martes, abril 21, 2009

Mister Depende

O 27 de agosto de 2005, La Voz de Galicia publicou unha breve reseña sobre Roberto Varela Fariña, novo conselleiro de Cultura, cando había pouco tempo que se instalara en Nova York como cónsul de asuntos culturais. Contaba daquela que se fixo diplomático en 1989 “un chisco por casualidade, porque saíron unhas oposicións”, e decrarábase “100 por cento galego”. Aprobou á segunda volta, despois de licenciarse en Filosofía en Barcelona e de estudiar Ciencias Políticas en París.
Nesa entrevista contaba o que lle pasou cando estaba destinado en Kuwait e foron alí de visita oficial os Reis de España. As autoridades locais quixeron descubrir unha placa conmemorativa e non se lles ocorreu mellor cousa que gravar nela a seguinte dedicatoria: “Ás súas maxestades os Reis da República de España”. Roberto Varela foi corrrendo a que a cambiaran, e pasouno mal.
Parece ser que Varela, dende neno, estaba chamado á diplomacia, unha profesión que define como a “función de saber transmitir ideas sen ofender a ninguén” e para o que considera un mérito ser galego. “Sobre todo cando estás no medio dun conflito –sinala el mesmo– Sempre queda moi ben saír á galega, dicindo depende”. Na vila onde naceu (Dena, Meaño, Pontevedra) corría tras dos visitantes extranxeiros para facerlles de intérprete e mostrarlles as cousas.
O novo conselleiro é amigo do gran (e grande) escultor cambadés Paco Leiro, outro neorquinés de sona. Agora mister Depende ha ter que concretarse algo máis para tirarse ao pozo sen fondo da Cidade da Cultura. Oxalá que non remate afogándose nel.

9 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

Eu creo que é de Dena, o famoso lugar da churrasqueiría O aforcado, bel nome onde os haxa.

Fuco de Esteiro dijo...

Un dos nomes máis lindos -á vez que melancólicos- que coñecín fora o da taberna "La dulce noche", en unhas das travesas de Freixeiro cara A Faísca, en Narón.

Fuco de Esteiro

Pedro Zerolo dijo...

Nun anterior post deste blog facíase referencia a un conselleiro que non ten problema en recoñecer que é homosexual. E por qué habería telo? A explicación dánola nese mesmo post un comentarista -con cheiro a esquerdas- que aproveita a ocasión para cachondearse dos maricas. Coma Guerra (Alfonso) cando dixo diante dunha asamblea de mineiros de pelo en peito que Rajoy era algo "mariposón". Coma os que lle piden a Feijóo que saia do armario. Joder coa esquerda europea...
Isto faime recordar certa gloriosa frase do cunqueiriano Borges. Aquela na que dicía que "Lo que admiro de los españoles es su coraje y su bondad. Porque fíjese que yo nunca he conocido un italiano o un judío que fueran estúpidos. En cambio, lo que yo admiro de los españoles es su coraje o su bondad..."
Os españois interpretaron a frase coma un eloxio, o que demostra que Borges tiña razón.
Eu pensaba que un país no que naceron Cunqueiro e Valle Inclán había de ser diferente de España. Vexo que me equivoquei. E ben que o sinto, mire.

Anónimo dijo...

Hai por aí un video do novo conselleiro de cultura moi interesante. É unha entrevista en Central Park (supoño). Nela conta cousas interesantes, pero hai unha que me chamou a atención: preguntado polos galegos de Nova York fala deles con moita coñecemento, di que hai moitos con máis de 30 anos no país e que seguen a manter un profundo sentimento de galegos. Falan perfectamente o inglés e tamén o galego. No que non se desenvolven moi ben (di el) é no castellano. Aí teñen problemas.
Conclusión: O idioma da casa e da familia é o galego. O idioma da rúa , o inglés. E o castellano?
Non lles fai falta.
Ao mellor non é tan útil como nos fan crer.

Anónimo dijo...

Está ben a cousa. Ao mellor o castelán non é tan útil...
Non, qué va, para nada, unha tontería máis da vida, total, un idioma que falan millóns de persoas, e en USA, papáns, que usan o "spaninglish" e que decidiron metelo no ensino como língoa a elexer polo alunado...
Desde logo, hai días que un pensa que é mellor non sair da casa para escoitar este tipo de declaracións onanistas.

Touceda dijo...

Escoita, último Anónimo. Eu son un onanista –e a moita honra– pero ti es un simple "perero". O castelán fálano millóns de persoas. E cantas pensas que falan galego? 120 millóns, contando Portugal, Brasil e algo máis. Alén diso, medir os idiomas por quilómetro de estrada construída é como medir as persoas por centímetros. Iso si, respéctoche moito que, aínda así, te expreses en galego. No fondo es un dos nosos.

Anónimo dijo...

A cultura popular española é a anglosaxona traducida

Anónimo dijo...

O castellano en Nova York ténos mesmos usos e a mesma consideración que o árabe en Xinzo.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,