Adolfo Domínguez. Tan candido el. Tan espiritual. Se ata parece un místico derivado de San Juan de la Cruz. E resulta que nos sae pedíndolle aos seus traballadres que apreten o cinto renunciando aos aumentos salariais que lles corresponderían por lei no ano que ven. Fódase pa o sesentaoitista da moda galega! Levo toda a miña vida presumindo de gastar roupa da súa marca e se cadra chegou o momento de ir pensando en poñer outros trapiños. O malo é elixir sustituto porque o que é vestido por Zara non acabo de verme.
Adolfo el pinturero, que tanto se fai rico vendendo camisas e pantalóns como escribe unha novela ou se atreve a contarnos a todos o que aprendeu de cine nos seus tempos de París, salnos agora como un intérprete máis da Escola de Chicago, a daquel Milton Friedman que causou máis mortes ca guerra do Vietnam, e dille aos seus traballadores que hai que conxelar os salarios do ano 2009. Pero cando conxelou el as súas gañancias? Nos anos de vacas gordas non se lle ocorreu dicirlles aí están esas plusvalías para que as repartades, e agora quere que lle axuden a seguir facéndose rico. Xa se sabe, entre outras cousas porque unha dona do seu oficio xa o adiantou, o seguinte paso vai ser que os constribuíntes carguemos coas súa debilidades. O de sempre, as gañancias, para os gañadores e as perdas para os perdedores. Home eu pensaba que Adolfo Suárez, digo Hitler, digo Domínguez ía saír con algo diferente ao que sacaron os banqueiros que nos levaron á quebra. A enruga seguirá sendo bela, pero o inventor do invento demostrou que ten teas de araña no cerebro.
7 comentarios:
O máis bonito do asunto é que aos que non queiran renunciao ao aumento que lles corresponde MANDOULLES QUE O COMUNIQUEN POR ESCRITO.Cun par.(É unha metáfora, o do par, tampouco esaxeremos).
A roupa de AD ten baixo moito en calidade nos últimos anos. Que se foda!
Don im/Perfecto, o Adolfo manéxache moi ben a aghulla
Con esta, ¿como lles podía dicir outra cousa?
Voste, que por oficio sabe o que se lle esquenceu ao xastre, podía reghalarnos o oído e a vista cunha boa roda de amolar os coitelos.
Cara difícil a deste xastre enrugado. Pero manda carallo co artista.
Té verde, buen perfume
Publicar un comentario