Pérez Varela debería ser subido aos altares en compaña de Gil y Gil. Os lingüístas teñen aí un gran filón: urxe unha tese de doutoramento xa.

Anónimo dijo...

¿Sabemos qué quixo decir cando falou de que a súa empresa lle proporciona píngües beneficios?

Anónimo dijo...

Vaia morea de crápulas. Como dicía a miña avoa, "mala centella os coma"

Anónimo dijo...

santa nómina

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,

Anónimo dijo...

Señor Perfecto Conde, non estarái de máis que investigase ao aquí mencinado Chema Sánches, a ver que está a facer no Pp de Teo con mister Guerra! Que queren sacar de aí...