miércoles, octubre 29, 2008
Chove ou mexan por nós?
Tomo boa nota. Sei que algún dos meus escasos –e, porén, ben queridos– lectores botan de menos que non escriba nada sobre o fastuoso despacho que se fixo construír o presidente da Xunta. Pido humildes desculpas, pero esta vez non vou ser eu quen meta o dedo na chaga. Hai cousas que empezan a aburrirme e que non debería ser un quen tivese que ocuparse delas. Esta vez tamén vou ser dos que miran para o outro lado. Que me perdenone Eolo, que é o deus dos ventos. Mexan por nós, pois a min paréceme que chove. Ou non estamos no inverno? Que me entendan os que queiran e saiban facelo. Aos demais abóndalles con seguir pagando os seus impostos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
9 comentarios:
Hai anos que non me fío dos políticos de esquerdas e de dereitas, e coñezo uns cantos do país. Mais... non dou feito unhas contas que se acheguen aos dous millóns de euros por moita acoba e material de seguridade que poña...alguén é quen de facer unha factura explicando os costes?..
Titulares de dos xornais da mesma empresa:
“O acoso de López-Chaves a Lobeira rebenta o Parlamento” (Galicia Hoxe)
Lobeira expulsa a López Chaves tras discutir por 'Galiza' (El Correo Gallego)
Tristes días, irmáns.
Leo no foro de Arroutadas que morreu Anxo Rei Ballesteros.
É unha perda terrible para literatura galega.
El era un home que nada quería, que nada pedía...
Naturalmente, cantos hoxe falarán del como facéndolle un favor á súa memoria, todo llo negaron sempre, nada lle deron.
(Claro, tedes razón, nunca por iso nos asustemos: é que nada lles chega.)
Requiescat in pace.
O comentario que fai Almiral Mouchez sobre Anxo Rey Ballesteros dá que pensar.
Sobre o tema político/económico, nestes momentos só hai unha saída digna para o BNG: rachar o pacto de goberno co PSOE.
Un asunto que trae causa (mellor ou peor) do 2006 e collido maliciosa e forzadamente dos pelos para atraelo ao presente, déixoo correr coma as augas pasadas...
Concordo en que hai bastante demagoxia do PP no asunto do despacho do Faraón Touriño, mais estaría ben saber se, como os cartos son públicos, algo hai de certo.
A algúns de esquerdas e nacionalistas, que lles é o mesmo, comentar críticamente as actuacións do Goberno de Progreso, resulta-lles altamente custoso, pero os feitos están aí. Por exemplo, o gasto estratosférico da Cidade da Cultura. Por exemplo, o afán de Kim de trincar o ¡7 por cento! dos orzamentos dos concellos pra facer él a súa política clientelista e fragiana.
Claro, con nacionatas así e con esquerdistas así, a cousa non pode ir mellor, e todo quisque encantado da vida mentres se trincan subvencións e se montan empresas paralelas (véxa-se Medio Rural), se gasta o que non hai e non se amaña a conta de resultados(Universidades)...
Total, pagamos nós.
Este menda non volve votar na súa vida.
Parabéns.
Felicidades polo merecido galardón, don Perfecto, e moitas grazas por manter o blog funcionando coas aportacións de todos.
Vinteuil.
Anónimo, recoñezo que me pasei ao falarche así, pero é que me cabreou moito a maneira na que te referiches a Rei cando acaba de morrer. Tes todo o dereito a falar do que che pete, home non. Nalgunhas cousas levas razón.
Publicar un comentario