Alguén que se senta así para que lle fagan unha foto que vai saír na prensa, está claro que nunca vai inventar ningún substituto da penicilina. Borja Alonso, mister España 2005, agora confundido entre moinantes e mafiosos de licor café, non é que estea rodeado de amizades perigosas. El mesmo é o perigo.
Que se deixe de coñas. Se quere salvarse, que vaia pedindo praza no mosteiro de Poio ou nalgún outro convento onde lle sexa posíbel reflexionar sobre si mesmo (se é que sabe). Que estes inventores de inventos sexan reis por un día da televisión actual non dá nada que pensar. Só moito que vomitar.
2 comentarios:
Efectivamente, cero comentarios.
(Que se pode comentar deste tipo de paisanos...?)
Nada, home, nada.
Cero.
P.D. O peor de todo é que, por culpa da peor televisión, xente coma esta se converte nun modelo para infinidade de rapaces.
Iso si que é un problema.
paul george shoes
golden goose
yeezys
jordan shoes
kobe 11
off-white
supreme clothing
hermes outlet
kd 12
off white hoodie outlet
Publicar un comentario