Horacio Vixande é un xornalista d’A Nosa Terra ao que eu lle leo case todo o que publica. Naceu na miña terra, aínda que el na beira dereita do río Eo, na Veiga, que xa é administrativamente de Asturias, e a min paríume miña nai banda da esquerda. Horacio, coa súa tendencia a coidar que entre as cousas seguras a máis segura é a dúbida, e Gustavo Luca de Tena, coa súa fe case católica na bondade das cousas (de esquerdas), foron moitas veces parte do sustento espiritual que atopaba no citado semanario nacionalista.
Gustavo xa anda, coma min, xubilado, pero o “veigueño” segue dando toda a caña que pode, que é máis da que parece. Esta semana publica unha entrevista con Xesús da Torre Martíns, un rapaz que foi rechazado como aspirante a ocupar uha praza de recepcionista no hotel Cidade de Vigo por falar galego.
Resulta que Miguel Tejada, director deste estebrecemento hoteleiro vigués, díxolle que había unha condición sine quan non podería traballar alí. Non podía dirixirse nunca en galego a el nin aos compañeiros da recepción. Xesús da Torre fala alemán, francés, italiano, inglés, portugués e español, ademais do seu primeiro idioma, que é o galego, pero o incomprensíbel capricho do tal Tejada impedíulle gañar a vida no Cidade de Vigo.
Xa cando chegou e lle oíron falar en galego, na recepción alguén dixo que chegaba “un galeguista”, e logo foi cando Miguel Tejada lle advertíu que con el e cos recepcionistas non podía falar nun dos idiomas oficiais de Galicia.
Hai cousas sobre as que non é preciso ser do Bloque para estar radicalmente contra elas. Unha é a babecada deste tal Miguel Tejada, que debería cambiar o apelido e chamarse Miguel Tajada. Aínda que non beba nunca.
4 comentarios:
Seguirá o BNG facendo actos no hotel Cidade de Vigo? Desde logo eu, que son dos que viaxo moito por rzóns de traballo, non volverei durmir neste hotel.
Nom sabia eu que Vijande fosse da Veiga mas nom me estranhou. Por experiência pessoal sei que é um apelido muito frequente nessa vila, outro muito abundante é Veiguela.
Se un hotel notase rexeitamento de persoas e colectivos por este tipo de actitudes, cambiaría de inmediato: sobre todo, se lle afecta á conta de resultados. Non estaría mal que todo aquel que puidese, sobre todo clientes habituais, deixase constancia, mesmo escrita, do seu fondo malestar polo desprezo ó noso idioma.
Este elemento de Tajada gostaríame coñecelo persoalmente. Pero que carallo pasa co galego hoxendia, están a fodela ben fodida. Penso que hai unha campaña moi ben orquestada por uns elementos que non merecen ser desta terra. Que lle teñan polo menos un respeto aos seus avós, que eles si falaban sempre en galego. que respeten a esta terra. Que pasa cos mandamais des Hotel?. Como pode un elemento de Tajada non admitir a unha persoa con tantos idiomas. Boicot a o Hotel Cidade de Vigo. Que se vaia para o carallo a Tallada esa.
Publicar un comentario