miércoles, junio 11, 2008

Touriño retratouse con María Isabel Blanco


A estratexia seguida polo PP para denunciar politica-
mente o caso da suposta axente electoral do PSOE que actuou en Arxentina, se non remata poñendo ao presidente da Xunta contra as cordas, será de puro milagre. Os axit-prop de Núñez de Feixóo van tecendo, pouco a pouco, unha arañeira de datos e circunstancias que lle poden sacar as cores da cara a Pérez Touriño.
O último episodio desta guerra acaba de ocorrer no Parlamento. Os do PP, para dsementir a reclamada inocencia do líder socialista, fixeron públicos unha foto, na que aparece María Isabel Blanco co presidente da Xunta, e o diploma que lle foi otorgado a esta muller pola Fundación Iniciativas 21, firmado por Fabiola Sotelo e por Abel Losada, altos cargos da Xunta.

1 comentario:

Carqueixa dijo...

Don Perfeuto, eu o que vexo na foto e que corresponde a un acto oficial dos que fan a menudo os políticos desa propaganda a que nos teñe acostumados, ou sexa a de "festas,queimadas e demais caralladas".
Fíxese no regalo que teñe na man as mulleres.
O mellor tamén saio eu en algunha a que tiven que asistir, e non por iso coñezo a Touriño, nin o trato, agás o de ser Presidente da miña terra.
O da foto entra no ataque e contraataque do xogo e desgaste político, con independencia de que, efectivamente, a axente estivo conchavada co partido acarrexando votos. Agora ben, a min gustaríame saber porque carallo cambiou de chaqueta. ¿intereses económicos?
Un saúdo.