Moito lle agradezo a Marcos Valcárcel a mensaxe que mandou ao meu blog. E agrardézollo por dúas razóns. Unha, que Marcos é para min o "blogueiro" galego de referencia. Polo que tivo de precursor no uso deste medio de comunicacion en Galicia e pola mestría que decote nos mostra aos que acreditamos nesta leria. Coido que xa dixen algunha vez, e senón dígoo agora, que lle teño algunha caste de envexa. Sana, pero envexa, Polo ben que o fai en Asuvasnasolaina e pola respectábel e voluminosa aundiencia que ten.
Outra razón para mostrarme agradecido, ademais da xentilexa que mostrou tendo en conta Croques coma un sitio ao que se pode ir, débese á idea que expón de tomar posicións persoais e colectivas sobre o que pasou no hotel Cidade de Vigo. Di Marcos Valcárcel o seguinte na mensaxe que me mandou:
"Se un hotel notase rexeitamento de persoas e colectivos por este tipo de actitudes, cambiaría de inmediato: sobre todo, se lle afecta á conta de resultados. Non estaría mal que todo aquel que puidese, sobre todo clientes habituais, deixase constancia, mesmo escrita, do seu fondo malestar polo desprezo ó noso idioma."
Pois digo eu que está moi ben o que el di e súmome á súa proposta tirando por ela un chisco máis para riba. Non volverei a ser cliente dese hotel mentres que o seu director actual non presente desculpas públicas polo que fixo. Se alguén quere ver o que fixo, non ten máis ca ler o post anterior.
7 comentarios:
Menudo sinvergoña este tío do Tejada. Bueno o apelido o di todo.
Que tomen boa nota os que somos galegos de corazón, os que respetamos aos nosos antergos, cando vaian a o Hotel Cidade de Vigo. Soamente preguntar polo elemento ese e dicirlle na cara en galego e castelán un anaco de estrofa do noso himno:"....mais sóo os iñorantes e féridos e duros,imbéciles e escuros
non nos entenden, non".....
e logo llo dices en castelán:
"pero sólo los ignorantes,
los fieros y duros,
imbéciles y oscuros
no nos entienden, no".
Xa veredes como se convirte un ser humano nunha fiera, cando lle estás chamando de todo.
Logo se queres e sabes inglés lla cantas. Pagas en recepción os días que estiveches e cando te vaias o mandas a puta merda.
Como poden ter nun hotel desa categoría (Cidade de Vigo) a un Sr. que de relacións públicas non ten nin P....idea. debe se un tío moi peculiar, ou un hipócrita, un pelotas ou un Sr. que naceu na subcultura.
Sr, Tejada respete Vd. a tódalas persoas, se queren que o respeten.
Un afectuoso saúdo, señor Conde. Estou certo de que moitos dos que andamos n´As Uvas seguimos relixiosa e puntualmente o seu blog.
A min paréceme excelente e doulle os meus parabéns. Ten que desculpar que non se teña tempo para falar tamén aquí, como sería a intención. Pero, xa digo, eu sígoo puntualmente como un reloxo: tal é o aprezo que teño do seu labor, de antes, de agora e de sempre.
Reciba un cordial saúdo. Sempre seu.
Graciñas por todo, Perfecto. Eu tamén teño os "Croques" entre os meus blogs de referencia, xa o sabes, e, postos a dicir, tamén certa sa envexa polas túas fontes documentais no que se refire á vida política galega, que son ben excepcionais. Saúdos.
Non pensa, don Perfeuto, que sería elegante pola súa parte responder a tan amables palabras de dous coñecidos internautas?
Xa vexo que non. Perdeu unha ocasión para quedar como un cabaleiro, don Perfeuto.
kd 12
supreme t shirt
curry 7
supreme clothing
off white clothing
off white clothing
kobe shoes
kyrie 6 shoes
golden goose
jordan shoes
Publicar un comentario