lunes, abril 27, 2009

Gobernar con suspicacia

Foi Núñez Feijóo a Madrid e dixo que non ten sentido parcelar nin repartir Galicia en provincias. Aínda ha ser el quen acabe suprimindo as Deputacións (non caerá esa breva). Foi o seu conselleiro de pontes e calzadas a Ourense e anunciou o inicio dunha nova xeira “sen personalismos” co gallo de inaugurar un treito da AG-53 cunha placa que só lembra aos que o deseñaron e construíron. O do impersonalismo, xa se sabe, non ía por na placa que a obra se fixo sendo presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño e conselleira do ramo María Xosé Caride, e sería demasié pintar os nomes dos que chegaron ao poder dez días antes da inauguración.Veremos o que din as placa das seguintes inauguracións
Prometeron gobernar con eficacia, pero ata agora só deron mostras de facelo con suspicacia. Entrevistas a eito nos medios de comunicación, moita toma de posesión, pero nada concreto aínda do que van facer coa educación, coa Cidade da Cultura, cos problemas do rural, coa sanidade, etc. Os fracasados do bipartito, na primeira semana de goberno, xa tiñan anunciadas un feixe de medidas.

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Non se esqueza do galego. Coa súa actitude puxeron data para a súa sentencia de morte.

Anónimo dijo...

Manda carallo co anónimo. Ten un escrito Cortázar (Instrucción para subir unha escaleira) na que fala que non hai que confundir o pé con o pé (o dereito con o esquerdo). Confundirá este anónimo a súa con a súa, don Perfeuto.

Hermeneuta dijo...

Pregunta para amigos da Semiótica e de Hermenéutica, pero tamén para os que non o son:

Quen escribiu o artigo en galego no que un directivo de Galicia Bilingüe lle replica a Méndez Ferrín?

Non o sabedes...?

Lástima. Porque se o subésedes entenderiades moito mellor, creo, este país.

Retranqueiro dijo...

Ao hermeneuta. Se o sabes ti porque non o dis, desta maneira sei se sobes a escada ou a baixas.

Anónimo dijo...

Oigan, de qué artigo e amanuense falamos, por favor?

Anónimo dijo...

Apelidos e traizóns


José Manuel Pousada Doural, vicepresidente de Galicia Bilingüe


Semella que ultimamente Méndez Ferrín ten algún tipo de teima co meu primeiro apelido, o paterno, e unhas veces aconséllame que o cambie e noutras di del que é para min un estigma que sinala non sei que suposta traizón. Como nunca se refire ao meu segundo apelido, Doural, teño que pensar que nesa omisión subxace, xa non unha segunda, senón mesmo unha terceira intención. Eu non teño ningún complexo ou problema cos meus apelidos, cos que me sinto moi a gusto e non penso cambiar, nin lle pedín a Ferrín consello sobre a materia. Ata agora non tiña maior interese en entrar ao trapo axitado por Ferrín no referente á miña participación en Galicia Bilingüe que supón, para el, unha traizón pola miña parte.
En primeiro lugar, Ferrín debería de aclarar que tipo de xuramento ou promesa incumpro porque sen iso non pode haber traizón algunha. Falando de meu pai, e por aí creo que van os tiros (é só unha metáfora) de Ferrín nesa terceira intención, pode querer dar a entender Ferrín que eu “traizoo” a súa memoria porque foi un defensor do galego. Non hai tal “traizón”. Por unha banda eu tamén defendo, como fixen sempre, que esta lingua sexa oficial e que a ninguén en Galicia se lle poñan obstáculos para empregala. Por outra banda, Ferrín da a entender que o meu pai, como pouco, rexeitaría á miña actividade en Galicia Bilingüe. Pois está moi equivocado e xa é hora de poñer a cada un no seu sitio. Con motivo do pasamento do meu pai, escribiu Ferrín un artigo neste diario no que falaba do compromiso do meu pai coa loita pola liberdade e o galego, pero daba a entender que o meu pai, ao longo da súa vida mantivera unha afinidade ideológica coas ideas de Ferrín e outros dirixentes da UPG. Certo é que nunha etapa da súa vida meu pai compartiu certos ideais con Ferrín; pero co tempo decatouse de que algúns non querían acabar cunha ditadura para traer un réxime verdadeiramente democrático, de liberdade para todos os galegos, senón substituila por un réxime totalitario. En consecuencia, meu pai afastouse dos postulados ideolóxicos que defendía, e aínda defende, Ferrín. Ninguén da miña familia quixo facer aclaración algunha ao artigo de Ferrín porque entendiamos que estaba feito dende a admiración e a boa intención, e non sería elegante deixar certos aspectos en evidencia. Pero agora Ferrín aproveita ese silencio para facer unha manobra non moi limpa.
Pódolle asegurar a Ferrín que o meu pai, se vivese, apoiaría sen fisuras as propostas de Galicia Bilingüe, e supoño que Ferrín non pretenderá saber mellor ca min, meu irmán ou miña nai o que pensaba meu pai. Unha proba: meu pai exerceu de auditor de contas e tiña que redactar informes, e sempre os fixo en español por dúas razóns, porque así o prefería el e porque eran documentos que ían dirixidos a persoas que non coñecían ben o galego. Lembro que dende a Mesa pola Normalización Lingüística dirixíronse ao meu pai “solicitando” (ao estilo da Mesa) que corrixise semellante “anomalía” (¿tal vez “traizón”?). Como insistían unha e outra vez, meu pai tivo que poñelos no seu sitio, e reto a Ferrín a que encontre un informe redactado por meu pai en galego (os seus clientes pedíanllo, ademais, en español).
Meu pai adoptou, cos seus erros, un compromiso coa liberdade e chegou á conclusión de que son os cidadáns quen libremente deben determinar o seu proxecto de vida, incluída a súa identidade lingüística e cultural, sempre e cando non impidan a outros facer o mesmo. Que os poderes públicos deberían de absterse de determinar coactivamente tales aspectos da vida das persoas e limitarse a pór os medios necesarios para que ninguén deixase de levar a cabo ese proxecto de vida. É dicir, que as persoas non estamos ao servizo de ningún estado, patria, “construcción nacional” ou poder político, senón ao revés.
Eu sigo fiel a ese compromiso; pero non por sentirme obrigado a pensar coma o meu pai, senón porque autonomamente creo niso. Unha persoa é un ser libre, que ten dereito a seguir opcións e camiños diferentes dos seus antepasados se así cre que é millor para ela. Ferrín ten todo o dereito do mundo a sentirse escravo de cantas cousas queira por nacer nun determinado lugar ou por ter un determinado apelido; pero ao que non ten dereito é a pretender que os demais asumamos esa tese determinista. Ninguén que me coñeza ben, e sexa honesto intelectualmente, pode pensar que eu teño algo contra o galego ou que quero que desapareza; pero a falta de argumentos algún ten que botar man da propaganda e de tácticas pouco honorables, como dicir que os galegos que prefiren empregar o español son antigalegos ou que os que queren transmitirlle o galego aos seus fillos son, necesariamente, nacionalistas. Nin unha cousa nin a outra.

Anónimo dijo...

Estupendo texto.
E o verdadeiro autor, cómo se chama?

Anónimo dijo...

O de menos, ou non, é quen o fixo.
O que a min me preocupa é por que llo fixo EL... a quen llo fixo.

Anónimo dijo...

Polas súas propias broncas de antono con Ferrín?

Anónimo dijo...

Por favor, deixen de xogar connosco e a nosa ignorancia

Anónimo dijo...

Non me digan que iste Pousada é o fillo de Pousada Covelo, aquel que se presentou ante nós na facultade de económicas de Compostela e defendeu o nacemento da UPG Liña Proletaria en contraposición a unha UPG oficial que (según el) esquecera os ideais de autodeterminación e independencia. O que foi detido en 1980 por (según a policía) promover a loita armada revolucionaria.
Vaite, vaites!!!. Fico pampo!!!

Anónimo dijo...

Pousada

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,