jueves, junio 19, 2008
Cunqueiro e Valle-Inclán
Carlos G. Reigosa, Javier del Valle-Inclán e José Monleón son coautores dun recente libro de Ézaro Ediciones que paga a pena ler. Entre outras cousas, porque se pode ler case dun tirón e serve para refrescar a memoria que debe merecernos o que, para min, é sen dúbida o mellor escritor galego contemporáneo. O libro chámase La muerte de Valle-Inclán. El último esperpento.
Chamoume a atención o tratamento que lle dan tanto Javier, neto do xenial escritor, como Carlos Reigosa á relación, mesmo de familia, que tiveron o autor das Sonatas e Álvaro Cunqueiro. Sostén Reigosa que “la realidad del trato de Valle-Inclán y Cunqueiro tal vez no fue exactamente así, y el escritor de Mondoñedo, con el paso del tiempo, la adornó con sus nebulosas nostalgias”. Baséase, para dicir isto, na versión que lle forneceu o profesor Dionisio Gamallo Fierros sobre unha suposta negativa de Valle a recoñecer parentesco con Cunqueiro a través do apelido Montenegro, cuestión onomasticamente xa dilucidada.
Quizais os autores do libriño de Ézaro deberon ter en conta algúns máis dos testemuños que deixou Álvaro Cunqueiro sobre esta relación familiar con Valle. Por exemplo, o artigo que publicou na revista Destino, en setembro de 1973, falando dos viños de Burdeos, dos que dicía que eran unha das poucas cousas realmente serias que quedaban por aí. Curiosamente, unha boa parte do artigo está dedicado a lembrar a relación que mantivo con Valle-Inclán. Dicía Cunqueiro o seguinte:
“Recuerdo que, en el caluroso septiembre compostelano de 1935, dando un breve paseo por las rúas con mi ilustre tío don Ramón del Valle-Inclán, este explicaba las grandes cosas que aún quedaban en Europa y que ofrecían los únicos cabos de salvamento a una barca que él veía entrando, o metida ya, en terribles horas de tormenta. Las iba enumerando: la Home Fleet inglesa, el Estado Mayor alemán, que decía saber de buena fuente estaba reconstituido y en plena eficacia, en Francia la escuela de Saint-Cyr –esto por lo que tocaba a la Europa militar–, y pasando a lo que llamaremos vida civil, el Parlamento inglés, la Sorbona, la diplomacia vaticana... Pero al llegar a esta cita se detuvo y disintió de sus propias opiniones:
–No, la diplomacia de Roma no. Ya no existe. La destruyó Antonelli, que no era más que un sacristán con levita de buen corte. Ni Rampolla, ni Mery del Val, ni Gaspari, lograron sacarla de la ineptitud y del marasmo. ¡Antonelli! ¡Un funesto sacristán!
Yo, cierto es, no sabía entonces quien fuera aquel Antonelli, “segretario di Stato del Papa Pio”, el que perdió los estados pontificios. No era clérigo, pero fue cardenal. Creo que fue el último cardenal de la Iglesia romana que no había recibido las sagradas órdenes. Y por lo que dicen los historiadores del Risorgimento italiano, era hombre, sin la menor capacidad de previsión, lo que es más grave cuando se lleva la política de una institución eterna.
–¡No existe! –insistió don Ramón, tomado de súbita ira contra aquel Antonelli de la levita de buen corte.”
E Cunqueiro segue logo falando dos viños de Burdeos, os dos grandes crus classés e os engarrafados nos chateaux, para os que lle pide ao Señor da Vida a mesma eternidade que para a súa Igrexa.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
18 comentarios:
Excelentísimas autoridades do Concello e da Diocese, Señores Coengos do Cabido Catedralicio, miñas donas, meus señores, amigos todos que nos honran hoxe coa súa presenza, boas tardes:
Permítame dicirlle, meu amigo Don Perfeuto, que sempre que se cita a Cunqueiro eu acórdome de vostede, de entrevistas -por sorte moi ben conservadas- como aquelas que vostede lle facía levando en bandoleira un magnetofón que parecía unha maleta de expatriado, e dalgunha mínima lembranza persoal, tamén seguramente alterada polas doces brumas da infancia.
O libro ao que vostede se refire merece, efectivamente, atención. Para min foi unha sopresa atoparme alí, quero dicir que nas súas páxinas, algún non-parente (digo non-parente porque en realidade o señor en cuestión non era tío de meu tío, como algúns cren, senón tío da muller de meu tío, o noso amigo Don Alfredo ben sabe de qué falo...), como é o caso de Don Manuel Troitiño, que en paz estea, lembrando o enterro de Valle-Inclán.
Foi Don Manuel Troitiño, tamén, ninguén esqueza, moi bo amigo de Cunqueiro.
A última vez que eu vin a Cunqueiro na miña vida, por certo, parouse a falar con el nunha rúa de Santiago, precisamente -miren vostedes- en Frei Rosendo Salvado. Parecéronme os dous, aquel día, tristes.
Eu estaba moi contento...
Horas antes, nas pistas do Estadio Universitario de Santiago, conseguira, sendo aínda pola miña idade da categoría que entón se chamaba cadete, a marca mínima para competir no Campionato de España de Atletismo Xuvenil, na proba dos 3.000 metros lisos.
Aquela carreira, se non me falla a memoria, gañáraa -case me quita media volta- un gran atleta galego, Xamín, Benxamín Fernández...
Non sei qué sería del...
Alí estaba o seu adestrador, un home extraordinario, Ricardo Gurriarán, hoxe por completo afastado das cousas do deporte.
E tamén Mariano García-Verdugo...
(En fin, desculpen as divagacións. En efecto o mundo foi, un día, moi grande e moi fermoso)
Que os Ceos os bendigan a todos, tanto aos defuntos -dos que non hai dúbida que todos somos parentes- como aos vivos.
Ola:
Son un dos autores do libro, o máis novo, porén teña que peitear canas.
Sí, efectivamente, o artigo que saca á luz o noso Perfecto estaba aí, e coñeciao, pero non sei, non me daba boa espiña e pensei que era maís ben producto da fantasía de quen declarou unha vez que estaba escrebendo un tratado sobre as pantasmas... Tamén teño o artigo.
Quen sabe se os familiares de don Álvaro atesouran no fondo documental familiar algún documento sobre este extremo ou sobre a relación entre as familias, que continuou, non en van don Álvaro trataba-se de curmán con algún fillo de Valle.
En calquer caso, alguén debería abordar a tarefa de escreber, para ilustración de tantos escritores galegos -e escritoras-, a historia das amizades de Ramón del Valle-Inclán en Galiza, con perdón da Real Academia Galega que acolle a tantos, tantos republicanos, das súas relacións persoais con escritores e artistas galegos.
Alguén levaría unha sorpresa ou dúas pequenas.
En calquer caso, Perfecto, obrigado por difundir a existencia do libro en cuestión porque a benemérita obriga de chapar en ouro ao noso editor.
Ola:
Son un dos autores do libro, o máis novo, porén teña que peitear canas.
Sí, efectivamente, o artigo que saca á luz o noso Perfecto estaba aí, e coñeciao, pero non sei, non me daba boa espiña e pensei que era maís ben producto da fantasía de quen declarou unha vez que estaba escrebendo un tratado sobre as pantasmas... Tamén teño o artigo.
Quen sabe se os familiares de don Álvaro atesouran no fondo documental familiar algún documento sobre este extremo ou sobre a relación entre as familias, que continuou, non en van don Álvaro trataba-se de curmán con algún fillo de Valle.
En calquer caso, alguén debería abordar a tarefa de escreber, para ilustración de tantos escritores galegos -e escritoras-, a historia das amizades de Ramón del Valle-Inclán en Galiza, con perdón da Real Academia Galega que acolle a tantos, tantos republicanos, das súas relacións persoais con escritores e artistas galegos.
Alguén levaría unha sorpresa ou dúas pequenas.
En calquer caso, Perfecto, obrigado por difundir a existencia do libro en cuestión porque temos a benemérita obriga de chapar en ouro ao noso editor.
Comparto o ánimo do autor máis novo, "porén teña que peitear canas", do libro sobre Valle acerca de que se aborde a historia das amizades do das barbas de chivo en Galiza, pero engado que tamén se investigue o comportamento da propia familia do escritor, incluído o seu filo Carlos, o da súa víuva e o dos seus netos a respecto da conservación, administración e difusión da obra do seu egrexio parente. ¿Por que non deixaron nunca traducir a Valle ao galego, por exemplo? ¿Por que foron soltando a conta gotas os seus inéditos e obras menos coñecidas?
Que se investigue, que se investigue todo. Incluída a relación "familiar" con Cunqueiro.
Non sabía eu iso do libro dos fantasmas, curioso asunto...!!!
Sabía, claro, o dos non-libros sobre os demos, sobre os anxos...
Pero iso non.
Felicítoos a vostedes polo seu libro, que lin con verdadeiro agrado.
P.D. Eu fun moi amigo, ata a súa morte, de Carmiña Cunqueiro, da irmá de Don Álvaro e de Don Pepe. A verdade é que nunca se me ocorreu preguntarlle por iso de Valle, pero eu teño a impresión -e só é iso, unha impresión- de que nin sequera Cunqueiro cría moito nesas cousas.
El, en efecto, mesturaba todo o día a realidade e a ficción. Pero non creo que as confundise.
Apertas a todos.
O autor máis novo do libro –entendo que é o neto do escritor– debería aclararnos se cando se refire ao libro dos fantamas non está falando do que, co rigor que o caracteriza, puntualiza Almiral Moucez. Isto é, dos nonlibros sobre demos e anxos dos que Cunqueiro tamén lle falou a Perfecto Conde nalgunha das entrevistas que lle fixo hai moitos anos para "El País", e que eu lin tempo despois cando as recolleu non luxoso libro o actual ministro de Cultura, César Antonio Molina.
Estas cousas compre sabelas. Se o que di Xavier del Valle fose certo, estariamos descubrindo un proxecto de Cunqueiro do que non se sabía ata agora.
“Que tamén se investigue o comportamento da propia familia do escritor, incluído o seu filo Carlos, o da súa víuva e o dos seus netos a respecto da conservación, administración e difusión da obra do seu egrexio parente”.
Conservación: perfecta, seguro.
Administración: tirando.
Difusión: na colección Austral, barata, barata.
“Por que non deixaron nunca traducir a Valle ao galego, por exemplo?”.
Pois mira que non hai noticias e noticias na prensa sobre a polémica da tradución. Algún familiar até concorda en que se debe permitir a tradución.
“Por que foron soltando a conta gotas os seus inéditos e obras menos coñecidas?”
Boa pregunta. Como o libro ao que alude ten autores, dirixe, Touceda, o inquérito cara aí.
“Que se investigue, que se investigue todo”.
Cojonudo. Por ejemplo, os escritores galegos que venderon as súas bibliotecas á Cidade da Cultura. Eh, e só un exemplo.
Agora pensemos cantos dereitohabentes entregaron de balde a unha institución pública universitaria galega a reprodución de máis de 5000 follas manuscritas dun autor consagrado para que as estuden e publiquen os e as investigadoras. No feixe van varias obras inéditas. E temo que, gracias a esta operación, a folla manuscrita de escritor galego contemporáneo baixou de prezo no mercado de futuros.
Unha aclaración: esa “familia” non ten semellanzas cos Soprano, nen se reunía os primeiros venres de mes para estudar cómo amolaban ao resto.
Boas tardes a todos.
Saben vostedes que hai un Cunqueiro (tamén) interesantísimo que permanece inédito...?
É o das composicións que cada Nadal facía Don Álvaro para os pobres e os inocentes de Mondoñedo, que ían pedindo o aguinaldo polas portas.
Imprimíanse, grazas á xenerosidade do propio Cunqueiro e do dono das prensas, na Imprenta Sucesores de Mancebo. E o actual dono desa casa segue a buscar, polo visto inutilmente, a alguén disposto a facer un libro con ese material.
En fin. Coma case todo, unha pena...
Que teñan un feliz día.
O señor Touceda, ten xa algo que aportar á investigación?
¿E por que teño que ser eu o que aporte algo á investigación? ¿Quen che dixo que teña algo que ver co asunto? ¿Non serás ti, acaso, o que podería aportar algo substantivo? Se o eres, fai o favor de falar. E, senón, non metas en leas aos demais.
Vale Touceda. Non tes nada que decir. Empezaramos por aí. Cando se fala barato, pasa isto.
Barato falarás ti, Anonimante. Barato e, ademais, de parte. E non te fagas o listo dicíndome de parte de quen, que se che ve o punteiro da gaita.
Oh, Touceda, es adiviño...tinto?
Oh, Touceda, oh.
Falar barato, repito, falar barato é pedir "investigacións" e non ter ren que aportar porque nada sabes. Menos mal que está aí o teu comentario barato pedindo explicacións a mortos e viuvas...
Comeza ti a falar, Touceda, a dar a túa "explicación", que seguro que a tes, e mala.
E gaita, caro Touceda, non teño gaita.
Que nada sei é verdade. Quen o sabe eres ti, pero non o contas. Faste o disimulado ofendido. Agora xa o teño claro: xa sei quen eres e o que ocultas.
De que fala?
De ti.
Por fin, Atopei as declaracións de don Álvaro. Están publicadas no Diario de Navarra o 3 de febreiro de 1970.
Andaba a preparar Cunqueiro un dicionario de anxos e demos, según lle conta ao entrevistador, e como aperitivo ofreceulle as claves para diferenciar un demo dunha persoa, digamos, normal:
1. pronuncia defetuosamente algunha consonante.
2. abre os de abaixo a arriba.
3. non pode andar cara atrás e
4. ten a sombra en zig-zag.
Con estas características hai que concluir que no aparello político da Administración autonómica pululan bastantes demos (e demas).
Eu do Ramiro Fonte sempre lembrarei aquel día en que se levantou e... Compostela, corrían os anos 70 do século pasado (non sabería precisar se o 75, o 76 ou o 77, tería que consultalo; antes do 79 seguro, que foi cuando morreu Celso Emilio Ferreiro), daquela non perdíamos nen un dos actos culturais que se organizaban, daba unha conferencia Celso Emilio Ferreiro, afinal do acto un mozo inzado de paixón poética levantouse e botou unha disertación sobre poesía que nos deixou a todos pampos, supoño que ao Celso Emilio tamén. Escuso dicer que aquel mozo era Ramiro Fonte. Tampouco sabería precisar se daquela xa formaba parte do movimento poético Cravo Fondo ou se este se formou mais tarde, a finais dos setenta. Tanto ten, para min aquela tamén foi a época de Cravo Fondo, do que formaban parte Ramiro Fonte, creo que tamén Rábade Paredes, Xulio L. Valcárcel e non sei se tamén un irmao deste último. Lembro perfeitamente aquela época de nacimento de Cravo Fondo.
Ramiro, non nos coñecemos, pero temos amigos comúns, estás en Barcelona, como eu, teño aquí mesmo unha copa de cava, que vou levantar por ti e pola poesía, como ti te levantaches naquel acto de Celso Emilio e nos deixaches a todos coa boca aberta polo teu saber poético. Tempos aqueles, tempos estes, que te recuperes e que vivan sempre a poesía e os poetas. Unha aperta.
P. D. Xa perguntarei onde é que estás.
Publicar un comentario