miércoles, abril 15, 2009
Galicia aberta
Os galegos de acó e os de acolá temos hoxe un motivo de ledicia. A Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia puxo a andar unha web (www.galiciaaberta.com) na que, entre outras cousas, se ofrece a posibilidade de acceso e consulta do Patrimonio dos Centros Galegos no Exterior. A obra artística, documental, bibliotecaria e hemerotecaria de doce dos máis importantes destes centros espallados polo mundo xa pode ser consultada na rede.
Máis de 80.000 páxinas que reproducen libros de actas, de sinaturas, rexistros de socios e de efemérides, así como publicacións periódicas e outros documentos. Máis de 1.500 fotografías de arquitectura, escultura, pintura e outro patrimonio artístico. Videos e fotos a 360 grados. Nunca como agora foi posíbel “viaxar” a través do inmenso mundo da emigración galega sen erguerse da cadeira de diante do ordenador. As entidades galegas de Buenos Aires, Avellaneda, Rosario, Montevideo, Lisboa e Barcelona ao alcance dun clip.
Entre todo este material, constituído en boa parte por documentos orixinais manuscritos, aparecen pezas que nin sequera estaban catalogadas ata agora. Por exemplo, dúas obras pictóricas de Castelao que figuran no Centro Galego de Rosario (Arxentina). Non somos só os curiosos ou afeccionados os que nos imos beneficiar deste rico patrimonio cultural e histórico que agora se pon ao alcande do público. Tamén os historiadores se van beneficiar por esta derradeira aportación da Sceretaría Xeral de Emigración do goberno saínte da Xunta, a cuxo titular en funcións, Manuel Luís Rodríguez González, cómpre ofrecerlle parabens por esta iniciativa aínda que non se entenda ben por que motivo non a fixo operativa ata os derradeiros minutos do seu mandato.
O traballo de campo desta realización foi levado a cabo pola empresa Xestión Bibliotecaria e Documental, S.A. que dirixe o empresario galego Alexandre Diéguez. Á vista dos resultados, compriría desexar que os que agora van rexer a Xunta continúen este labor ampliando a colleita do patrimonio da emigración extendendo os contidos de Galiciaaberta ao resto do asocianismo galego, no que houbo centros como o da Habana, por exemplo, que tanto contribuíron ao desenvolvemento da nosa historia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Sería estupendo que publicases as entradas bilingues como na revista galegos. Máis que nada porque me obrigas a utilizar o tradutor con cada frase. E obviamente, isto escrito tamén é obra do tradutor.
Creo que el señor diéguez estará contento con su cambio de nombre. Alejandre suena mucho mejor.
un baccio bambino!
Don Perfeuto, vostede "d'habitude" sempre tan hipercrítico, esfarélase en ditirambos para salientar as bondades de Galicia Aberta. Non será que está feita por amigos seus?
Non se ofenda. A min defender os amigos paréceme unha boa mostra de desenvolvemento humano.
Publicar un comentario