A dónde iremos a parar, si se acaba Valderrama. Son dos que tivo a sorte de emborra-
charse na catedral de Cuchi Leguizamón en Salta, norte de Arxentina, chamado Boliche Valderrama. Eran anos de groria para o folklore daquel país, cando aínda cantaban Atahualpa Yupanqui, Los Fronterizos, Jorge Cafrune, Los Chalchaleros, Mercedes Sosa, o meu amigo Poni Micharvegas e moitos máis.
A provincia de Salta produce o mellor viño branco da Arxentina, país de magníficos tintos tamén, como son os de Mendoza, e eu chegeui alí, hai preto de trinta anos, buscando a un diplomatico español, Francisco Palazón, que estaba fuxido da xustiza do seu país. Non o atopei, pero descubrín o Boliche Valderrama, espléndido emporio do folklore arxentino onde cantaron todas as voces que significaron algo naquel país e no que, todas as noites, se remataba cantando, cando xa abría o día seguinte, unha estrofa que remataba dicindo: “A dónde iremos a parar, si se acaba Valderrama”.
A frase acabou sendo un tópico nacional arxentino que repetían todos os progres porteños e que os visitantes escoitabamos con interese antropolóxico. Hoxe, á vista dos cambios de decorado que acaba de anunciar o BNG –adiós estrela roxa, benvida estrela azul–, non sei por que, venme á cabeza aquel himno do boliche de Cuchi Leguzamón: “A dónde iremos a parar, si se cacaba Valderrama”. O lector non sabe o linda que era aquela canción.
5 comentarios:
E a onde íamos ir parar? De derrota en derrota ata a vitoria final. A España nón ía recoñecela nin a súa propia nai (Alfonso Guerra dixit). Pois a Galiza, que se vaia preparando Castelao. Tampouco a vai recoñecer nin súa tía.
Don Perfeuto: Vostede é un nostálxico impenitente. Aquel Bloque que soñaban Beiras e poucos máis finou. Agora o que se leva son plataformas de negocios, angarellas de promoción persoal, reparto de beficios. Esquézase, meu amigo, a utopía morreu. Agora mandan os mesocráticos.
E logo antes quen mandaban? Os aristocráticos (Beiras)?
Hai que facer País, esquecer-se do palabro Nazón, votar co nariz tapado, buscar acubillo na Xunta ou na Cidade da Cultura, atrapar con empreses intermediarias, contratar xenta na Xunta mediante empresas de traballo temporal xestionadas por xento do BNG (especialmente se a empresa é de Carballo), adxudicar a seguridade privada do complezo do monte Gaiás a un tipo afín ao BNG, calar como mortos ante Reganosa (silencio do BNGas), facer fillo predileto d'As Pontes de García Rodríguez a Roberto Tojeiro cando gobernaba o BNG da man de Vitolo (membro da UPG), untar aos artistas de Burla Negra...
Estar no Poder é máis ou menos iso.
Ah, e a culpa de quén é: do PSOE e do PP!!!
Beiras segue estando no BNG, non? e ademais na súa Executiva, verdade que si? Pois logo...
Publicar un comentario