viernes, noviembre 09, 2007

O Hamlet e a Telefónica


Na comisión da Cidade da Cultura fálase de case todo. De Bárbara de Bragança, de Fernando VI, de garaxes de Nova Iork, de Johan Cruif e dos balóns hexagonais. De todo o que faga falta para non falar segundo lle conveña ao compare-
cente. Na sesión de hoxe ata se falou de min (Thanks very much!, deputado Cerviño). Mágoa, porén, que non se fale todo o que sexa preciso para esclarecer a verdade do “gaiasazo”.
A Tuco Cerviño, persoa a quen eu lle quero ben de toda a vida, a el e ao seu irmán Carlos, que entregou a súa vida profesional á colaboración con varios pobos latinoamericanos, toocoulle hoxe baixar da vicepresidencia da mesa para facer de “inquisidor” –na práctica fixo de avogado defensor– nas comparecencias do secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, Xoán Hernández López, e de Carlos Alberto Amoedo Souto, secretario xeral da Consellería de Cultura e Deportes e secretario do Padroado da Fundación Cidade da Cultura.
Cerviño estivo inxenioso. Levou na súa carteira deputacional unha guía telefónica da provincia da Coruña e unha edición de peto do Hamlet de Shakespeare da colección Austral e brandíunas para loitar contra os muíños de vento que lle presentaba o voceiro do PP, López-Chaves, que hoxe volveu a repetir instantes de dialéctica entretida. O socialista, máis ou menos, mantivo con el o seguinte reto quixotesco: “Vostede quéixase de que o proxecto actual da Cidade da Cultura ocupa nove follas e di que o de antes era enormemente máis groso. Eu teño aquí a guía telefónica que ocupa moito espazo e unha breve edición do Hamlet. Xa me dirá cal das dúas é máis importante”. Estivo ben o golpe, aínda que non acabei de entender ben porque teñen que ser comparábeis Shakespeare e as comunicacións a distancia actuais, como non sexa por aquilo de que algo cheira a podre na Telefónica.
A de hoxe foi unha sesión divertida. O secretario da mesa, que para algo é psiquiatra, non parou de rirse, e con razón. Os médicos –Tuco Cerviño tamén o é– case sempre saben darlle á vida política unha dimensión hedonística que quizais os leguleios e os contadores de fabas da economía non senten aprezo por ela, pero que os contribuíntes que andamos polo medio da escaleira sabemos agredecer case sempre.
Do resto, pouco hai que contar que non se poda ler seguramente nos xornais de mañá. Estivo concreto e comedido o secterario xeral de Economía e Facenda, e algo máis espallado o da Consellería de Cultura, que ata se permitíu a licenza de rematar a súa última intervención dicindo que “con isto podo dar por concluída a miña comparecencia”. Como fagan coma el todos que faltan por desfilar polo Hórreo, a presidenta, que hoxe andaba algo collida polo trancazo invernal que aínda non existe, e a propia mesa enteira poden baixar tomar café tranquilamente que xa se ocuparán os comparecentes de determinar cando fica inaugurado o encoro.

6 comentarios:

bestarruza dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
non se acaba o mundo dijo...

Con toda a razón do mundo "os vascos e as vascas" poñen o dedo na chaga e chámannos, sen dicilo, pailáns e incompetentes. E o malo é que levan a razón.

"Non comparen", advirten desde o Guggenheim

A aparición nas primeiras planas galegas de mencións ao museo bilbaíno non é do agrado dos seus xestores, que defenden que no seu caso houbo un incremento "controlado" dos orzamentos.

Redacción - 09:00 10/11/2007
Tags: Gaiás Guggenheim

Desde Bilbao, os responsábeis do Guggenheim aseguran que é necesario que desaparezan as referencias a esta obra que os diversos voceiros dos grupos parlamentarios utilizaron nas últimas semanas para defenderen as súas respectivas posicións, moitas veces opostas. Opinan os xestores da institución vasca que o museo bilbaíno non admite comparación coa Cidade da Cultura.
Alén de referírense a dous ámbitos socioeconómicos diferentes, desde Euskadi sinalan que "o edificio do Museo Guggenheim Bilbao foi construído cumprindo rigorosamente tanto os orzamentos estabelecidos como os prazos designados ao efecto, un logro extraordinario en obras da natureza e complexidade deste edificio e un feito do que nos sentimos especialmente orgullosos". Consideran así que houbo "un maior control" sobre as obras e entenden que o desvío na construción de até 20 millóns de euros entraría dentro dos "límites habituais" deste tipo de obras. Os xestores dao museo bilbaíno ofrécense para aclarar todo tipo de datos e cifras concretas sobre o Guggenheim que puideran axudar ao respecto da comisión de investigación do Gaiás.

Anónimo dijo...

A piques de rematar e nada. Xa dixen fai dias que pactarían as tablas e o que Don Perfeuto contou fai un par de dias sobre as intervencións de Quintana sei que leva ese camiño. E que ningúen pense que é a financiación dos partidos (cousa que tampouco sería boa). Trátase de mercar apartamentos en Miami e pazos na estrada para que os fillos non teñan quie dormir nun garaxe. Lembran vostedes a anécdota da recolecta feita entre os periodistas para comprarlle un óleo a Fraga? O defunto Bernal presentárase voluntario para testimoniar en favor de ese versión.
Pois ben, de certo se mercaran dos óleos, dous, desde a Secretaria Xeral de Información. Un fóralle obsequiado a don Manuel, "por colecta feita entre os periodistas", no seu cabodano, en Vilalba, ... e outro colga dun pazo, na Estrada, que ten un pequeno campo de fútbol e una importante biblioteca de libros ós que ningúen lle quitou o plástico.

Colón dijo...

Non estou de acordo cos que din que a comisión non valeu para nada. A min valeume para descubrir a Ana Pontón e para convertirme no seu máis rendido admirador. ¡Que xeitosiña é a súa señoría!

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,

Anónimo dijo...

http://www.msn.com/ - [url=http://www.msn.com/]msn[/url] msn
msn