Andan á greña os dous socios do goberno municipal de Ferrol. Di Iolanda Díaz, primeira tenente de alcalde, que o alcalde socialista Vicente Irisarri é “profundamente autoritario”, “irreflexivo” e goberna “por decreto”.
Nunha entrevista con ela que publica hoxe El País, a líder esquerdista acusa o seu socio de goberno de excluir “sistemáticamente” a IU, mesmo nas áreas da súa competencia, e sostén que Irisarri non acepta a negociación, quere que se faga só o que el diga e non está acostumado nin a negociar cos seus. Díaz explica o que está a pasar dicindo que Irisarri “nunca estivo en politica e nótaselle". Para ela é “un home profundamente autoritario, e iso en política non conduce a nada”.
A corda estase tensando tanto que a coalición gobernante en Ferrol pode romper nos próximos días. O alcalde acaba de gastar arredor de 8.000 euros nunha campaña institucional “para defenderse a sí mesmo”, segundo opina Iolanda Díaz, e négase a baixar os altos salarios cos que dotou o aparato directivo municipal cando chegou á Alcaldía.
Se o alcalde anterior, o nacionalista Xaime Bello, gañaba 45.000 euros anuais, unha das primeiras medidas adoptadas por Vicente Irisarri foi subir ese salario a 73.000 euros. A remuneración dos concelleiros con dedicación exclusiva pasou de 35.000 a 50.000 e a dos membros da oposición medrou de 21.000 a 30.000 euros. Estes estipendios, aplicados nunha cidade que non remata nunca de saír dunha longuísima e profunda crise industrial e económica, foron moi mal vistos pola opinión pública e IU, que orixinalmente votou a favor da subida, agora está empeñada en rebaixar os salarios políticos municipais por mor da crise.
4 comentarios:
Veñen aí unhas autonómicas, Don Perfeuto...!!!
Como me gostaría saber se son certas algunhas cousiñas e certas concesións cando era o gran xefe de Portos de Galicia.
o alcalde anterior, se mal non recordo, foi Juan JUncal, neno
Irisarri é irritable.
Publicar un comentario