martes, diciembre 23, 2008

William Petersen (CSI) canta en euskera

Para moitas persoas, entre as que me conto, CSI é unha das poucas series que se poden ver nas mediocres televisións actuais e William Petersen representa, para nós, un intérprete de culto. Seguramente agora aínda nos vai caer mellor, polo menos é o que pasa a min. William mandoulle ao xefe do goberno vasco un simpático video no que lembra o tempo que pasou en Euskadi nos anos 1974 e 1975. Quen queira velo pode facelo premendo aquí.

Petersen empeza falando en euskera e di: "Lehendakari, señoras e señores, boas noites. Euskadi é moi frío, pero os vascos teñen o corazón quente".
A continuación, en inglés, pronuncia a seguinte parrafada: "Quería mandarlles, a todos vostedes, no País Vasco, unha mensaxe e un saúdo. Pasei algún tempo precioso aló, en 1974 e 1975. Estudiando, coñecendo a xente, subindo aos montes Arantzazu. A miña filla naceu aló: Maite Nerea. Naceu en 1975 en Mondragón. O País Vasco ocupa un lugar especial no meu corazón. Espero volver pronto a visitalo de novo. Estiven alí hai once anos e cambiara moito. Cando estiven en 1975, non se permitía o euskera na sinaléctica nin en ningún outro sitio. Cando volvín hai once anos, todo estaba en euskera. Foi un cambio sorprendente. Pareceume esperanzador para a xente de Euskadi o ter recuperado a lingua. Estou moi contento co progreso e alegreime pola paz que había. Teño ganas de volver pronto. Había unha canción que aprendín cando estiven aló, unha canción que resume o que sinto polo País Vasco”.
A canción á que se refire é unha peza tradiconal titulada Goiko Mendian, e Willliam Pertersen cántaa con moito xeito, como se ve no video. A letra dio seguinte en euskera:

No cumio do monte hai neve

e no río, xelo.
Estou libre de ti
e teño feliz o corazón.
Cando empece o verán,
ao sol,
cando a neve se derrita

tu tamén sentirás
a cosecha do arrepentimento.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Boas noites a todos...!

Vanme ter que desculpar, porque xa sei que isto é un abuso, pero aproveito esta ventá ao mundo para desexarlles a todos, tanto a Don Perfeuto como a cantos amigos por aquí andan, un moi feliz Nadal.

Que o mundo sexa sempre coma no seus soños...!!!

Anónimo dijo...

Almiral, doume por tocado. Eu tamén desexo a todo o mundo un moi feliz Nadal. E a vostede, meu ben querido Mouchez, todo xénero de venturas e moita clarividencia para afrontar os procelosos tempos que corren.
Aproveito para manifestarlle que conta comigo entre os seus amigos.

Anónimo dijo...

Meu querido Don Perfeuto: Eu non son nada listo, e ademais hai moi poucas cousas que sabia facer ben, pero se algo teño claro desde sempre é que os amigos, se o son de verdade -como é o seu caso-, máis que amigos, realmente, son irmáns. E seinos recoñecer...

Feliz Nadal!!!!

Anónimo dijo...

Eu, que veño pouco por aquí, porque o tempo non dá para tantos foros e blogs como hai, e tamén hai que traballar e atender as persoas da casa, e a casa, e ler, e sair a pasear, e ficar cos amigos, e isto e aquilo, quero sumarme ás BOAS FESTAS para todos e todas e un ano mellor que este que remata. Que saiba Don Perfeuto, a quen non coñezo de nada pero que sei dalgúns dos seus episodios xornalísticos, que onde anda Almiral é boa cousa. Don Almiral, que mais quixéramos que o mundo fose como nos nosos soños. O mundo, por desgraza, é pior que os nosos pesadelos. Saúdos.

Anónimo dijo...

Eu tamén felicito estas festas a don Perfeuto, a don Almiral e a todos vostedes: que o futuro sexa cantarín e ventureiro.

Anónimo dijo...

er78sda56
golden goose outlet
supreme outlet
supreme outlet
golden goose outlet
golden goose outlet
golden goose outlet
golden goose outlet
golden goose outlet
golden goose outlet
golden goose outlet