sábado, octubre 25, 2008
A bici de Andrea Camilleri
Un recente paso polo aeropuerto siciliano de Palermo serviume para ver a bicicleta de Andrea Camilleri. En realidade, unha versión daquela bici que inventou nos anos vinte Calogero Montante e que o famoso escitor utilizou, en 1943, para ir en busca do seu pai que quedara en Porto Empedocle cando os fillos e a nai marcharon a Searradifalco, para refuxiárense dos bombardeos que estaban facendo as fozas aliadas da segunda guerra mundial para desaloxar do poder os fascistas de Benito Mussolini.
Camilleri percorreu nunha biclicleta daquelas, “senza mai un problema meccanico”, cruzándose cunha interminábel caravana de blindados aliados que se dirixían ao interior de Sicilia, a distancia que hai entre Serradifalco e Porto Empedocle, a súa cidade natal, e bautizouna logo como a “bicicletta della libertá e della legalità”.
Os herdeiros de Calogero Montante, donos hoxe do Gruppo Montante, que forma parte da MSA, empresa líder no mercado italiano de amortiguadores para vehículos industriais e ferroviarios, fixeron recentemente unha reproducción limitada da bicicleta de Camilleri, un modelo denominado Kalos no seu día, e entregáronlle o primeiro exemplar, a Kalos MU001, ao creador do personaxe Montalbano. Outros exemplares tamén lles foron ofrecidos despois ao presidente da República Italiana Giorgio Napolitano, ao presidente do Senado Franco Marini, ao presidente da Comisión de Asuntos Institucionais do Senado Enzo Bianco, ao xefe da Policía Antonio Manganelli, ao comandante xeral dos Carabinieri Gianfranco Siazzu e a algún alto representante da industria italiana.
O propio Camilleri lembrou a Montante orixinal con estas palabras: “Non c’era piu l’asfalto, se l’erano portati via i cingoli dei carri armati e il suolo era letteralmente coperto da frammenti metallici. Pensai che avrei forato almeno un centinaio di volte prima di arrivare. Non ferai mai, la bicicletta non subi nessum guasto meccanico. Un miarcolo che si ripetè quattro giorni dopo quando rifeci la stessa strada per andare a dire a mia madre che papà era vivo. Ma che splendida bicicletta! Era robustissima e leggera, elegante, funzionale. Quelle biciclette erano stato farbbricate proprio a Serradifalco dalla dita fondata da Calogero Montante e che alle loro spalle c’era una storia di successi. Sia gloria dunque alle biciclette Montante!”.
Andrea Camilleri lembra da seguinte maneira aquela aventura ciclista: “Tres días despois de que os americanos desembarcasen en Sicilia, aquela noite entre o 9 e o 10 de xullo de 1943, chegaron as vangardas comandantes do xeneral Patton, que veu en acción de presencia; chegaron a Seradifalco, un país no centro de Sicilia, onde eu estaba coa metade da miña familia mentres que o meu pai ficara en Porto Empedocle e, estando na capitanía do porto, non podia moverse. Como non sabiamos nada do meu pai dende había vinte días, agarrei una bicicleta na casa da miña tía onde me hospedada. Era unha bicileta Montante e cun curmán meu, que levaba outra bicicleta que lle pertencía, mentémonos na estrada a contramán literalmente porque en realidade era unha teoría infinita de medios aliados: camións e jeeps que avanzaban pola estrada que antes se retiraran as tropas italianas e alemanas e, canto máis avanzabamos, menos xente había pola estrada. Só había fragmentos de metralla cando, xa a dous kilómetros de distancia, o meu primo pinchou e eu, en cambio, non pinchei. Á terceira pinchadura do meu primo deixeino e proseguín coa miña bicicleta que, durante 50 quilómetros, non me traicionou nunca nos restantes 50 quilómetros.
Chegado a Porto Empedocle, atopei o meu pai e logo volvín para atrás. Foi unha cousa desesperada, tiña 17 anos naquela época e pregunteime algunha vez por que fixen aquilo. Polo meu pais, sen dúbida. Tiraba a roupa mentres corría, facía calor, cheguei a Agrigento e vin Porto Empedocle onde non se vía máis o mar. Eran as naves, tantas naves que un labrego que estaba ao meu carón dixo: ‘Pódese ir a Túnez a pé”, e era certo. Camiñando de nave en nave, chegaríase. Logo téñome preguntado que había máis aló de todo aquilo. Era moi simple, eu era un rapaz de 17 anos que quería saber, vindo do fascismo, o que era a democracia, que era a liberdade, todo moi extremadamente simple, era esta ansia pura a que estaba dentro de min”.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Lembro - de fronte da porta de fóra, pendurada enriba do salgadoiro - aquela bici de "carreiras" - llantas de pau - na que meu pai viñera antes eu nacer, dun tirón, desde o Morrazo, para saber do seu irmán Víctor, que tiña, por aló, sona de ser de esquerdas.
Estou a falar, como é natural, dunha Orbea do ano 36 para atrás.
Fermosa lembranza, Don ou Dona Rioderradeiro.
Eu tiven unha Abelux.
(Dicíase Abelux, non?)
Boas tardes a todos.
Publicar un comentario