viernes, noviembre 02, 2007

A La Voz de Galicia tocoulle a lotería de Fernando Salgado


Fun a Bertamiráns comprar un décimo do número 44987 da lotería de Nadal. Non resisto a tentación de que a min me toque algo tamén, e dígoo polo aguinaldo que lle acaba de conceder a Xunta a La voz de Galicia, S.A., editora do xornal que leva o seu nome, por exemplo.
Segundo aparece publicado na páxina 17.605 da edición número 212 do Diario Oficial de Galicia (DOG), correspondente ao día de hoxe, venres, 2 de novembro de 2007, unha resolución do 15 de outubro deste mesmo ano, da Secretaría Xeral de Comunicación, dá publicidade aos beneficiarios das axudas ás empresas xornalísticas e de radiodifusión concedidas no ano 2007 ao abeiro da Resolución do 27 de decembro de 2006, que as convocou en réxime de concorrencia competitiva e financiadas con cargo ás aplicacións orzamentarias 04.30.151A.470.1 e 04.30.461A.470.1
Vese ben claro que a concorrencia competiviva de La Voz de Galicia é manifestamente superior. Dos 2.243.836 euros que a Xunta otorga a un total de 23 empresas, 967.782 van parar á caixa de La Voz de Galicia, S.A. Algo máis do 43,13 por cento de todo este aguinaldo propio de nadal político. E iso sen contar que outras dúas empresas que pertencen ao grupo de Santiago Rey tamén levan a súa tallada. Vemos así que Canal Voz, S.L. cobra 21.224 euros dos fondos públicos que controla o secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, ex empregado de La Voz de Galicia, e a Voz de Galicia Radio, S.A. concédenselle outros 6.610, o que fai que montante que lle toca ao Gupo Voz sume 995.616 euros e que a tallada represente máis do 43,37 por cento de toda a tortilla.
En fin, que as empresas xornalísticas que van pasar pola caixa da Xunta e os importes dos aguinaldos que reciben son os seguintes: 1) La Voz de Galicia, S.A, 967.782 euros. 2) Faro de Vigo, S.A.U., 385.374 euros. 3) El Progreso de Lugo, S.L., 175.798 euros. 4) Editorial Compostela, S.A., 169.806 euros. 5) Editorial La Capital, S.L., 111.929 euros. 6) La Región, S.A., 108.070 euros. 7) Lérez Ediciones, S.L., 82.699 euros. 8) La Opinión de La Coruña, S.L., 54.611 euros. 9) Rías Baixas Comunicación, S.A., 43.931 euros. 10) Radio Popular, S.A., 22.312 euros. 11) Radio Coruña, S.L., 21.233 euros. 12) Canal Voz, S.L., 21.224 euros. 13) Radio Galicia, S.A., 16.200 euros. 14) Uniprex, S.A., 15.267 euros. 15) Radio Pontevedra, S.A., 10.610 euros. 16) Vieiros Información en Rede, S.L., 10.446 euros. 17) Voz de Galicia Radio, S.A., 6.610 euros. 18) Europa Press Delegaciones, S.A., 4.469 euros. 19) Interdix Galicia, S.L., 4.245 euros. 20) Telecable Compostela, S.A.U., 3.945 euros. 21) Radio Orense, S.A., 3.823 euros. 22) Axencia Galega de Noticias, S.A., 3.452 euros.
Se por fin a min me acaba tocando tamén a lotería de Nadal que comprei en Bertamiráns, hei gastar un euriño en selar unha carta a Touriño pedíndolle que lle diga a Salgado que, a próxima vez que reparta aguinaldos, se acorde de darlles algo tamén a El País, A Nosa Terra, El Mundo, El Periódico, ABC e mesmo Le Monde. Non é por nada, pero eu léoos moito máis ca varios dos que case se fan millonarios cos aguinaldos da Secretaría de Comunicación. Claro que, pensándoo ben, por que hai que gastar os cartos dos contribuíntes en encher as huchas de tantas empresas que foron creadas para concorrer no mercado libre que tanto defenden? Debería abondarlles con someterse a esa libre concorrencia. E que ben iría a millonada que levan elas se o bipartito a destinase á educación e á sanidade, por exemplo.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu tamén quero cartiños para o meu Blog.
Sr. Director, ollaches ben no boletín se tamén lle dan cartiños a "Libertad Digital", por aquilo de encherlle máis o bandullo ao elemento chamado Pío Moa e toda esa tropa do demo.

non se acaba o mundo dijo...

Canta razón ten, don Perfeuto.

Pero teño a estraña intuición de que a vostede, a min e ao resto dos galegos, non os ha tocar esa lotaría que tan xenerosamente distribúe o Salgado, isto é, o goberno da Xunta da Galicia.

Peliqueiro dijo...

Pero a este Fernando Salgado non lle tocara tamén a el a lotaría? Hai que ver o ben que saben acertar nos números.

marcel swann dijo...

Vaia: unha nova que non é nova en ningures (mais que nun blog). E logo?

Anónimo dijo...

http://iammisterbink.blogspot.com/2007/10/quin-te-ha-visto-y-quin-te-ve_13.html

interesante post sobre o asunto

Anónimo dijo...

Alégrome que volvera collerlle o ritmo, don Perfecto, estaba a pensar que fora flor dun día.
Se o volve facer, ao millor perdo o costume de visitalo todos os días.

sarampelo dijo...

Sr.Director, no meu blog deixeille unhas oito preguntas sobre o que Vd. pensa (ou desexa) que sexa para ben.
Coido que esa lotería que reparte o Sr.Salgado(antigo camarada noso, en tempos non moi doados)tamén nos toque a nós. Nembargantes si son cartos que veñen do erario público eu xa non os quero, iso que sexa soamente para os medios (falsimedia). Así nos vai.

Milio Zola dijo...

E iso son so as axudas directas... ¿que dicir das indirectas? A TVG cotnrata... a La Voz de GAlicia, tantos cartos para delegacións da TVG... a La Voz de Galicia e a un par de medio máis... ¿Retransmitir a misa os dimingos? A La Voz de Galicia... ¿Axudas á produción? A LA Voz de GAlicia e a Antón Reixa. ¿Contrata de programas na TVG? A LA Voz de GAlicia, Reixa e a Francisco Casal...

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,