sábado, octubre 18, 2008

Galicia is different

Cóntanme que na Radio Galega, esa ponla das emisoras públicas que controla directamente o BNG e que eu escoito moi poucas veces, volven a medrar as prácticas censoriais na elección dos colaboradores opinantes. Lémbrase alguén de como botou o director da emisora, Virxilio Costas, ao que agora alguén lle chama protomártir Carlos Vázquez? Pois polo mesmo camiño a Broadcasting National Galician (BNG) acaba de devolver ás súas casas dunha tacada a Xusto Beramendi, Antón Baamonde, Bieito Iglesias, Xan López Rico, Xosé Manuel Sarille e Suso Veiga.
Pero non eran todos estes colaboradores abondo amigos da formación política de Quintana? Entre todos eles eu non vexo a ningún quintacolumnista do PP ou do PSOE, e ata podía consideralos en conxunto e por separado coma un bo feixe de compañeiros de viaxe do nacionalismo galego. Por que os bota entón Virxilio Costas sen que a ninguén se lle ocorra botalo a el?
Mágoa de medios públicos galegos, sempre condeados a seren meras campás de resonancia da propaganda dos que teñen a tixola polo mango e o mango tamén. Acabo de estar en Italia e vin o magnífico programa de televisión que se chama L'Infidele e que emite La 7. Nin co PP vimos antes nin vemos agora co PSOE e co BNG, nin veremos nunca probablemente, unha cousa igual en Galicia. Ser diferentes é ser existentes, din que dicía Vicente Risco. Pero por que temos que selo tanto? Xa o dixera Fraga cando era ministro de Franco e falaba en inglés: Spain is different. Pois Galicia por aí lle anda.

20 comentarios:

Anónimo dijo...

Xusto Beramendi acaba de recibir o
Premio Nacional de Ensaio.
Probablemente os xestores da Radio Galega non o saiban, ou non saiban que é un ensaio.

Anónimo dijo...

Pero como un home tan feo pode dirixir unha radio aínda que sexa pública?

RIODERRADEIRO dijo...

Non entro nin saio da parte puntual deste asunto, que descoñezo a fondo. Só reparo na broma de prescindir da con/fianza.¡Ah!, ¿é que o aire da casa, por cuestión dunha mellor saúde, nunca debe ser renovado..?

Señor Perfecto, fale sen dismulos esta parte implicada.

cneirac dijo...

Eu antes de opinar prefiro esperar a ver o que entra.

Anónimo dijo...

Xusto Beramendi non adoita falar ben da UPG. Antón Baamonde tampouco e anda algo próximo ao PSOE. Bieito Iglesias vai por libre, e iso non gusta. Xan López Rico é irmán de Mario, o irmandiño que vai da man de Beiras. Xosé Manuel Sarille ten sido moi crítico co BNG e coa UPG. E Suso Veiga é un quintanista.

Adiviñan que man neghra andou detrás? Adiviñan a que facción do BNG pertence este señor tan feo con cara de malas pulgas que xa levou "con gran acerto" (he-he-he) a comunicación cando Castrillo era alcalde de Vigo?

Van atando cabos?

Anónimo dijo...

Juan López Rico dixo:
Espero ter gañado o repudio de quen fose por min mesmo, non por ser irmñan de Mario.

RIODERRADEIRO dijo...

O que "sabe algho" ilústranos cunha sospeita rematada en pregunta.

Eu, de momento, non ato, non halo, nin arrío. Fagho coma Calidonia: Espero...

Anónimo dijo...

Bos días.

Leo e releo este fío, leo e releo as diferentes intervencións, en especial a documentadísima análise de Don ou Dona Unquesabe (que intelixente, unha vez máis, ese apunte seu cando di que aquí non gustan os que van por libre...)e pregúntome outra vez:

Ata onde imos chegar coas esixencias da estricta observancia e coas persecucións capitaneadas polos Camaradas Comisarios para as Lealdades Inquebrantables?

Que tal, por un día, un pouco de liberdade?

(E coincido por completo coa análise de Don Perfeuto: coñezo en persoa a algúns dos afectados, teño lido moi atentamente a outros, e de ningún se pode supoñer que sexa un perigoso axente do carlismo; paréceme a min, vamos.)

Unha aperta moi afectuosa para todos.

E por certo: noraboa, tamén desde aquí, ao profesor Beramendi.

Anónimo dijo...

A ver, a ver.
Isto sempre foi así. Nada novo. Quen controla os medios, controla ás persoas que interveñen neles.
O realmente sorprendente é que alguén pensara que coa forza política de domina a RTG ía suceder algo diferente.
Antes, con Franco, pasaba o mesmo.
Agora, os que dixeron que ían abrir fiestras, abrir a administración, desterrar o sectarismo, gastar menos..., pois fan talmente o contrario en beneficio de todos e, sobre todo, da Nazón Galega.
Eu non penso volver votar na miña vida.

Anónimo dijo...

A maioría deses entraban pola chamada "cota do nacionalismo". Igual que os chamaron a dedo tamén os sacaron a dedo porque non cumprían ou polo que fose. Onde está o mal?

Anónimo dijo...

Poderíanme dicir, se alguén o sabe, que son os quedan na radio galega...porque importa tanto ou mais saber os que se foron como os que quedan...

Anónimo dijo...

Ai Macarena!

Eu tamén sei algo. O problema para min que era Tino Santiago. Fixo un programa serio e libre durante tres anos. Chamárono con esa intención e aquilo tiña algo de primavera de Praga. Chegaron os tanques.
Os tertulianos eran bos, para min era así e non pode ser fácil atopar persoas libres á hora de opinar, que non dean consignas de catecismo, todo previsto segundo os lemas dos partido, que é o que fan os que agora sustituíron a eses cinco ou seis. Que non foron os de Quintana? Cadrou. Sempre tentaron tamén censurar, o que ocorre é que é difícil meterlle o dente aos can vellos, que é o que é Tino Santiago. Pero ollo, o responsábel da purga é de Vigo, si, e escoita á UPG, pero tamén escoita aos de Quintana. Recolle os estímulos das dúas vías e estes caeron polo lado upegallo como podían ter caído polo outro. Pero é constatable que aos de Allariz véselles felices de poder dicir que eles non foron Carlos Vázquez? Que alguén nos aclare o tema non estaría mal.

Anónimo dijo...

Ou sexa, que eliminar nacionalistas demostra que o BNG manipula a RG, está ben.

O que vexo eu é que hai moito nostálxico que non se acostumbra a ter que deixar de clamar ao ceo polos desmáns da dereita. Seguide así qeu de seguro que o PP volta ao poder e vós poderedes seguir cobrando por escribir contra eles, namentres o pobo galego seguirá a sufrir o despotismo popular e o reparto aos achegados.

Anónimo dijo...

Señor Nacionalista:
Permítame que non pase por alto a súa demagóxica intervención. Non sei se me inclúe entre eses nostálxicos dos que fala con certo desprezo, pero heille dicir catro cousas:
1ª.- A RG non eliminou nacionalistas. Botou a varios colaboradoes de opinión que, sendo nacionalistas ou sen selo, emitían impulsos ideolóxicos e culturais que, segundo parece, non lles cómpre divulgar aos comisarios poíiticos do BNG.
2ª.– Non sei se criticar calquera forma de censura exercida nun medio público serve ou non para que se vaia un goberno e veña outro. Ou sexa, para que volva o PP. O que me importa é que haxa capacidade crítica da sociedade para agudizar as contradiccións dos que cobran do erario público por administrar os nosos recursos. Só así se pode ser libres e solidarios.
3ª.– O que di de seguir cobrando por escribir contra eles, déixeme dicirlle que é simplemente unha parvada que non merece contestación. Mire, eu non lle cobro nada, nin a vostede nin a ninguén, por escribir neste blog.
Finalmente, a súa demagóxica frase de que "o pobo galego seguirá a sufrir o despotismo popular e o reparto dos achegados" val para un roto e para un descosido. ¿Ou é que agora non hai despotismo nin reparto aos achegados?
Non lle pareza mal, pero vostede como "achegado" que se mostra ¿xa recolleu o seu "reparto"?

Anónimo dijo...

Don Perfecto.
Dixo que ía dicir catro cousas e só dixo tres.

Anónimo dijo...

E logo o parágrafo que empeza "finalmente" está de adonro ou que? Ou tamén hai que numeralo para que vostede saiba contar?

Anónimo dijo...

Cando se fala de oidas cométense erros. Algúns dos "censurados" seguen colaborando con periodicidade nos programas da Radio Galega. Cabe supoñer que a trintena de tertulianos que participan nos espazos informativos da radio son todos fieis transmisores de consignas partidarias? De que partido? Que os directores dos programas e os responsables da radio escollan ós participantes é un atentado á liberdade de expresión? Un pouquiño de seriedade, por favor

Anónimo dijo...

Un dos censurados confirmou que, efectivamente, fora censurado. Ou sexa que...

Anónimo dijo...

Ten razón o último anónimo, pero debería saber que as persoas citadas colaboraron nese programa desde o inicio da lexislatura: tres años, e nen siquera se lles dixo que este ano non seguirían, porque habería que dar razóns.
Os responsabeis dos medios públicos poden tomar estas decisións, pero teñen a obriga democrática, porque os medios non son deles, de dar unha explicación.
¿É vostede tan inxenuo que pensa que rexeitar aos citados se debe a un retoque técnico do programa?.
Ou ¿é tan conformista que pensa que durante catro anos poden facer o que queiran coa cosa pública, porque gañaron as eleccións?. ¿É ese o concepto que ten vostede dunha democracia participativa?. ¿Qué poderíamos criticar logo os cidadáns entre elección e elección?.
Tiña razón vostede en que poden tomar esas decisións, pero a cousa elle moito máis complexa e agora non teño tempo para explicarlla.

Anónimo dijo...

"Un dos censurados confirmou que fora censurado". Logo iso convértese en verdade incuestionable. Ten esa persoa máis cualidades que outras para falar na radio? Cando interviña na radio falaba en representación dalgún colectivo ou facíao en nome propio? (Dígoo porque quizais ten máis dereito ca outros a dispor dunha plataforma pública dende a que dirixirse ós galegos. Sufriu algún tipo de censura durante os dous anos que participou no programa? Dalle ese tempo dereito a seguir cobrando eternamente da radio para ilustra-los galegos coas súas opinións? Foron censurados todos os que, antes ca el, pasaron polas tertulias da radio e deixaron nalgún momento de participar nelas? Está esa persoa máis lexitimada ca outras para sentar cátedra nunha radio pública? Menos victimismo e máis seriedade