sábado, junio 28, 2008

Julia Uceda dialoga con Ramiro Fonte

Julia Uceda, a grandísima poetisa sevillá de nación e ferrolá de adopción, xa é a segunda vez que honra este blog mandando mensaxes de cariño e de esperanza para Ramiro Fonte. Esta mesma mañá colgou este post:
“Ramiro, estoy en total desacuerdo con tu afirmación, en la entrevista que te hizo Ramón Loureiro: a miña obra pode ter un certo prestixio, pero non tivo éxito. Paguei cara a miña independencia, El éxito me parece efímero, Es el resultado, posiblemente feliz, de algo. ¿Poeta de éxito? No me suena bien. Prestigio es exactamente lo tuyo y lo propio de un poeta: influencia, autoridad, respeto. Y frente al éxito, arbitrario a veces, la fama porque la poesía gallega sin tu obra no sería la que es. Independencia, como ejemplo de intelectual libre (para mí, la palabra intelectual no ha cambiado de sentido ni se la aplico a todo el mundo). Un abrazo y hasta pronto.”
Non sabe a egrexia Premio Nacional de Poesía canto lle agrezo que se dirixise a Croques para animar a Ramiro. Polo que me din, Fontes está moi pendiente do cariño e da solidariedade amigábel que lle está chegando pola vía deste humildísimo medio de comunicación, e estou seguro que se sentirá orgulloso e moi satisfeito por ver que ten tantos amigos. Entre eles, a honorábel Julia Uceda, ex catedrática da Michigan State University e autora dunha magífica obra poética que foi traducida ao inglés, italiano, chinés, portugués, hebreo e outros idiomas. Un dos seus libros, En el viento, hacia la mar, valeulle o Premio Nacional de Poesía do ano 2003, e outro, Zona desconocida, fíxolle merecer o Premio Nacional de la Crítica. Uceda pertence á Real Academia Sevillana de Buenas Letras, á Asociación Española de Críticos Literarios e á Asociación Internacional de Hispanistas.
Repito, logo, canto me alegro de ser intermediario da súa mensaxe e aproveito eu tamén para mandarlle un grandísimo abrazo a Ramiro Fonte. ¡Ánimo, poeta, a vda é nosa!

19 comentarios:

Anónimo dijo...

Thanks to the blog owner. What a blog! nice idea.

Anónimo dijo...

Many thanks, Lotto!

Anónimo dijo...

A poesía sempre será a poesía. Vivan Julia Uceda e Ramiro Fonte! Un só verso póenos facer libres.

Anónimo dijo...

Julia e Ramiro fixeron -e fan- máis grande a poesía.

O seu espazo natural é a posteridade.

Cen mil apertas aos dous.

Anónimo dijo...

Julia Uceda e Ramiro Fonte fan máis grande a poesía, vaia se a fan, e o malchamado éxito, sempre efémero, é máis propio de Operación Triunfo que da literatura. Mais iso non invalida otras cuestións. É comprensible que Ramiro Fonte se sinta doído, porque é un escritor rodeado de silencios en Galicia. Uns silencios que estes días son especialmente graves. O que está a pasar con Ramiro demostra, por enésima vez, que os que forman parte do sistema literario galego non se moven pola literatura, senón por intereses persoais. Intereses que levan a repartir premios que a miúdo chegan a ser absolutamente ridículos, a participar en iniciativas tuteladas e ben pagas pola xunta (iso pasaba incluso cando eran os outros os que gobernaban, porque estes sempre souberon reclamar moi ben o seu espazo en nome, manda carallo, do pobo galego)e a demandar para si un espazo mediático do que sempre quererán botar a alguén coma Ramiro, sinxelamente porque é un gran escritor, que escribindo en galego conseguiu triunfar fóra de Galicia. Julia Uceda é unha señora moi sabia, pero hoxe non acerta por completo. Finxir que aquí non pasa nada, que non hai un pacto de silencio para acalar aos que, por moi bos escritor que sexan, non queren converterse en políticos de cara tapada, é un erro. ¿A que intereses serven webs como as do consello da cultura? ¿A quen os críticos e as críticas oficias de Galicia, eses e esas que tan ben souberon colocarse a costa de falar de libros que ninguén mercou nin mercará xamais, salvo a administración galega? ¿E moitos dos editores, eses aos que tanto se lles enche a boca falando do mesmo? ¿Como non lle vai doer a Ramiro todo este silencio miserable? Non tería corazón, se non lle doese.

Anónimo dijo...

Ramiro, los domingos siempre son un poquito aburridos y para que te entretengas un poco te mando un poema de Daito Kanushi (1334).

Si el ojo pudiera oír,
si la oreja pudiera ver,
os encantaría
el simple sonido del agua en el tejado.

Este poema tal vez sea la única respuesta a esa pregunta imposible de ¿qué es la poesía? Pues eso: una posibilidad.

Anónimo dijo...

Ramiro Fonte faille unha vez máis un gran servicio a Galicia cando denuncia o carárte caciquil do noso medio cultural, vítima dunha endogamia e un clientelismo que silencia a os creadores que non aceptan dedicarse a facer política, de maneira máis ou menos oculta, en defensa do poder. Non é novo o que acontece con Ramiro, e hai precedentes tristísimos, como o do propio Cunqueiro, do que aínda hoxe só se fala cando hai algún interese por medio, xa sexa unha praza fixa na docencia ou algunha conferenciña ben paga pola Administración. Mentres esta situación non se denuncie en voz alta, mentres non haxa máis ramiros fontes que falen claro desta vergonza que padecemos, a nosa seguirá a ser unha cultura enferma desprezada polo pobo. A xente non é tonta, e ben sabe de qué van os que aparecen na teuvegá recibindo os aplausos dos de sempre. Cambian algúns nomes, pero debaixo das caretas case sempre hai o mesmo.

Almiral Mouchez dijo...
Súmome a todas as apertas que estes días lle están enviando ao noso amigo Ramiro Fonte.

Acabo de ver unha preciosa, tamén, no blog de Xosé Carlos Caneiro, e quixen deixarlle alí un saúdo cariñoso ao autor de Ébora, outro grande entre os nosos mellores escritores, pero non conseguín gravar a mensaxe.

Fágoo desde aquí, abusando da hospitalidade de Don Perfeuto.

Boas tardes a todos.

Almiral Mouchez

P.D. (1) Estou sentindo na televisión, ao fondo, o partido de fútbol. Creo que a cousa non vai ben...

P.D. (2) Sabe vostede, Don Perfeuto, que o máis que posible substituto de F.J.L. na radio da Conferencia Episcopal vai ser un vello xornalista que vostede coñece moi ben...?


Anónimo dijo...
Carácter caciquil do noso sistema literario galego?
Desde cándo?
Desde hoxe, onte?
Lembren cando Suso de Toro pedía cartos á administración fraguiana ou lembren as subvencións que chupan os editores galegos, as asociacións de escritores.

Quén vai denunciar nada aquí? Os escritores que son asesores da Conselleira de Cultura? Os escritores e "xestores culturais" que asesoran ao Presi Touriño?

Quén vai falar claro aquí? Alguén explicará -iso, iso, o coro que pida "investigación"- cómo se poden asignar 300.000 euros para "inventariar e dixitalizar" os fondos (cartas, escritas...) de Castelao repartidas polo mundo? E que ainda non sabemos ónde fican despois dos numerosísimos estudos publicados até hoxe sobre a vida e obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, algúns realizados por comandantes do Consello da Cultura Galega? De verdade, en serio, "inventariar e dixitalizar" esos documentos custa 300.000 euros?
Quén é aquí o guapo ou guapa que se mete coa "nomenclatura" cultural galega? Quén co Consello da Cultura Galega?
Haiche moito valente (e valenta) que vai a temas relambidos e archisabidos para despistar e non entrar onde doe, sobre todo no peto, non vai ser que fique sen a subvención, sen ser membro dun xurado con papatoria incluida, sen conferencia canicular.
Tampouco é que todo o sistema literario galego estea corrupto, qué va. Tan só hai algunhas mostras que pouca diferencias mantén co noxento sistema literario español. Ventaxas das autonomías: copiamos todos os vicios, os malos sobre todo.

11:38
O mundo non se acaba dijo...
Non coñezo personalmente a Ramiro Fonte, pero vaian dende aquí os meus desexos de pronto restablecemento e un saúdo.

13:16
Hildegard Canido dijo...
Eu tampouco o coñezo persoalmente, aínda que si de lecturas. Non sabía que estivera malo. Dende agora son unha máis que ha manter acendida por el a candea da amizade e a luz da irmandade. Ramiro, ánima e forza. Precisamos xente coma ti. Os teus lectores querémoste.

14:07
Anónimo dijo...
É de supoñer que para Ramiro Fonte, coma antes para Cunqueiro ou para o mesmo Casares, debe resultar moi doloroso ver que todo o seu talento é silenciado polos que, en beneficio propio, fan política sen dar a cara chamándolle literatura. Pero non te preocupes, Ramiro, os teus libros perdurarán. Os deles nacen mortos, por máis que se premien entre si e se repartan os cartos públicos dicindo que o fan polo ben do pobo galego. Un pobo que, por fortuna, é calquera cousa menos tonto, e sabe a quen ten.

14:19
Anónimo dijo...
PERMÍTOME REPRODUCIR AQUÍ UN COMENTARIO DE XOSÉ CARLOS CANEIRO PUBLICADO NO SEU BLOG

Sábado. Iníciase o tempo de verán. Cos soños de Shakespeare e as bicicletas de Chávarri e Fernán Gómez. Co sol iluminando todos os ocasos. Con mar, auga, melancolía de tantas infancias con sabor a río…
Este é o blog dunha novela. Pero hoxe abro unha paréntese sobre ela.
Acabo de ler a magnífica entrevista de Ramón Loureiro a Ramiro Fonte no Culturas de La Voz.

Non coñezo a Ramiro. Despois de tantos anos rodando mundo adiante, entre libros, non tiven a fortuna de saudalo persoalmente. Coñezo a súa obra. Dela teño falado a miúdo e son confeso admirador da súa novela “Os leopardos da lúa”, texto que pasou desapercibido neste país que acostuma a procurar a gran novela cando temos, gloria á lingua e ao talento de Nós, moitas “grandes novelas” depositadas nos andeis do olvido.

Di Ramón Loureiro que Ramiro está recuperándose dunha “grave enfermidade” en Barcelona.

Eu só quería enviarlle unha apreta.

E outra.

E outra máis.

Como internet chega a todas partes espero que esta apreta chegue a Barcelona. Hoxe, que empeza o verán, desexo que o sol acariñe a pel dun dos Nosos. A túa, Ramiro.

14:29
Julia Uceda dijo...
Hola Ramiro. Nos vemos pronto.

16:49
Unha lectora eumesa dijo...
Desde aquí, moi cerca dese río Covés onde están esas garzas ás que eu coma ti tanto lles quero, Ramiro (ao pé desa igrexa de Nogueirosa da que ti falabas, e que na tamén soan as campás, lembrando aos mortos sen historia, aínda que o fagan con menos voz que os sinos dos templos de Pontedeume), quéroche dar as grazas, como lectora, por axudarme a recuperar o tempo da infancia.

Que esta máxica noite do San Xoán que se aveciña, estas horas nas que os prodixios se liberan, che traia toda a fortuna e a saúde que mereces.

Co maior dos abrazos e todo o cariño do mundo,

Unha lectora eumesa

17:34
Unha forte aperta de Basilio dijo...
Boas tardes, Ramiro, irmán. Que teñas un San Xoán tan feliz como mereces. O noso común amigo Basilio, Basilio L., dime que xa que estás en Barcelona te poñas en contacto con el, que ten moitas ganas de darche un abrazo. El segue indo todas as mañás ao seu despacho da facultade. Querémoste moito.

17:50
Luisfoz dijo...
Umha forte aperta para o velho e querido amigo Ramiro. Os meus melhores desejos de saúde para que siga contribuindo ao esplendor da nossa literatura.

18:32
Bolboreta dijo...
Fai anos, nesta noite máxica de San Xoán, despois de varios días recollendo trastos, todos os nenos de Pontedeume andabamos de fulión en fulión a ver que morea era o máis grande e cal ardía mellor, ao día seguinte, os nenos comentaban: o da Calzada era o mellor, outros dicían que lle gañaba o do Alcacer, outros defendían o do Empedrado, sen esquecer o de Porto ou o das Casas Baratas … e que ben pasabámolo a pesar das regañinas dos nosos pais porque deixábamos os deberes polo traballo de recollida.
Pola mañá, as nosas nais tíñannos as xarras do lavabo con auga e moitos pétalos de rosas e outras flores para lavarnos a cara… ¡que grandes recordos!. Igual de grandes son os meus desexos para a túa recuperación. A miña familia e eu querémoste.

02:32
Caveiro dijo...
O Eume agarda por ti, poeta. Nunca é o mesmo río sen ti.

11:23
L. dijo...
Estaremos todos, Ramiro, na entrega en Ferrol do teu premio. Andemos onde andemos eses días, todos volveremos a Galicia para estar contigo en Ferrol. Será a maior festa das Letras de cantas se levan visto. L.

11:30
O coleccionista dijo...
Temos que quedar con Tito Ríos, Ramirito. Para que nos cante algo e nos faga unha foto. Somos a túa familia. Non a de sangue, pero si a de corazón.

11:33
Ombre dijo...
No foro libre de Arroutadas tamén hai un fío aberto en homenaxe a Ramiro.

18:40
Do foro de Arroutadas dijo...
Eu do Ramiro Fonte sempre lembrarei aquel día en que se levantou e... Compostela, corrían os anos 70 do século pasado (non sabería precisar se o 75, o 76 ou o 77, tería que consultalo; antes do 79 seguro, que foi cuando morreu Celso Emilio Ferreiro), daquela non perdíamos nen un dos actos culturais que se organizaban, daba unha conferencia Celso Emilio Ferreiro, afinal do acto un mozo inzado de paixón poética levantouse e botou unha disertación sobre poesía que nos deixou a todos pampos, supoño que ao Celso Emilio tamén. Escuso dicer que aquel mozo era Ramiro Fonte. Tampouco sabería precisar se daquela xa formaba parte do movimento poético Cravo Fondo ou se este se formou mais tarde, a finais dos setenta. Tanto ten, para min aquela tamén foi a época de Cravo Fondo, do que formaban parte Ramiro Fonte, creo que tamén Rábade Paredes, Xulio L. Valcárcel e non sei se tamén un irmao deste último. Lembro perfeitamente aquela época de nacimento de Cravo Fondo.

Ramiro, non nos coñecemos, pero temos amigos comúns, estás en Barcelona, como eu, teño aquí mesmo unha copa de cava, que vou levantar por ti e pola poesía, como ti te levantaches naquel acto de Celso Emilio e nos deixaches a todos coa boca aberta polo teu saber poético. Tempos aqueles, tempos estes, que te recuperes e que vivan sempre a poesía e os poetas. Unha aperta.

P. D. Xa perguntarei onde é que estás.

10:05
Anónimo dijo...
López dixo:
Non quero deixar de poñer tamén a miña candea neste blog polo pronto restablecemento do amigo Ramiro.
Unha aperta.

11:21
Anónimo dijo...
-------------------------------------------------------------------------------

Súmome á homenaxe a Ramiro con toda a forza da admiración e do cariño.

Volver arriba


Brión
Convidado





Publicado: Mar Xuñ 24, 2008 5:41 pm Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

Ramiro é un poeta excepcional, inxustamente silenciado polo SLG. O tempo porá todo no seu lugar. Andiamo, Ramiro.

Volver arriba


Covés
Convidado





Publicado: Mar Xuñ 24, 2008 5:49 pm Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

Adiante, irmán. Vémonos en Pontedeume.

Volver arriba


Miguel Cabanas
Convidado





Publicado: Mar Xuñ 24, 2008 5:54 pm Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

Para Ramiro Fonte, poeta, sempre os meus mellores desexos.

Volver arriba


Almiral Mouchez
Convidado





Publicado: Mar Xuñ 24, 2008 8:59 pm Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

Boas noites a todos.

Súmome, tamén aquí, a todas as homenaxes a Ramiro Fonte, un gran poeta, unha gran persoa.

Almiral Mouchez

Volver arriba


Lectora -Admiradora
Convidado





Publicado: Mar Xuñ 24, 2008 9:42 pm Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

Es un gran poeta e, por máis que digan que sobran poetas, non é certo. Cóidate que te necesitamos.

Volver arriba


Roberto Bolaño
Convidado





Publicado: Mar Xuñ 24, 2008 10:15 pm Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

Non sabía nada. Acabo de inteirarme. Eu tamén lle desexo que se recupere, que non andamos sobrados de poetas.

Eu do Ramiro Fonte sempre lembrarei aquel día en que se levantou e... Compostela, corrían os anos 70 do século pasado (non sabería precisar se o 75, o 76 ou o 77, tería que consultalo; antes do 79 seguro, que foi cuando morreu Celso Emilio Ferreiro), daquela non perdíamos nen un dos actos culturais que se organizaban, daba unha conferencia Celso Emilio Ferreiro, afinal do acto un mozo inzado de paixón poética levantouse e botou unha disertación sobre poesía que nos deixou a todos pampos, supoño que ao Celso Emilio tamén. Escuso dicer que aquel mozo era Ramiro Fonte. Tampouco sabería precisar se daquela xa formaba parte do movimento poético Cravo Fondo ou se este se formou mais tarde, a finais dos setenta. Tanto ten, para min aquela tamén foi a época de Cravo Fondo, do que formaban parte Ramiro Fonte, creo que tamén Rábade Paredes, Xulio L. Valcárcel e non sei se tamén un irmao deste último. Lembro perfeitamente aquela época de nacimento de Cravo Fondo.

Ramiro, non nos coñecemos, pero temos amigos comúns, estás en Barcelona, como eu, teño aquí mesmo unha copa de cava, que vou levantar por ti e pola poesía, como ti te levantaches naquel acto de Celso Emilio e nos deixaches a todos coa boca aberta polo teu saber poético. Tempos aqueles, tempos estes, que te recuperes e que vivan sempre a poesía e os poetas. Unha aperta.

P. D. Xa perguntarei onde é que estás.

Volver arriba


Amigo
Convidado





Publicado: Mer Xuñ 25, 2008 12:01 pm Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

Se lle deixades a Ramiro unha mensaxe no blog de Perfecto Conde, el nalgún momento do día vaino ver seguro. Saúdos a todos.

Volver arriba

13:03
Anónimo dijo...
Ramiro, moitas grazas pola triloxia maxica de Pontedeume, votaba en falla un percorrido pola nosa nenez, dende a Praza do Conde un do 57 che desexa de todo corazón unha pronta recuperación.

07:56
Anónimo dijo...
A praza do Conde, si señor...!
Alí está, agardando por nós, Ramiro.

12:38
Anónimo dijo...
Una gran persona,un buen hombre en el buen sentido de la palabra.Tenemos la suerte que quiere compartir sus sentimientos con nosotros, a través de la poesía.
Un abrazo sentido.
Benito.BCN

12:50
Anónimo dijo...
No foro libre de Arroutadas seguen colgando mensaxes de afecto para Ramiro, sería boa cousa copialos aquí.

13:21
Anónimo dijo...
Enviado por Lourixe a Arroutadas:
Muitos ânimos!

14:15
Anónimo dijo...
Enviado por Amorodo á Arroutada:
Desejo que tudo corra bem para o Ramiro.

16:50
Julia Uceda dijo...
Ramiro, estoy en total desacuerdo con tu afirmación, en la entrevista que te hizo Ramón Loureiro: a miña obra pode ter un certo prestixio, pero non tivo éxito. Paguei cara a miña independencia, El éxito me parece efímero, Es el resultado, posiblemente feliz, de algo. ¿Poeta de éxito? No me suena bien. Prestigio es exactamente lo tuyo y lo propio de un poeta: influencia, autoridad, respeto. Y frente al éxito, arbitrario a veces, la fama porque la poesía gallega sin tu obra no sería la que es. Independencia, como ejemplo de intelectual libre (para mí, la palabra intelectual no ha cambiado de sentido ni se la aplico a todo el mundo).
Un abrazo y hasta pronto.

01:54
Anónimo dijo...
Desexámoste Ramiro que te recuperes pronto e que sigas facendo o que máis che gusta: libros, literatura, falar e conversar coa xente, cos amigos. Eres dos máis grandes. Unha aperta.

11:48
Anónimo dijo...
Coñecín isto dos blog hai pouco, está moi ben porque che permite transmitir sentimentos....Lin a entrevista de Ramiro Fonte na VOZ...toda unha lección .Sorte.

12:18
Publicar un comentario en la entrada

Entrada más reciente Entradas antiguas Página principal
Suscribirse a: Enviar comentarios (Atom) Datos personales
Perfecto Conde Muruais
INFORMACIÓN E CONTACTO: perfectoconde@gmail.com

Anónimo dijo...

Todos os lectores te queremos, Ramiro.

Anónimo dijo...

Certo, querida Julia, querido Ramiro...

Auga nun tellado.

(unha música no reino das incertezas)

É unha sorte que vos teñamos.

Os grandes poetas facedes que toda hora sexa mellor.

Boas tardes a todos.

Anónimo dijo...

"Julia Uceda é unha señora moi sabia, pero hoxe non acerta por completo. Finxir que aquí non pasa nada, que non hai un pacto de silencio para acalar aos que, por moi bos escritor que sexan, non queren converterse en políticos de cara tapada, é un erro".
Deseo responder a estas palabras de ANÓNIMO al que me gustaría poder llamar por su nombre.
Sé muy bien que vivimos una época oscura, pobre. Las palabras son pálidas, sin color alguno, y se usan así para que, ante cualquier cambio inesperado (ya sabe a qué me refiero), se puedan colorear según convenga. Es todo muy triste y feo y pocos tienen el valor de ejercer su libertad.
La libertad se paga, claro, porque quienen no usan palabras pálidas son demasiado fuertes aunque se les pueda hacer daño. Me refiero a una fortaleza interios, a una tranquilidad de conciencia, a la reaponsabilidad (ética) de estar usando un idioma para expresar ideas y alumbrar caminos.
No hay que tener prisa. Hay que tener valor y seguridad en uno mismo. Y todo eso lo tiene Ramiro.
Saludos

Anónimo dijo...

Boas noites a todos.

Se me permiten dicilo, aínda que a cuestión non veña demasido a conto, eu, ademais de ser un gran devoto da poesía de Julia Uceda, quérolle moitísimo tamén a ela.

E dígollelo a vostedes neste blog porque esa cercanía persoal permíteme a min coñecer moito (ou alomenos unha boa parte) do que ela ten tido que aturar no noso país, invariablemente en silencio.

É a nosa poeta, sen dúbida, e desculpen a coloquial da expresión, unha muller dunha peza.

Non só é unha das grandes creadoras da lingua española, que iso xa todo o mundo o sabe, senón ademais unha persoa á que xamais se lle regalou nada; unha profesora excepcional, todo un luxo para o ensino, que despois de ter exercido a docencia universitaria, cos máximos recoñecementos, tanto en Irlanda como nos Estados Unidos, ao retornar a España atopouse con que se quería dar clases... non lle quedaba outro remedio que incorporarse a un instituto.

(E iso, porque antes de marchar gañara as oposicións a unha cátedra de ensino medio.Fagámolo constar, para a historia e para os comentarios. Cada pau que aguante da súa vela.)

Julia, sempre en tantos sentidos un exemplo, sabe moi ben que o único que importa é o que nos sobrevivirá. E ademais sabe tamén que o que Ramiro escribiu é para sempre.

Pero así é todo, eu entendo ben a Ramiro -non quero dicir, claro, que ela non o entenda...-, e penso que ten razón ao queixarse. Moita.

(Porque a ninguén se lle pode pedir, querida Julia, que teña o teu temple...)

Anónimo dijo...

(Son Almiral Mouchez outra vez, desculpen que interveña dúas veces seguidas)

Permítenme que ademais de enviarlle un bico moi forte a Dona Julia e unha aperta co cariño de sempre a Don Perfeuto, lle mande tamén desde aquí cen mil abrazos a Ramiro, que sei que está con nós, aínda que sexa a través destas electrónicas maxias da Rede.

Boas noites a todos.

Anónimo dijo...

Hola, Ramiro. Este fin de semana te enviaré un poema (no mío). Ahora quiero aconsejarte que entres en La nave de los locos literatura y mas... Es de un buen amigo mío. Te gustará porque es literaria, dinámica y muy variada.
Miguel García-Posada te envia sus mejores recuerdos. Ya me contó que una vez habías estado leyendo poemas hasta las tantas.

folerpa dijo...

Para Ramiro, que conseguiu ser o gardador das fontes máis lonxanas e aprendermos no segredo das choivas do pasado, unha forte aperta e moito ánimo dun rapaz do Esteiro do Covés.

Anónimo dijo...

VEREDA DE LAS SÓFORAS

el sendero
está cubierto
por las sombras
de las sóforas

húmedo
y secreto
por doquier
el musgo verde

alguien
barre la entrada
en señal de bienvenida

por si llega
el monje de las montañas.

Wang Wei (699-761)

SABIDURÍA BÚDICA

Así. pues, Ananda, sé para ti mismo una lámpara:
sé para ti mismo un refugio.
Sé fiel a la verdad como a una lámpara.
Sé fiel a la verdad como a un refugio. No busques
refugio en nadie, salvo en ti.

Mahaparinibbana Sutra
Buen domingo, Ramiro.

Anónimo dijo...

VEREDA DE LAS SÓFORAS

el sendero
está cubierto
por las sombras
de las sóforas

húmedo
y secreto
por doquier
el musgo verde

alguien
barre la entrada
en señal de bienvenida

por si llega
el monje de las montañas.

Wang Wei (699-761)

SABIDURÍA BÚDICA

Así. pues, Ananda, sé para ti mismo una lámpara:
sé para ti mismo un refugio.
Sé fiel a la verdad como a una lámpara.
Sé fiel a la verdad como a un refugio. No busques
refugio en nadie, salvo en ti.

Mahaparinibbana Sutra
Buen domingo, Ramiro.

Anónimo dijo...

MÁS SOBRE LA SÓFORA

Este árbol es originario de China y Japón y está probado que se adapta muy bien a vivir en el clima mediterráneo porque resiste sin ningún problema las condiciones de la vida urbana.

Es el árbol recomendado por el Instituto de Parques y Jardines del Ayuntamiento de Barcelona como árbol de Sants-Montjuïc en el plan de renovación de las especies arbóreas de la ciudad. Las flores, de un color blanco cremoso, son pequeñas, ligeramente aromáticas. Sus flores recuerdan a una mariposa.

Y el poeta, reflexionando sobre las últimas líneas de su poema, dice: “Todos los senderos son estrechos y apartados porque los caminos verdaderos siempre están ocultos, son secretos y el musgo crece por doquier en sus orillas. Aunque son senderos de un solo Hombre, cuando uno los camina siente el temor de la verdad y de la pérdida: la extrañeza de estar en otro lado. Senderos místicos que sólo los iniciados pueden recorrer”.

Esto me recuerda un verso de un amigo nuestro: É a beleza o resplandor da verdade?

Anónimo dijo...

" Nunca pierdas el rastro de las estrellas
Fugitivas,y nunca te abandones
Al gesto vano, a lo falso, o a la mentira."

Grazas , Ramiro, por estos fermosos versos, unha aperta e...

"Deja que suene la música.Y que pase otra vez".

Anónimo dijo...

Ramiro, no te quejarás del domingo.Lo he pasado buscándote textos interesantes y una de mi parrafadas ha salido dos veces gracias a mi torpeza con estas máquinas.