miércoles, junio 25, 2008

O medo é libre

O medo é libre e ata Carla Bruni, primeira dama de Francia e pseudomusa da chanson, lle virou as costas ao perigo cando ela e o seu home, Nicolas Sarkossy, estaban despedíndose dos mandatarios israelís no aeroporto Ben Gurion de Tel Aviv. Un policía que estaba de servizo no lugar decidíu suicidarse, segundo parece, disparando un tiro que provocou unha inmediata alarma.
Carla Bruni case perdeu o cú subindo ás carreiras pola escada do avión presidencial francés e a penas volveu a vista atrás para ver se ao seu marido, presidente da República Francesa, lle pasaba algo. Sarkossy, algo máis tranquilo ca famosa chansonnière, tamén apurou o paso para refuxiarse no avión, mentres que os seus homólogos de Israel, Simon Peres e Ehud Olmert, atoparon refuxio nos seus respectivos coches blindados.
Felizmente para todos, esta vez non era un misil lanzado por Hamas e só houbo que lamentar a triste perda do policía que, suicidándose, lles meteu o medo no corpo aos que mandan nunha zona onde a vida non sempre é respectada como debería ser desexábel.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

O que pasa é que vostede, don Perfeuto, non atura que a Carla o deixase polo Sarko. E agora víngase dela. Iso non sei fai. Hai que ser un cabaleiro, incluso na adversidade.

Anónimo dijo...

¿Donde dí que perdeu Carla o cú, que vou ver se o atopo?