sábado, noviembre 17, 2007

Nun ano amortizaríase o enterro da Cidade da Cultura


Por fin houbo quen se atreveu a dicir en público o que moitos pensamos en privado. Andrés Precedo Ledo, un catedrático da Universidade de Santiago que petrenceu ao Opus Dei e ocupou altos cargos durante o reinado de Manuel Fraga na Xunta, publica hoxe en La Voz de Galicia un artículo, titulado Basta ya con el Gaiás, que non tén desperdicio.
Coñecín o autor hai varios anos da man de Carme Carballo, actual directora do Club Internacional de Prensa de Santiago e daquela asesora de comunicación de Andrés Precedo cando desempeñaba os cargos de secretario xeral de Planificación e Desenvolvemento Comarcal de Galicia e conselleiro delegado da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal. Un día leváronme os dous comer a Cambados e alí descubrín unha persoa extraordinariamente civilizada que presentaba un perfil intelectual moi atractivo e que analizaba a realidae dende as perspectivas dun universalismo progresista que non eran precisamente o que máis destacaba naqueles tempos do fraguismo no poder. Coido que estaba apurando os seus últimos días na que algúns chaman secta relixiosa fundada polo agora San Escribá de Balaguer, e aquel catedrático de Xeografía deixoume a grata lembranza que me levou a seguir case constantemente os artigos que publica no citado xornal galego.
No de hoxe centra a súa atención nas declaracións dun actual alto cargo da Xunta que dixo, cando compareceu na comisión de investigación, que se plantexou algunha vez suspender a construcción da Cidade da Cultura, pero que se desbotou a idea porque supoñería enterrar 200 millóns de euros xa investidos. “A min paréceme –escribíu Andrés Precedoque, se cadra, en vez de perder 200 millóns, houbérase gañado moito máis: os 400 restantes para rematar os edificios, os precisos para equipalos e, o que é pior, os 100 anuais de mantemento, e outros 100 que previsibelmente haberá que engadir para subsanar o déficit de funcionamento, a teor do que actualmente custan outros contedores culturais máis modestos”.
“Xa ven, nun ano amortizaríase o enterro”, conclúe o autor do artigo, antes de razonar acerca de que “se aveciña unha Galicia en fase de recesión económica e aínda de crise do modelo de crecemento, con máis parados, con máis problemas sociais derivados, con maiores retos económicos, con moita máis poboación envellecida, con máis inimigrantes sen traballo e con máis titulados sen ocupación digna”.
E, por se isto fose pouco, dinos Precedo que “se albisca tamén unha Xunta con menos impostos, menos fondos europeos, menos ingresos xerais, menos cartos, pero maiores demandas”. E pregúntase en referencia á Cidade da Cultura: "¿imaxinan o que pensarán os galegos de tamaño despilfarro?"
A Precedo Ledo parécelle “pueril” a “xustificación turística, xa que non cultural, de tal disparatado proxecto”, pero sobre todo parécelle innecesaria e considera que aínda estamos a tempo de reconducilo. “Non se trata de derrubar o feito –di– senón de aproveitalo adecuadamente e plantexar usos realistas que reduzan o custo anual, porque outra cousa si que sería enterrar diñeiro e unha parte do futuro deste país”.
“Estamos –escribíu o articulista– ante un soño que, convertido en pesadelo, pode chegar a quitarlle o sono a moitos galegos de hoxe e de mañá. Nun arrebatado impulso diría mesmo que é hora de entonar de novo o ¡Basta xa!, porque esta ameaza pouco desdí da outra. Ademais, os efectos positivos esperábeis, tal como se fixeron as cousas, paréceme que se moven na dúbida, e mesmo podía dicirse que para poñer a Galicia e a Santiago no mapa global tampouco sería necesario, porque xa o estamos por outras razóns máis consistentes. De seguir a inercia actual, os que o fixeran faranse corresponsábeis do fiasco. Mesmo poderiamos dicir que se convertirían en cómplices, por que se antes se actuou con inconsciencia e cun escenario cheo de imprevisións, agora actuaríase con coñecemento de causa. Non se trata só de dilucidar responsabilidades pasadas, senón de non engadir outras novas, e de mirar adiante dende a cordura e a responsabilidade social”.
Chapeau, profesor! Pola lucidez, pero sobre todo pola valentía de dicir as cousas como son.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Paréceme moi ben, pero, no que recolleu o director do blog, o señor Precedo non explica qué se faría para amortizalo.
E ese é o miolo: Non se derruma, non se dedica á actividade para a que foi diseñado, pero amortízase, facendo qué?.
Don Perfecto, debeu comerse algunha parte importante do artígo do cómplice da desfeita das fundacións comarcais, que esa sí que foi unha desfeita. Só serviron para reeditar os teleclubes de Fraga nos sesenta e colocar aos infantes do fraguismo local para organizar "muestras de artesanía", enterrando cartos e a posibilidade dunha auténtica comarcalización do país. Enterrando, unha vez máis, unha oportunidade de ordenar a administración local de Galicia.

Anónimo dijo...

Jajaja... aquí si que me decepciona, sr. Conde. E o señor Precedo Ledo por que non propuxo iso mesmo cando era alto cargo de Fraga? Como era da súa corda se cadra facíalle algo máis de caso que o que lle van facer os actuais...

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,