María Pura das Antas Vellas, deputada integrante da Mesa do Parlamento, deu a coñecer o seu propósito de renunciar ao uso e desfrute do coche oficial a que ten dereito dende o comenzo desta lexislatura, por iniciativa da presidenta da institución que ten a súa sede na rúa do Horreo, a socialista Dolores Vilariño.
Nun breve comunicado anunciou que tamén renuncia aos beneficios fiscais que separan os membros do Parlamento de Galicia do resto dos cidadáns –preto da metade do que cobran está exento de impostos, grazas a un acordo especial co Ministerio de Facenda– e tamén desbota o uso do teléfono móvil, con conexión a Internet e ata 70 euros de chamadas gratis ao mes, que lle otorga o Parlamento.
A deputada Antas Vellas manifesta a súa decisión de vivir exclusivamente do seu salario, que “non é precisamente o que cobra un albanel”, segundo ela mesma di no comunicado, onde tamén explica o seguinte: “Non preciso que un coche oficial e un chófer pagado polos contribuíntes me vaia buscar e levar á miña casa, acompañar os nenos ao colexio ou cando vou de compras ao Corte Inglés. Hai moitos anos que sei conducir, teño o carnet da clase C que saquei cando me gañaba a vida de camioneira na emigración e son propietaria dun Seat Ibiza que me abonda para trasladarme pola miña conta”.
Ata agora, non houbo ningún tipo de reacción á decisión anunciada por María Pura das Antas. Descoñécese, polo tanto, se algún outro membro da cámara galega podería estar disposto a secundar esta medida.
14 comentarios:
Xa esdá o Conde desbarrando. Que estamos a 17 de xuño, home, e non a 28 de decembro!
O que non entendo deste post e a ligazón do texto ca ilustración. O da parlamentaria entendoo ben, ainda que, tranquilos señorías, xa sei que o exemplo non vai cundir. E tambén entendo o silencio, a perplexidade xeral. Xestos asi non abondan.
Home, Anónimo segundo, aínda parece ben inocente vostede. E, como di Anónimo segundo, non estamos a 28 de decembro. "Xestos así non abondan", di vostede. Non é que non abonden. É que non existen. ¿Ou vostede deu creto ao que parece unha broma con mal "milk" do Perfecto Conde?
Un excelente apócrifo de don Perfeuto.
O crédulo: fala de novo: pode don Perfeuto dicirme a qué ben a ilustración?
Eu creín que a nova Galiza daría para xestos, pero di ben Kalikrates que pequéi de inocente. Prometo reincidir.
As imaxes non sempre valen mil palabras. Ás veces, coma esta, só valen por unha. E abóndalles: imaxinación.
Don Perfecto, díganos o partido da señora das ancas bellas, que queremos votar por ela.
Don Perfecto, díganos o partido da señora das ancas bellas, que queremos votar por ela.
Estou emocionado. Agora que sei que este blog é letura obrigada de Alfredo Conde, entrarei todos os días.
Mais imos ao tema. A señorita ou señora María Pura é un exemplo bastante comón do común dos palamentarios/arias galegos. Miren, senon, o moito peso corporal e a moita masa corporal que perdeu Carlos Aymerich (pero, non quedamos en que o Y grego non existe en galego?) desde que deixou tirado ao seu mestre coruñés, aquel político do Opus Dei..., bah, vostedes hanse lembrar.
Demudado está Kim desde que deixou o hospital no que traballaba para afrontar esta tarefa titánica de gobernar a golpe de festas para maiores e galescolas. O feito de dispor de chofer e carro oficial durante as vintecatro horas do día non necesariamente significa unha mellor cualidade de vida, qué va, máis ben todo o contrario.
Ismael rego, porén non me crean, adelgazou varias toneladas desde que leva metido en política, ou sexa, desde o Pleistoceno, adicado a introducir novidades semánticas na lingua oral, como o sexo, colegas, oral como o sexo.
Hai tamén quen mellora sen estar na política propiamente dita. Aí está Antón Reixa, un "brooker" nativo navegando entre brumas mestas, sen brúxula pero cun olfato para os negocios que xa o quixera para si unha das Koplovich, ou como se escreba o apelido. Reixa é todo un exemplo patriótico de cómo adelgazar en vinte días sen ir gastar os cartos a unha clinica da Costa do Sol. Créanme, Reixa está moito máis delgado.
Hai todo un catálogo de exemplos de delgados e delgadas de Nazón sen Estatuto, pero non quero pasarme e deixar ao resto de admiradores deste blog sen a oportunidade de chincar eles a quen lles pete.
A imaxe ten que ver, claro que si. Aínda que non significaba o mesmo cando se pintou que hoxe...
Pois menos mal que o Valcárcel se deu conta de que a ilustración que colocou Conde provén dunha pintura famosa que está colgada no Museo do Louvre. Aver se alguén adiviña quen é o pintor.
A que debería renunciar a máis da metade do que cobra é a propia presidenta do Parlamento. Ou alguén debería multala polo equivalente desa metade polos seus espaventos autoritarios. O último, o que exercitou impedindo que a CIG falase á Prensa no recinto insitucional.
E multou aos de Esquerda Hundida cando montaron o numerito no Parlamento?
E multou aos palamentarios do BNG que, tras escoitar a versión "aflamancada" do Hino Galego en sé parlamentar, felicitaron aos intérpretes para, despois, ir cara a prensa a poñer podre ao guitarrista e ao cantante?
Non, se a culpa do que pasa neste país é, según o Bloque, do PSOE e do PP, esquecendo que o BNG goberna co PSOE e desexando entrar en tratos co PP se muda de estratexia cara aos nacionalismos.
Para qué vai mudar se até Paco está polo labor de pactar con eles?
Por certo, un día falamos, Perfecto, do Valedor do Pobo, colocado -no bo senso do palabro- cos votos do BNG?
Se Conde: este Bautista andróxino co que vostede ilustra a páxina, ... leva retranca nominal agochada ou é o que parece que é?
Publicar un comentario